TURISMO NA PROVINCIA

Coñeces Lugo? Cada un dos municipios lucenses posúe atractivos que convirten esta provincia en única.

ver TURISMO NA PROVINCIA

SEDE ELECTRÓNICA

Infórmate dos trámites en liña que a Deputación pon á túa disposición. Desta maneira, cando teñas que facer xestións oficiais aforrarás tempo e contarás con total garantía de eficacia e seguridade.

ver SEDE ELECTRÓNICA

COÑECE A DEPUTACIÓN

Consulta a súa organización, os proxectos nos que está a traballar e a actividade doutros centros dependentes do organismo provincial.

ver COÑECE A DEPUTACIÓN

NOVAS

Para estar ó día de todos os proxectos do Goberno provincial, non tes máis que acceder a este apartado. Coñecerás puntualmente a actividade dos distintos departamentos.

ver NOVAS

Hoxe

23/06/2018

O Pazo de San Marcos acolle a 1ª xornada formativa para propietarios de vivendas turísticas da provincia de Lugo

- Trátase da iniciativa do Goberno da Deputación en colaboración con Aviturga e os Concellos de Lugo e Viveiro, para clarificar os aspectos que introduce o novo decreto 12/2017 da Xunta, en relación ao uso e aproveitamento de vivendas turísticas

- As xornadas retomaranse mañá en Viveiro, en horario matutino, coa participación de profesionais do sector e con entrada totalmente de balde para todos os interesados

- O Deputado de Turismo destacou que “queremos garantir que os propietarios dos máis de 700 inmobles deste tipo na provincia estean correctamente informados e que poidan dar un salto cualitativo na prestación dun servizo que supón un importante revulsivo económico e facilitar que o visitante leve unha imaxe positiva da provincia”

Leer máis

23/06/2018

O Goberno da Deputación mellora con 355.000 euros a estrada que une Trabada con Barreiros

230618 P1100423

- Campos Conde supervisou as obras de mellora de máis de 5 quilómetros da estrada LU-P-6103 de Trabada por Fórnea a Barreiros, que financia o Executivo Provincial con 355.000 euros

- O Presidente destacou que “damos resposta a unha vella demanda dos veciños de Trabada e Barreiros, beneficiando directamente aos preto de 4.000 mariñáns que viven en ditos municipios, pois é a única vía de comunicación que une aos dous Concellos”

- Campos Conde lembrou que “esta vía conecta co Hospital da Costa, en Burela, ademais de asumir moito volume de tráfico de vehículos pesados ao estar situada unha planta de lixo que presta servizo a moitos municipios da Mariña”

- Os traballos consisten na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, mellora da drenaxe, limpeza de cunetas e incremento da seguridade vial, coa renovación e repintado da sinalización horizontal e vertical

Leer máis

23/06/2018

Campos Conde participa na Poxa de Raza Rubia Galega de ACRUGA, coa que colabora o Goberno da Deputación

230618 Foto1

- O Presidente subliñou que “con este tipo de iniciativas incentivamos a economía local, especialmente no rural, a través da promoción de exemplares de calidade como son as máis de 120 reses que temos hoxe aquí”

- Na anualidade pasada a Deputación asinou un convenio con ACRUGA de 172.000 euros para a recría de xovencas na Granxa Gayoso Castro, e proximamente asinarase a renovación do mesmo, mantendo a aposta do Goberno pola actividade gandeira

- Na poxa houbo 20 exemplares de ganderías de Lugo, de ACRUGA e do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, onde 7 eran machos, 3 de ACRUGA e 4 de gandeiros e 13 xovencas preñadas, 10 do centro de recría e 3 de gandeiros lucenses

Leer máis

22/06/2018

Os veciños do Corgo gozan dunha piscina no Chamoso grazas aos 1,8 millóns que leva achegado o Goberno da Deputación á mellora dos seus servizos públicos

220618 Piscina-OCorgo

- O Vicepresidente, co Alcalde, membros da Corporación e veciños, inaugurou esta instalación financiada na súa totalidade polo Executivo Provincial con 306.000 euros, que forman parte dunha partida de 436.000 euros que permiten tamén mellorar o campo de fútbol

- Fernández Queipo defendeu que “os fondos públicos nas administracións son de e para todos os veciños e a labor dos Gobernos é xestionalos para que repercutan na súa calidade de vida. Levamos destinado 1,8 millóns para isto no Corgo. É unha satisfacción comprobar o resultado deste investimento, vendo como hoxe os veciños gozan da súa piscina”

- O Vicepresidente tamén supervisou a execución das melloras de 321.000 euros na LU-P-1602 de San Cristovo por Adai á LU-106, que contribúen a uns mellores accesos á piscina

Leer máis

22/06/2018

La buena mentira pon fin ás actividades que Accem e a Deputación ofreceron na Semana dos Refuxiados

220618 Foto1

- Santos Ramos e Sánchez González presentaron este venres no Pazo de San Marcos a proxección da película co fin de sensibilizar ás persoas sobre a realidade que atravesan os refuxiados

- O Deputado de Relacións Institucionais avanzou que “desde o Goberno Provincial comprometémonos a axudar a aquelas persoas que se ven obrigadas a fuxir dos seus fogares en busca dun lugar seguro por causa da violencia e da guerra”

