Páxina 2 de 349, 3484 contidos
20/05/2013
Alumnos da Escola de Imaxe e Son e profesionais da comunicación participan nesta acción formativa, que concluirá o mércores cunha sesión de 17:00 a 20:00 horas
As avogadas Mar Fernández e Montse Trillo, de Trillo e Asociados, e o profesor do Máster de Propiedade Intelectual da Universidade Autónoma de Madrid, Xabier Alonso, repasarán o contido do aparato legal que rexe o audiovisual
20/05/2013
O Pleno Extraordinario aprobou a modificación do Orzamento da institución para conceder 900.000 euros ó conxunto lugués, que serán devoltos na súa totalidade, evitando o seu descenso automático á Segunda División B da Liga de fútbol profesional
19/05/2013
Aforrará ós Concellos de Foz, Viveiro e Ribadeo 21.000 euros para renovar a certificación ISO 14001 de 14 praias: Areoura, Llas, Peizás, As Polas, A Rapadoira, Os Xuncos, Alemáns, A Pampillosa, Arealonga, Covas, Area, Sacido, As Catedrais e Os Castros
Lara Méndez subliña o “esforzo inversor” que fai o organismo provincial para que a comarca mariñana siga competindo en calidade medioambiental coa Costa Dourada e o Levante, situándose na mesma categoría que areais como Cullera, Gandía ou Salou
16/05/2013
O Presidente e os voceiros de PSOE, BNG e PP mantiveron este xoves unha xuntanza previa
A institución e o conxunto lugués asinaron hoxe o protocolo que garante a total devolución deste adianto e que será ratificado agora pola Asamblea do club deportivo
16/05/2013
Regina Polín presentou hoxe Imaxinando Cantares Gallegos, iniciativa da institución provincial que reunirá a 32 artistas creando obras inspiradas na obra de Rosalía de Castro, á vista do público que se achegue ata o CENTRAD
O evento, de portas abertas e totalmente gratuíto, terá lugar o 13 de outubro, Domingo das Mozas e día da tradicional ofrenda a Rosalía de Castro, entre as 10:30 e as 20:00 horas, e ofrecerá actividades complementarias pensadas para os nenos
As bases de selección dos participantes faranse públicas a vindeira semana na web www.deputacionlugo.org. Os interesados poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 31 de agosto para seren logo valoradas por unha Comisión de Expertos
16/05/2013
Gómez Besteiro e Severino Rodríguez asinaron un convenio co que o organismo provincial achega 60.000 euros para facer fronte ós gastos das expropiacións do acondicionamento o treito entre a Compañía e Piñeira
Con esta achega, a Deputación de Lugo destina máis de 1,1 millóns de euros á posta en valor da contorna do Cabe xa que, á cantidade asinada hoxe, hai que sumar 940.000 euros doutro convenio para as marxes e a cunca do río e 165.000 euros para o alumeado do paseo fluvial
16/05/2013
O Presidente da Deputación reiterou o seu “máis sinceiro apoio persoal” ó Alcalde, remarcando que “creo na inocencia de Orozco, creo en Orozco e apoio a Orozco”
“Nestes momentos, nos que se pon de manifesto un goteo constante de informacións interesadas, que sitúan ás persoas nunha situación de indefensión, que danan a súa honorabilidade e que poden prexudicar as investigacións, é necesaria unha reflexión”
15/05/2013
O organismo provincial instalou unha caldeira de biomasa no novo consistorio fonsagradino, cuxa construción tamén financiou con cargo ó Plan Extraordinario de Obra Pública; e nun mes terá colocadas lámpadas de baixo consumo na rede de alumeado público
Para completar o equipamento da Casa do Concello, o Presidente e o Alcalde asinaron un convenio polo que a institución luguesa achega 60.000 euros co fin de dotar de mobiliario ás dependencias. Os traballadores municipais poderán trasladarse a primeiros de xullo
15/05/2013
A Deputada de Economía e o Alcalde guitiricense asinaron o convenio polo que a entidade local chairega delega na Deputación a tramitación do cobro de impostos e taxas municipais
O Concello aforrará “os miles de euros que lle supón facerse cargo dos trámites administrativos para a recadación de tributos, e garante unha xestión áxil e eficaz”, asegura García Porto
15/05/2013
Gómez Besteiro presentou o I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais InLugo que terá lugar os días 7 e 8 de xuño, converténdose “nun encontro referencial na Comunidade e nun escaparate de excepción para a promoción económica e turística”
Máis de 30 recoñecidos profesionais en España compartirán o seu coñecemento en ponencias, debates ou mesas redondas, tratando o papel da Rede para impulsar os negocios ou presentando innovadores proxectos dixitais
O vindeiro martes abrirase o prazo de inscrición para poder participar neste congreso aberto ó público e gratuíto grazas ó cofinanciamento nun 80% da Unión Europea
Páxina 2 de 349, 3484 contidos