INICIO       MAPA WEB       CONTACTAR



Buscar  
Corporación


Areas de actuación


Información

Actualidade
B.O.P.
Emprego Público
Perfil do Contratante
Subvencións
Débeda Histórica
Arquivo Provincial
Servizo de Comunicación
Servizo de Protocolo
Directorio telefónico
Suscripcións

Lugo

Concellos
Imaxes
Panorámicas
Envío de postais
Km0

Rede de cooperación cos concellos
Presentación


A asistencia e cooperación cos concellos constitúe un eixo estratéxico da actuación deste Goberno Provincial.

O ordenamento local foi decantando ás deputacións provincias como entidades supramunicipaos ás que, ademais de recoñecerlles un ámbito de intereses propios no que se concreta a garantía institucional que toda organización precisa para ser socialmente recoñecible, lles atribúe como misión fundamental a de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal para asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal.

A Deputación debe asumir, como finalidade institucional básica, ser o soporte da Asistencia e Cooperación cos Concellos -así se recolle na Declaración de Lugo da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP do 7 de novembro de 2008- de cara a garantir a prestación integral dos servizos públicos de proximidade, que tan decisivamente determinan a calidade de vida dos cidadáns.

As relacións de cooperación e colaboración deben estar presididas polo mutuo recoñecemento entre iguais, principio do que emana a cláusula de participación como condición, entre outras, para unha democracia de calidade, e da que son ferramentas inestimables o diálogo e a concertación que deben animar a nosa acción pública. Acción na que o resultante debe estar sempre presidida pola suma de esforzos.

A articulación da cooperación, como instrumento das políticas públicas dos entes locais dun determinado territorio, demanda unha nova visión da provincia que, superando o vello principio de xerarquía entre concellos/deputacións, a configure como rede de municipios. Rede, na que a Deputación e os Concellos se recoñecen mutuamente como partícipes en pé de igualdade na consecución dos fins públicos para os que naceron.

Nesta perspectiva o Servizo de Asistencia e Cooperación cos Concellos configúrase como un instrumento fundamental e, ao mesmo, queremos dedicarlle os nosos mellos esforzos.

Hoxe, a Deputación acredita unha firme e decidida vontade política de reforzar e ampliar os servizos de asistencia de cooperación cos concellos, como se recolle no Regulamento do servizo que acabamos de aprobar.


José Ramón Gómez Besteiro
Presidente da Deputación de Lugo


B.O.P.
REDE MUSEÍSTICA
INLUDES
Fundación TIC
Innov@te
Enquisa de Infraestruturas e Equipamento Locais
Casa do emigrante
LugO2
KM0
Servizo de Recadación


© 2008 Excma. Deputación Provincial de Lugo
   C/ San Marcos nº 8 Lugo- 27001 Galicia España
   Teléfono 982 260 000
Aviso legal |Política de privacidad |Mapa web