Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

Páxina 4 de 720,  7193 contidos

17/04/2018

Musicoterapia, estimulación cognitiva e logopedia para 28 lucenses con párkinson grazas á Deputación e Concello

170418 DSC_0025

- López Izquierdo acompañada da Presidenta e do Secretario da Asociación de Párkinson de Lugo mantiveron este martes un encontro con usuarios deste colectivo para coñecer in situ o resultado das colaboracións dos Gobernos Provincial e Municipal

- Deputación e Concello de Lugo colaboran con APALU coa cesión gratuíta do local que posúe na capital lucense, coa realización de clases de estimulación cognitiva, logopedia e musicoterapia, así como a compra de material especializado

-  APALU leva dende o ano 2008 mellorando o benestar e a calidade de vida dos veciños da provincia con párkinson e as súas familias. Esta entidade conta a día de hoxe con 140 socios e ofrece atención integral e interdisciplinar a 28 lucenses

- A Deputada de Benestar subliñou que “non existen cifras concretas de afectados o que supón a limitación na execución de políticas eficaces. É fundamental que o Goberno Central e a Xunta de Galicia, coas competencias directas en saúde, creen un censo de persoas con párkinson, e deste xeito protexan os dereitos de todas estas familias”

 

Leer máis

17/04/2018

O Goberno da Deputación apoia a Declaración da Semana Santa de Burela como Festa de Interese Turístico de Galicia

170418 Reunion semana santa de burela

- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu no seu despacho de San Marcos ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, acompañado da Presidenta da Comisión de Semana Santa de Burela, Oliva Cabanas.

- Nesta xuntanza Campos Conde ratificou o compromiso do Executivo Provincial para que esta celebración sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Leer máis

16/04/2018

A Deputación advirte a Suplusa que a convocatoria de mañá na residencia de Pol “é totalmente irregular”

- Motivos: SUPLUSA dispón e fai uso dun inmoble que non é da súa titularidade xurídica; incumpre a orde clara da administración que a tutela, a Deputación, que lle esixe reiteradamente a entrega dos bens, dereitos e autorizacións dos centros rematados; e non pode facer actos administrativos ou de xestión, máis alá de executar as obras das instalacións iniciadas porque perdeu a condición de medio propio

- Esta convocatoria non afecta á folla de ruta de Deputación e Concellos, que avanzan nos regulamentos e plans de viabilidade para a apertura das residencias logo de garantir cos convenios que as prazas sexan para lucenses e o seu acceso universal

- Debido á irregularidade desta convocatoria e ao igual que aconteceu coa de Trabada, os membros do Goberno Provincial non participarán na reunión como Conselleiros

Leer máis

16/04/2018

Lugo contará en 2019 coa 1ª unidade de patoloxía dual de Galicia, por iniciativa de FUDACE e da Deputación

160418 Presidente-FUDACE

- FUDACE está a construir en Castro Riberas de Lea a 1ª unidade de patoloxía dual de Galicia nun solar de 80.000 metros cadrados que lle cedeu gratuitamente a Deputación por un período de 50 anos

- Darío Campos destacou que “a Deputación implicouse neste proxecto para dar apoio á  importante labor social que desenvolve na nosa provincia esta asociación que, na actualidade, está a atender máis de 60 persoas nas súas instalacións”

- O novo edificio que está a construir FUDACE ten capacidade para atender as necesidades especiais de 16 persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento

Leer máis

16/04/2018

A Festa da bola de liscos e das freces de Bretoña aspira ser declarada de Interese Turística de Galicia

160418 BOLA DAS FRECES

- Campos Conde, Iglesias Sierra e Lindín Loisanos presentaron a X edición desta cita gastronómica coa que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros, ademais de exhibir un selecto grupo de materiais de artesanía do CENTRAD

