Lugo ten 144 quilómetros de costa, do Vicedo a Ribadeo, e ó seu carón, pola Estaca de Bares, discorre o tráfico marítimo de Europa. O potencial do turismo náutico para impulsala economía da provincia é evidente. A Deputación de Lugo contribúe ó seu desenvolvemento colaborando co Club Náutico de Foz na organización da III Peregrinación Marítima de Cruceiros Costa de Lugo, que terá lugar esta fin de semana. Atraer xente á Mariña aproveitando os seus extraordinarios recursos medioambientais, para que veña, e repita, é o obxectivo desta cita náutica. Para acadalo, este ano, por primeira vez, xunto á regata, ofreceranse bautismos en veleiro a todas aquelas persoas que o desexen.

Programa


Programa da III Peregrinación Marítima

Ler mais

Inscricións


Participación de balde pero limitada

Ler mais

Navega cos veleiros gratis

As persoas que o desexen poderán dar un paseo nalgún dos veleiros participantes, tamén de xeito gratuíto.

Ler mais


Imaxes da anterior edición