Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

Páxina 2 de 675,  6750 contidos

09/10/2017

Preto de 300 persoas participarán na VIII Carreira Popular de Xermade promovida polo Goberno da Deputación e Concello

091017 Presentacion Xermade

- O evento, que terá lugar o sábado 21 de outubro no municipio chairego, contará con 5 categorías: pitufo e prebenxamín (100 metros); benxamín (500 metros); alevín e infantil (1 quilómetro); xuvenil e cadete (2 quilómetros); adultos (6,3 quilómetros)

- Rivera Capón subliñou que “a nosa colaboración enmárcase na aposta por potenciar turisticamente e dinamizar a economía dos Concellos a través de eventos que reúnen a un gran número de persoas como é o caso desta proba que cada ano suma adeptos”

- As inscricións permanecerán abertas ata o xoves día 19 ás 23:59 horas, os interesados deben anotarse na web www.carreirasgalegas.com. Haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría e agasallos para todos os participantes

- O Goberno da Deputación colabora na organización desta actividade cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén permite a celebración doutras iniciativas como a Copa Concello de Xermade, a Pedalada Solidaria ou un proxecto de envellecemento activo

Leer máis

06/10/2017

O Goberno da Deputación mellorou con 305.000 euros 19 traídas de auga, accesos viarios e locais sociais do rural

061017 Argelio Xunta Goberno

- Fernández Queipo explicou que con estes fondos realizáronse melloras de “dotacións públicas esenciais” en núcleos rurais de 15 Concellos

- O Deputado de Cooperación cos Concellos destacou que se están a executar un total de 129 obras desta índole en localidades rurais de toda a provincia con 1,5 millóns

Leer máis

06/10/2017

Lugo acollerá a expertos oncolóxicos de todo o país no Congreso Provincial sobre o cancro

061017 Congreso cancro1

- López Izquierdo, González Abelleira e José Manuel Vázquez presentaron este venres o foro de debate que organiza Somos Unidos por el Cáncer, no que participarán preto dunha trintena de profesionais e que tera lugar os días 10 e 11 de novembro na Facultade de Enfermería

- A Deputada de Benestar destacou que “é un privilexio poder escoitar a opinión de reputados profesionais oncolóxicos, co obxectivo de afondar nesta doenza, nos novos tratamentos e como traballar coas familias que teñen que convivir con ela a diario”

- Médicos, fisioterapeutas, nutricionistas, farmacéuticos, psicólogos, xinecólogos, sexólogos, e membros de asociacións de todo o país, abordarán diferentes temas relacionados coa enfermidade

Leer máis

06/10/2017

O sur da provincia acolle a quinta edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics, coa que colabora o Goberno da Deputación

061017 Foto Olympics

- O Executivo Provincial colabora con esta asociación con 8.000 euros, que serven para financiar diferentes actividades deportivas e de impulso da autonomía persoal

Leer máis

04/10/2017

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora das Feiras das San Lucas de Mondoñedo

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora das Feiras das San Lucas de Mondoñedo img1

- Campos Conde e Souto Cabana asinaron este mércores no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración de 20.000 euros entre o Executivo Provincial e a Comisión de Festas para promocionar a cita, que terá lugar dende o 17 ao 22 de outubro

- O Presidente explicou que esta feira “é unha das máis senlleiras de Galicia, organizadas polos veciños do Concello, que durante unha semana, encherán de visitantes a Mondoñedo e a súa contorna, dinamizando a economía e o turismo da Mariña”

- Haberá 8.000 euros en premios de gando repartidos no concurso de andadura, feira tradicional, espectáculo de doma ecuestre, final da Copa Galicia de Pura Raza; así como a espectacular baixada dos cabalos, dende os montes, ata a Praza da Catedral

- O pregón correra a cargo do xornalista Miguel Anxo Murado, e o cartel das feiras é obra do autor mindoniense Xosé Vizoso, que é unha recreación da portada do libro editado pola Deputación en homenaxe ao autor, nomeado Fillo Predilecto da cidade

- A programación de actividades inclúe concertos de Brais Rodrigo e Medina Azahara, o festival Voces da Paula, unha homenaxe ás Irmandades da Fala; así como exhibicións de deporte rural vasco, encontros folclóricos ou  contacontos, entre outras moitas

Leer máis

04/10/2017

O Goberno da Deputación, principal patrocinadora do ExpoLugo Rural 2017 que terá lugar o 7 e 8 de outubro

O Goberno da Deputación, principal patrocinadora do ExpoLugo Rural 2017 que terá lugar o 7 e 8 de outubro img01

- Faino cunha achega de 12.000 euros para financiar parte dos gastos desta cita, así como a través do CENTRAD, levando unha exposición con cerámica tradicional cestería, cantería, ou traxes tradicionais, entre outros

