Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Notas de prensa

Páxina 1 de 752,  7520 contidos

21/08/2018

O Goberno da Deputación inviste máis de 1,5 millóns de euros no Saviñao para melloras de núcleos rurais, emprego e servizos sociais

210818 PHOTO22

- Campos Conde supervisou os traballos feitos en accesos viarios de núcleos rurais, alumeado público, e equipamentos, cun investimento de 235.000 euros

- O Presidente avanzou que proximamente comezarán as obras de arranxo de preto de 10 quilómetros en dúas estradas provincias cun investimento de preto de 400.000 euros. Concretamente serán 7 quilómetros da estrada LU-P-5804, e 3 da LU-P-5806

- “Nestes dous anos e medio investimos nos veciños do Saviñao preto de 260.000 euros cos que xeramos 29 postos de traballo; e destinamos 107.000 euros á atención profesional de maiores co Servizo de axuda domicilio para non dependentes e Teleasistencia gratuíta”

- Campos, acompañado de veciños, mantivo un encontro cos 50 participantes da Aula de Verán, á que o Goberno da Deputación achegou 8.000 euros ao Concello do Saviñao para a realización de actividades lúdico-culturais durante a época estival

Leer máis

21/08/2018

A Deputación recupera a residencia da Fonsagrada, logo de que SUPLUSA desobedecese as ordes de entrega das chaves

210818 FOTO RESIDENCIA FONSAGRADA (1)

- A Unidade de Mantemento, e en cumprimento dun decreto fechado o día 14 de agosto de 2018, procedeu ao cambio das chaves do edificio da Residencia para que os servizos responsables dos tramites de apertura poidan continuar a traballar

- Así o explicou o Vicepresidente que destacou que “fixémolo en estrito cumprimento da legalidade, e logo do paripé montado polo Deputado non adscrito, 4 Deputados do PP, e do Presidente local do Partido Popular que, desobedecendo as ordes administrativas, finxiron unha entrega de chaves a que non ten a súa propiedade”

- A Deputación ordenou a SUPLUSA a través de 3 requirimentos, con datas 19 de abril, 5 de xullo e 1 de agosto, a entrega das chaves da residencia da Fonsagrada á Deputación de Lugo. É a administración provincial quen ten a titularidade tanto do edificio, como dos terreos, que foron cedidos oficialmente polo Concello ao organismo provincial

Leer máis

20/08/2018

O monologuista David Amor participa mañá nunha masterclass do Campamento Urbano da Deputación

150818 David-Amor-web
A cita é mañá martes día 21 ás 12:30, no Salón de Actos da Deputación. A entrada é de balde ata completar aforo. David Amor, é un monologuista e actor que actualmente colabora nun dos programas da televisión máis vistos, “Zapeando” de laSexta

Leer máis

20/08/2018

Aberto o proceso de selección de 4 novos postos de traballo do DEPUEMPEGO en Monforte de Lemos

- Trátanse de 4 postos, que están destinados a persoas anotadas como demandantes de emprego no INEM, para traballar de oficial de xardíns, oficial electricista e auxiliar administrativo/a no Concello de Monforte de Lemos.

- Os interesados poden atopar toda a información no BOP e na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.com, no correspondente espazo habilitado.

- No último ano, o Goberno da Deputación financiou un total de 308 postos de traballos en 66 Concellos da provincia. Faino cun investimento de 3,5 millóns de euros distribuídos en base a criterios obxectivos

Leer máis

19/08/2018

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a recuperación de terras, dotadas con 300.000 euros

-Os interesados xa poden solicitar estas axudas, coas que o Goberno Provincial da resposta as demandas dos propios gandeiros e agricultores, demostrando así o seu compromiso co rural da provincia

-O Executivo Provincial recupera unha medida pioneira que nos anos 2014 e 2015 axudou a 178 agricultores e gandeiros lucenses a recuperar para a produción 1.200 hectáreas de terreo na provincia

-A convocatoria e toda a información atopase dispoñible na páxina web www.deputacionlugo.com.  

