Programa
Inscricións
Navega cos veleiros gratis
As persoas que o desexen poderán dar un paseo nalgún dos veleiros participantes, tamén de xeito gratuíto.
PROGRAMA:
SÁBADO, 11 DE AGOSTO:
10:30 HORAS.- Saída dende Viveiro das embarcacións da zona occidental da comarca da Mariña.
13:30 HORAS.- Saída dende Ribadeo das embarcacións da zona oriental da comarca.
17:00 HORAS.- Comezo da regata dende o porto de Foz.
19:30 HORAS.- Final da regata coa entrada dos veleiros no peirao focense.
21:00 HORAS.- Todos os regatistas serán agasallados no CENIMA con obsequios institucionais. Ademais, os primeiros tres clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos.
DOMINGO, 12 DE AGOSTO:
12:00 HORAS.- As embarcacións sairán cara ós seus portos de destino.
