Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Inicio -> Novas

Novas

Páxina 2 de 348,  3475 contidos

15/05/2013

A Deputación reúne por 1º vez en Galicia á elite nacional de Internet, situando a Lugo á vangarda no ámbito dixital

A Deputación reúne por 1º vez en Galicia á elite nacional de Internet, situando a Lugo á vangarda no ámbito dixital

Gómez Besteiro presentou o I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais InLugo que terá lugar os días 7 e 8 de xuño, converténdose “nun encontro referencial na Comunidade e nun escaparate de excepción para a promoción económica e turística”

Máis de 30 recoñecidos profesionais en España compartirán o seu coñecemento en ponencias, debates ou mesas redondas, tratando o papel da Rede para impulsar os negocios ou presentando innovadores proxectos dixitais

O vindeiro martes abrirase o prazo de inscrición para poder participar neste congreso aberto ó público e gratuíto grazas ó cofinanciamento nun 80% da Unión Europea

Leer máis

14/05/2013

Proposto ó Club Deportivo Lugo un adianto excepcional de 900.000 euros, que terá que devolver integramente

Proposto ó Club Deportivo Lugo un adianto excepcional de 900.000 euros, que terá que devolver integramente

O voceiro socialista explicou que “o CD Lugo devolverá esta anticipo antes do 31 de decembro. Senón o fixera, descontaríamos estes cartos das cantidades que anualmente recibe o conxunto lugués a través do Plan Estratéxico de Subvencións”

Manuel Martínez anunciou que “con esta proposta, a nosa intención é iniciar o desprendemento de todas e cada unha das accións que o organismo provincial ten nos clubs deportivos para acadar unha situación regular e axudar a todas estas entidades da provincia en base a criterios obxectivos”

Leer máis

14/05/2013

A Deputación impulsa a comercialización dos produtos autóctonos financiando un ano máis o San Isidro de Paradela

Esta cita de exaltación e promoción de produtos autóctonos e tradicionais conta novamente cunha aportación económica da institución provincial de 3.000 euros con cargo ó Plan Estratéxico de Subvencións que asegura o seu futuro

A institución provincial colabora con asociacións e Concellos de todas as cores políticas financiando máis de 20 eventos de exaltación e promoción de produtos autóctonos, así como a actividade de sectores estratéxicos para a economía lucense

Leer máis

13/05/2013

A Deputación acondiciona 700 quilómetros da rede viaria provincial co Plan de Rebacheo

A Deputación acondiciona 700 quilómetros da rede viaria provincial co Plan de Rebacheo

50 operarios e 32 máquinas traballan esta semana en 9 Concellos: Xove, Vilalba, A Pastoriza, As Nogais, Cospeito, Pol, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes

A institución acondicionou xa 200 quilómetros de estradas provinciais doutros 7 municipios: Burela, Cervo, Riotorto, A Pontenova, Castroverde, Quiroga e Ribas do Sil

Leer máis

13/05/2013

A Deputación esixe á Xunta os 3,7 millóns que lle adebeda este ano polos hospitais, tras incumprir de novo o compromiso de pago

A institución provincial remitiralle ó SERGAS un escrito requiríndolle o abono, pois xa tiña que telo feito antes do 31 de marzo. “O Goberno galego volve a maltratar ós lucenses vulnerando un acordo que eles mesmos negociaron”, subliñou a Deputada de Economía

“Non vamos permitir que a Xunta converta o retraso nos pagos nunha regra, ou que, sen máis, deixe de pagar. Feijóo é moi dado a iso: unha boa mañá decidiu que non pagaba máis os servizos sociais”, asegurou García Porto

A delegada de Economía explicou que, a maiores da cantidade ordinaria deste 2013 –de 3,7 millóns-, a Deputación esixiralle á Xunta 92.800 euros de intereses polo retraso de 9 meses co que librou a achega correspondente ó pasado ano

Leer máis

13/05/2013

A Deputación renova o seu apoio económico ás Xornadas Xurídicas de Sarria, que mantén dende a 1ª edición

A Deputación renova o seu apoio económico ás Xornadas Xurídicas de Sarria, que mantén dende a 1ª edición

O organismo achega este ano 6.000 euros para un congreso que “supón grandes oportunidades para a provincia, pois convértea na capital xurídica de España e atrae a centos de persoas que coñecen os nosos extraordinarios recursos”, destacou Álvaro Santos

O Deputado de Cooperación asegurou na presentación do foro que o salto da temática á xurisdición Penal, tras seis anos abordando o Dereito Civil, “demostra o gran dinamismo deste evento e dos seus organizadores, o que garante unha vida longa e exitosa”

Leer máis

13/05/2013

Deputación e North Shore Surf Club impulsan novamente este verán actividades lúdicas e medioambientais na Mariña

Deputación e North Shore Surf Club impulsan novamente este verán actividades lúdicas e medioambientais na Mariña

A Vicepresidenta Segunda da Deputación e a presidenta do colectivo organizador presentaron a programación, que ten como principal novidade este ano un campionato de surf na praia de Fontela-Balea entre 25 deportistas mariñanos

Alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo realizarán un DVD coa gravación de todas as actividades para difundir a iniciativa e completar a súa formación con prácticas reais de cara á súa futura inserción laboral

Leer máis

13/05/2013

O Concello de Lugo e a Deputación apoian ós traballadores de Alimentos Lácteos e reclámanlle a Xunta que asuma as súas responsabilidades

O Concello de Lugo e a Deputación apoian ós traballadores de Alimentos Lácteos e reclámanlle a Xunta que asuma as súas responsabilidades

O Alcalde e o Presidente da Deputación pedirán por escrito ó Presidente da Xunta que o Goberno galego non siga pasivo ante o risco de destrución de máis postos de traballo e ínstano a defender un sector vital para a economía de Galicia

O Pleno do Concello de Lugo xa aprobou unha moción o luns, que apoiaron o PSOE e o BNG e rexeitou o Partido Popular

Leer máis

13/05/2013

Éxito de participación no I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros organizado por alumnos da Escola de Imaxe e Son

Éxito de participación no I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros organizado por alumnos da Escola de Imaxe e Son

O festival FIBES perfílase como novo e innovador acontecemento cultural nas rúas do casco histórico da cidade de Lugo grazas á boa acollida por parte de lucenses e visitantes .

Danza, flashmobs e pulsadores de activación dos espectáculos foron algunhas das sorpresas coas que a organización do FIBES atraeu a atención dos paseantes.

Intenso traballo de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, que hoxe tamén seguiron coas cámaras as actividades da 2ª edición do Street Market do comercio lucense.

Leer máis

10/05/2013

A iniciativa solidaria Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente dá os seus primeiros froitos

A iniciativa solidaria Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente dá os seus primeiros froitos

Gómez Besteiro participou hoxe na entrega dun talón por valor de 2.600 euros conseguidos coa reciclaxe de 10 toneladas de tapóns das máis de 20 que se levan recollidas ata o momento con esta popular iniciativa consistente na creación dun banco de tapóns na provincia

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración da Fundación Puro Cora, a Deputación, o Concello de Lugo, o Colexio de Farmacéuticos de Lugo, a Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo, Aspnais e as empresas Allplas, Prelo, Envialia e Contemar

Un comité profesional, formado por unha médico, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha traballadora social, valora a prioridade dos expedientes médicos recibidos para destinar os fondos que se recaden coa recollida e venda dos tapóns de plástico

Leer máis

Páxina 2 de 348,  3475 contidos

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000