- O Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila

- Haberá postos de artesanía, gastronomía, exposición de coches antigos e mexilóns. O pregón desta edición correrá a cargo do xornalista local, Antón Galocha, e, por suposto, os visitantes poderán degustar a bola de liscos e das freces na Praza Maior

Leer máis

16/04/2018

20 veciños de Antas de Ulla participan no Movémonos, o programa deportivo, saudable e social da Deputación

160418 FOTO MOVÉMONOS

- García Porto e Rivera Capón mantiveron un encontro con usuarios das actividades que o Goberno leva ao municipio da Ulloa a través da Asociación de Veciños de Olveda

- O Executivo destina 119.000 euros a esta programación que permite, ao mesmo tempo, a contratación de 14 profesionais encargados de impartir as clases, aos que o Goberno mellorou as condicións salariais con respecto ao convenio do seu sector

- En total, participan un total de 93 asociacións, 28 do norte, 49 do centro e 16 do sur da provincia. Son case 8.000 horas de actividades dirixidas a asociacións de todos os Concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes; ou a colectivos con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social dos 67 municipios

Leer máis

16/04/2018

Deputación, Concello de Lugo e a Fundación Pazos e Feiras destinan a recadación do Equigal a FUDACE pola súa importante labor social

160418 WA0015

- Campos Conde, Méndez López, López Fernández e Pérez Lago entregaron este luns ao Presidente de FUDACE o cheque por valor de 1.000 euros que proceden da recadación da última edición do Equigal celebrada no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo

- Deputación, Concello de Lugo, xunto aos organizadores do evento decidiron destinar todo o recadado na Feira a este colectivo pola importante labor social que desempeña na provincia, pois na actualidade presta servizo profesional a 60 persoas con dano cerebral

- Equigal naceu no ano 2008 e dende entón logrou consolidarse coma o Salón Ecuestre de referencia no noroeste de España e un evento xerador de recursos económicos e de emprego. Nesta cita se deron cita 120 cabalos das mellores ganderías, tanto do territorio galego coma do resto de España

Leer máis

16/04/2018

O Pazo de San Marcos acolle un curso para técnicos sobre espazos naturais protexidos e Rede Natura 2000

160418 DSC_0011

- Fernández Queipo e París Gómez inauguraron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o curso que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), coa colaboración do Executivo Provincial

- Durante as 3 xornadas, nas que están inscritos 25 técnicos, analizarán as funcións dos espazos naturais protexidos e a súa relación co benestar humano, coñecerán ferramentas para a súa xestión e aproveitamento de oportunidades que estes ofrecen

- No último día participarán alcaldes e membros de asociacións e colectivos para explicar e amosar exemplos de boas prácticas e administración de espazos naturais

Leer máis

15/04/2018

Éxito no Museo Provincial coa colección de Álvaro Gil con máis de 7.000 visitas

150418 Museo provincial-coleccion gil varela

- Nestas datas os visitantes tamén desfrutaron da exposición “A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda”, que se exhibiu por primeira vez primeira en Lugo, 91 anos despois da súa creación, e que contou cunha xornada de análise e difusión

- García Porto destacou que “dende a Deputación programamos actividades, exposicións e visitas ao longo do ano co obxectivo fomentar o turismo cultural”

- As vindeiras exposicións que ten preparadas á Rede Museística é unha colección de gravados de Picasso a Annish Kapur, ademais dos traballos dos alumnos da Escola de Artes Ramón Falcón, e unha mostra de Luís Seoane

Leer máis

13/04/2018

25 alumnos do IES Terra Chá José Trapero Pardo formáronse como emprendedores grazas ao Goberno da Deputación

130418 DSC_0029-1

- Fernández Queipo entregou este venres no salón de actos do instituto de Castro Riberas de Lea os diplomas aos participantes do IV Campus de Emprendemento Sostible

- Os estudantes coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, e afondaron sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas de negocio

- Para finalizar a formación, os rapaces visitaron as instalacións de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasión de coñecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño

Leer máis

Páxina 4 de 720,  7193 contidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000