Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

Páxina 3 de 610,  6096 contidos

13/02/2017

Recibidas máis de 4.500 solicitudes para optar aos postos de traballo do “Ben Empregado 3, máis social”

Recibidas máis de 4.500 solicitudes para optar aos postos de traballo do “Ben Empregado 3, máis social”

- Son as peticións realizadas por lucenses no paro, interesados nos 193 perfís laborais que o organismo provincial oferta en 178 empresas e colectivos de toda a provincia
- Durante o mes de marzo publicarase a lista de admitidos e arrancará o proceso de selección coa previsión de que os beneficiados comecen a traballar antes de xuño
- 116 entidades contratarán a 126 desempregados con axudas da Deputación do 50% mentres outras 36 recibirán o 100% do financiamento pola contratación de 39 parados con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables
- O organismo provincial tamén asumirá a totalidade de custos laborais doutros 28 parados da provincia en 26 colectivos sen ánimo de lucro

Leer máis

12/02/2017

A TIC emitirá en directo o Campionato Internacional de Baristas de Foz no seu Facebook Life

-Alumnos da EIS realizarán o streaming  do  X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría, no que participarán 14 centros de 5 Comunidades Autónomas
-Un equipo da TIC tamén dará sinal a dúas pantallas para seguir in situ o V Certame Internacional de Baristas Profesionais e o de Cata de Café
-Hai unha década que a TIC colabora co evento como unha práctica do módulo de Realización de Televisión que imparte a EIS no  2º curso

Leer máis

11/02/2017

O Goberno da Deputación e 7 Concellos lucenses impulsan en colaboración con Asturias a creación da Gran Senda do Navia

- A Gran Senda do Navia é un proxecto impulsado por 7 Concellos Lucenses e outros 9 asturianos para crear unha ruta peonil de máis de 360 quilómetros ao longo do río Navia
-OExecutivo Provincial coordina os grupos de traballo dos7 Concellos lucenses: Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro
- Representantes dos municipios galegos e asturianos reuniranse de forma paralela o vindeiro luns, en Lugo e Boal, respectivamente

Leer máis

11/02/2017

O Goberno da Deputación organiza unha xornada sobre xestión forestal dirixida aos 29 Concellos afectados polas novidades lexislativas da Xunta

-A xornada vén motivada pola divulgación do proxecto de Decreto da Xunta que regula as novas repoboacións de eucaliptos e prohibe a súa plantación en 29 concellos lucenses
- O enxeñeiro de Montes Juan Francisco Marey, profesor do campus lucense da USC, será o encargado de expoñer a situación actual do sector forestal e as consecuencias das novidades lexislativas que prepara a Xunta
- O Presidente da Deputación participará na xornada, xunto con 27 Alcaldes da provincia que confirmaron a súa asistencia 

Leer máis

11/02/2017

Nomeada ao Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo a longametraxe Pelerinaxes, coa que colabora a Deputación

Nomeada ao Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo a longametraxe Pelerinaxes, coa que colabora a Deputación

- O organismo provincial colaborou cunha achega económica de máis de 17.000 euros para a realización, difusión e promoción da película polosconcellos da provincia
- O filme, inspirado no libro "Pelerinaxes I", fai o mesmo camiño que fixeron, en 1927, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido

Leer máis

11/02/2017

O Goberno da Deputación e os 7 clubs da provincia definen o modelo de xestión da Escola Provincial de Piragüismo

O Goberno da Deputación e os 7 clubs da provincia definen o modelo de xestión da Escola Provincial de Piragüismo

- Tal e como se comprometera o pasado ano, o Executivo destinará 85.000 euros para que sexan os 7 clubs de piragüismo lucenses os encargados de xestionar as actividades da Escola na temporada 2017-2018, mediante a sinatura dun convenio
- Rivera Capón destacou “a importancia de converter esta Escola nun ente aglutinador e que sexan os propios clubs os que definan a súa folla de ruta, porque ninguén mellor ca eles coñece as principais necesidades e potencialidades da mesma”
- O convenio suporá, ademais, a adquisición de novo material técnico, a posta en marcha de programas de promoción deste deporte nos centros escolares e nos Concellos ou a contratación de persoal cualificado para a xestión das instalacións
- Esta iniciativa súmase ás axudas de máis de 200.000 euros que a Deputación ten en marcha para o fomento do piragüismo na provincia, entre as que se inclúe a construción dun novo hangar de piraguas na localidade de Foz

Leer máis

10/02/2017

 “Non estamos dispostos a asumir que os 15 millóns de cartos públicos investidos nas residencias non sexan para os lucenses”

- Así o salientou o voceiro do Goberno Provincial tras explicar os dous modelos “totalmente confrontados de PSOE e PP” sobre a rede de residencia da Deputación
- “O PSOE defende residencias públicas con prazas públicas para os veciños da provincia. O PP quere prazas xestionadas por unha sociedade mercantil, que non se garaten que sexan para os lucenses”
- “Co modelo do PP benefícianse as persoas da lista autonómica, que poden ser veciños de Vigo, Redondela, Xinzo... Para isto non se fixo un grande investimento público dende a Deputación coa colaboración dos Concellos lucenses”
- “Estamos a dar os primeiros pasos para garantir que as residencias da Deputación sexan públicas e con prazas públicas. Para que, por exemplo, os veciños da Fonsagrada poidan ir á residencia da Fonsagrada, ou os de Castroverde á residencia de Castroverde, aínda que teñan pensións baixas”

Leer máis

10/02/2017

O Goberno da Deputación defende un Consello de Turismo fronte ao "chiringuito do PP"

- O voceiro explicou que “o PP quere facer un Consorcio de Turismo, outro chiringuito, con órganos de dirección, cos seus bos salarios e as súas boas remuneracións”
- “Un Consello de Turismo é un órgano de posta en común, de participación de todos los entes e axentes implicados, no que se xeren sinerxías e se executen actuacións dende as súas posibilidades, competencias e bondades”
- O choque de dous modelos: “Nós defendemos un modelo público, útil e pensado para os veciños. Na outra marxe están os intereses especulativos, privatizadores e non pensado nas necesidades dos veciños, que é o modelo do PP”.

Leer máis

10/02/2017

O Goberno da Deputación impulsa a investigación histórica da provincia colaborando coa publicación sobre o mosteiro de Ferreira de Pallares

- Trátase da publicación que resultou vencedora na VIII edición do Certame de Investigación Condado de Pallares no ano 2014
- García Porto destacou “a importancia de colaborar neste tipo de iniciativas que fomentan o estudo da nosa cultura, historia e patrimonio”
- O Certame aposta pola investigación de diferentes aspectos cinguidos ao ámbito territorial das cinco localidades que no medievo integraban o Condado de Pallares: Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo

Leer máis

10/02/2017

O Goberno da Deputación achega 100.000 euros para que Lugo acolla por 1ª vez os Xogos do Eixo Atlántico

O Goberno da Deputación achega 100.000 euros para que Lugo acolla por 1ª vez os Xogos do Eixo Atlántico

- Este evento, único en Europa, reunirá entre os días 2 e 7 de xullo a preto de 2.000 deportistas que competiran nas tres sedes desta edición: Lugo, Sarria e Monforte
- Santos Ramos destacou que “a provincia acollerá a máis de 5.000 persoas, entre organizadores, participantes e visitantes, o que producirá un retorno económico aproximado de 700.000 euros”
- As entidades interesadas, disporán de 15 días dende a publicación da documentación no Boletín Oficial da Provincia para presentar toda a documentación

Leer máis

Páxina 3 de 610,  6096 contidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000