- Posteriormente ao filme, houbo unha charla a cargo do refuxiado MehariTsfalm acompañado das persoas encargadas dos Servizos Xurídicos, de Atención Psicolóxica e de Acollida Temporal de Accem”

Leer máis

22/06/2018

O Goberno pon a nome da Deputación as residencias de Trabada, Pol e Catroverde, e extingue a encomenda a SUPLUSA sobre o centro da Fonsagrada para facer o mesmo

220618 REUNIÓN ALCALDES RESIDENCIAS

- Campos Conde informou que se están a incluír no inventariado de bens da Deputación os centros de maiores de Trabada, Pol e Castroverde e que se ordenou extinguir a encomenda de xestión a SUPLUSA sobre a residencia da Fonsagrada para facer o mesmo e solicitar o PIA, pois dita Sociedade non o tiña feito a diferenza dos restantes centros

- Foron asuntos tratados na Xunta de Goberno á que se deu conta da sentencia da Audiencia Provincial de Lugo e do informe público da Universidade da Coruña, que avalan ao Goberno da Deputación en todo o que atinxe á rede de residencias

- As seguintes en inventariar serán as de Pedrafita e Ribas de Sil. A de Ribadeo xa figura a nome do Concello, pois foi construída dende o municipio con fondos da Deputación

- O Presidente informou sobre a reunión que mantivo esta semana cos Alcaldes para asinar os convenios que garanten 190 prazas de residencia e 90 de centro de día de acceso universal para os maiores da provincia. No encontro, tamén ultimaron o regulamento e a ordenanza fiscal, que están practicamente listas

Leer máis

22/06/2018

Lugo tínguese das cores do arco da vella coa semana do Orgullo LGTBIQA+, que organizan Deputación e Concello

Lugo tínguese das cores do arco da vella coa semana do Orgullo LGTBIQA+, que organizan Deputación e Concello IMG01

- Trátase dunha ampla programación de actividades totalmente gratuítas que se desenvolverán entre os días 25 e 30 de xuño, na cidade de Lugo e no Museo do Mar

- López Izquierdo destacou que “este tipo de eventos serven para educar aos cidadáns na sexualidade e favorecer o respecto ás diferentes identidades e orientacións sexuais. Somos o que queremos ser e esa decisión tócalle tomala a cada persoa”

- Conferencias, contacontos, mesas redondas, mercado solidario ou bailes son só algunhas das actividades que compoñen a programación da Semana do Orgullo LGTBIQA+

Leer máis

22/06/2018

Deputación e Concello do Incio ofrecen aos veciños máis de 15 actividades gratuítas para todas as idades co Verán Cultural

Deputación e Concello do Incio ofrecen aos veciños máis de 15 actividades gratuítas para todas as idades co Verán Cultural

- García Porto e Celeiro García presentaron esta programación financiada polo Goberno Provincial con 8.000 euros e que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 17 de setembro neste municipio da Montaña luguesa dirixida a todos os públicos

- A Deputada de Cultura subliñou que “a través desta programación ofrecemos unha alternativa ao turismo de sol e praia durante a época estival no interior da provincia, e facilitamos a conciliación da vida laboral e familiar, permitindo que os pais e nais dispoñan de alternativas de lecer para os seus fillos durante as vacacións escolares”

- Pola súa parte, a Alcaldesa apuntou que “con estas actividades dinamizamos a economía do Concello, pois non só participarán veciños do municipio, senón tamén chegados doutras vilas da Montaña, e conseguimos desestacionalizar o turismo”

Leer máis

22/06/2018

A Deputación cumpre cos veciños de Paradela e acondiciona con 80.000 euros a estrada de Loio a San Facundo

A Deputación cumpre cos veciños de Paradela e acondiciona con 80.000 euros a estrada de Loio a San Facundo

- Trátase da vía LU-P-4206 na que se executarán obras para poñer fin as deficiencias producidas polo deseño da estrada, sobre todos nos taludes da mesma

- López Izquierdo destacou que “mellorarase de xeito moi notable a estrada, incrementando a seguridade da mesma e ofrecéndolles aos veciños infraestruturas públicas de calidade”

- As actuacións consisten no acondicionamento do talud existente, construción do muro de escollera, novas cunetas con baixantes e muros de contención, así como labores de limpeza e podado de árbores

Leer máis

21/06/2018

Monforte, Guitiriz, Ribadeo e Láncara, escenarios do son cubano coa xira de Roi Casal da Deputación

Monforte, Guitiriz, Ribadeo e Láncara, escenarios do son cubano coa xira de Roi Casal da Deputación

- O Presidente da Deputación e os alcaldes dos Concellos presentaron este xoves no CENTRAD, Son galego, son cubano unha xira que promove os lazos entre Cuba e Galicia e que conta cunha achega do organismo provincial de 20.000 euros

- Campos Conde avanzou que “esta xira é de gran importancia, tanto por converter a provincia nun espazo cultural no que se porá en valor a histórica relación entre Cuba e Galicia, como pola riqueza que xera noutros sectores “

- A xira que dará comezo o 30 de xuño en Ribadeo, continuará o 21 do mes seguinte en Guitiriz, no mes de agosto a primeira actuación terá lugar o día 18 en Láncara e Roi Casal porá fin ao seu paso pola provincia o día 31 en Monforte

Leer máis

Máis novas

Información sobre el documento