- Santos Ramos subliñou que “colaboramos con esta feira por tratarse dunha oportunidade única para potenciar o sector agrogandeiro, que conta de media con 16.000 visitantes, e coa participación de 400 cabezas de gando e 50 expositores”

- “Recuperamos o sentido máis tradicional do San Froilán que, historicamente, se coñecía como a feira das feiras xa que durante anos atraeu a gandeiros de toda a provincia para comercializar os produtos na capital durante a fin de semana”, apuntou

- A Feira é tamén unha oportunidade de negocio pois conta con representación de empresas relacionadas co sector rural e gandeiro, converténdose así nunha boa plataforma para aumentar os beneficios dos produtores lucenses

- Charlas técnicas, asembleas, xuntanzas de socios, desfile do gando de razas polas rúas de Lugo, concurso da galiña de mos ou concurso de raza porco celta, son só algunhas das actividades que completan a programación de ExpoLugo 2017

Leer máis

04/10/2017

O Goberno da Deputación promociona o uso do galego, colaborando coa Asociación de Escritores en Lingua Galega

O Goberno da Deputación promociona o uso do galego, colaborando con 20.000 euros coa Asociación de Escritores en Lingua Galega img01

- Trátase dun convenio de 20.000 euros co que se financian diversas actividades para promocionar aos escritores, así como a súa produción literaria en lingua galega

- Santos Ramos defendeu a necesidade de colaborar con esta asociación “sobre todo tendo en conta a situación do uso do galego pois, por exemplo, a edición de libros en galego baixou  un 13,1%  no 2016, caída que contrasta co bo momento que viven o español, o catalán e o vasco, que aumentaron”  

- O Presidente da AELG apuntou, en referencia á difícil situación do galego, que “a pesares de que non hai nada que sexa capaz derrotar a esperanza dos escritores, esta colaboración é un grito de esperanza para o idioma e para a literatura galega”

- O sábado 21 de outubro, terán lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos as X Xornadas de Literatura Oral: Palabras con Memoria. Os interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición a través do correo oficina@aelg.org

Leer máis

04/10/2017

Recoñecidos profesionais do mundo do tenis participarán no foro gratuíto e aberto ao público, promovido polo Goberno da Deputación e Concello de Lugo

041017 Foro-Tenis

- Rivera Capón, Fernández Méndez e Pereiro Rodríguez presentaron este mércores a xornada na que participarán profesionais deste deporte e que terá lugar o 14 de outubro no Salón de Actos de San Marcos e nas instalacións do Club Deportivo D10

- Os interesados poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou no 986 21 29 82. O prazo remata o 10 de outubro

- O Deputado de Deportes destacou que “é un privilexio poder contar con profesionais do panorama nacional e internacional do mundo do tenis e unha oportunidade única, de poder escoitar as experiencias e coñecementos de voces autorizadas”

- A xornada contará con coloquios, charlas e actividades prácticas, da man de deportistas, adestradores, médicos ou presidentes de clubs de tenis de talla internacional

Leer máis

04/10/2017

Deputación e Concello encherán a Casa da Cultura de Alfoz de teatro as fins de semana de outono

041017 Teatro Alfoz

- Vidal Baamonde e Val Díaz presentaron este mércores o Ciclo de actividades de outono que organiza o Concello de Alfoz coa colaboración do Executivo Provincial, e que inclúe 6 representacións teatrais, gratuítas, durante as fins de semana de outono

- O Deputado de Turismo lembrou que “esta colaboración enmárcase dentro da nosa aposta por potenciar o teatro como un elemento de transmisión cultural, que dinamiza a nosa lingua e fomenta a actividade lúdica e social das nosas vilas”

- O Goberno da Deputación colabora con esta e outras iniciativas culturais do Concello de Alfoz cunha achega económica de 8.000 euros e a través do Buxiganga

- Os Trocos, O Torques, Os Trangallairos ou O Centiño son algúns dos grupos de teatro afeccionado da provincia de Lugo que participan nesta programación

Leer máis

03/10/2017

36 fotos dos usuarios de Down Lugo protagonizan a nova mostra que o Goberno da Deputación leva á Capela de Santa María

Exposicion Down Capela 2017_1

- A Deputada de Cultura inaugurou Enfocando Historias, a exposición que recolle as imaxes feitas por 18 rapaces de dito colectivo xunto a voluntarios da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo e baixo a dirección da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva

- “Con esta mostra, queremos reivindicar que todos as persoas temos capacidades diferentes. Algunhas delas extraordinarias, que son as que fan posible a elaboración de proxectos artísticos como o traemos a esta sala exposicións de referencia en Lugo”

- A mostra, que estará exposta ata o 29 de outubro, pode visitarse de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta

Leer máis

Páxina 2 de 675,  6750 contidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000