 

Leer máis

18/08/2018

O Goberno da Deputación e o Concello de Sarria farán posible que a Ponte Ribeira reabra a finais de ano

180818 DSC_0024

- O orzamento total destas obras, que se licitarán previsiblemente neste mesmo mes de agosto, é de 450.000 euros, dos que a Deputación achega 150.000 e o Concello a cantidade restante, procedente de fondos propios. A Xunta decidiu non colaborar

- Rivera Capón subliñou que “aprobamos en Xunta de Goberno un novo convenio para financiar, xunto co Concello de Sarria, as actuacións que se levarán a cabo nesta ponte, consistentes no retranqueo dun piar e a reposición do taboleiro, e coas que damos resposta a unha vella demanda dos veciños e da propia Alcaldesa”

- A Alcaldesa apuntou que “levamos anos buscando financiamento para acometer as obras, solicitamos axudas á Xunta e ao Xacobeo, pero nunca nos foron concedidas, polo que contamos co único apoio do Goberno da Deputación”

- López Yáñez subliñou que “a anterior dirección da Confederación Hidrográfica, responsable desta infraestrutura, paralizou sistematicamente as obras, tardando máis de dous anos en enviar a súa resolución favorable para a realización dos traballos”

- O Partido Popular votou no Pleno provincial en contra de dotar orzamentariamente as obras de Ponte Ribeira, xa en abril de 2016. Daquela, os deputados populares rexeitaron a proposta do Goberno para arranxar dita ponte

Leer máis

17/08/2018

A Deputación mellorará con 333.000 euros 13 quilómetros de estradas en Ourol

- Melloraranse treitos da LU-P-3801, que vai de Ourol ás Lobeiras polo Carmen, a LU-P-3802, de Ourol á Igrexa de Ourol, a LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras, a LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, e a LU-P-3803

Leer máis

17/08/2018

O Goberno continúa a impulsar a modernización tecnolóxica da Deputación remodelando o Centro de Proceso de Datos

170818 PABLO RIVERA-XUNTA DE GOBERNO

- Destinaranse 250.000 euros para actualizar este servidor físico, no que se executan a maior parte das aplicacións e sistemas informáticos que se empregan dende a administración provincial así como dende os Concellos

- Rivera Capón explicou que “o CPD que dispón á Deputación é de 2010 e foi de grande axuda para a transformación tecnolóxica pero, logo destes 8 anos, a evolución tecnolóxica fai necesario actualizalo para facelo máis eficiente, eficaz e seguro”

- Melloraranse bases de datos, impulsando a seguridade para garantir a protección no caso de ataques, implantaranse sistemas de control e recuperación cos que protexer a información, ampliarase o almacenamento, e actualizaranse parte dos equipos e dispositivos físicos por outros máis modernos, eficaces e fiables

- O Deputado avanzou que o CPD soportará tamén a nova web da Deputación, que está practicamente lista e que se presentará, previsiblemente, no vindeiro mes. Será unha páxina mais atractiva, usable, accesible, interactiva e rápida

Leer máis

16/08/2018

Faíscas da Pontagra, Böj, Ruxe Ruxe e Vacalouras no Festival Terra Brava do Incio, co apoio da Deputación

160818 deputacion-festival terra brava-o incio

- García Porto, Celeiro García e membros da organización presentaron este xoves a XVI edición do festival de musica popular que organiza  a Asociación Cultural Terra Brava, coa colaboración do Concello do Incio e que terá lugar o 25 de agosto no municipio

- Este certame musical enmárcase dentro da programación cultural e turística do Concello do Incio, coa que colabora o Executivo Provincial cunha achega económica de 20.000 euros, ademais a Asociación recibe unha axuda de Cultura de 1.200 euros

- A xornada contará cunha sesión vermú e de tarde, un xantar popular e actividades infantís. Faiscas da Pontagra, BÖJ, Ruxe Ruxe, Vacalouras son os grupos galegos que participan no Festival Terra Brava, que dará comezo ás 21:00 horas

Leer máis

16/08/2018

Rematan as auditorías nas praias mariñanas para manter o distintivo medioambiental, postas en marcha pola Deputación

160818 FOTO MAROSA II

- A avaliación do estado das augas e areais, que se levou a cabo estes días nas praias dos Concellos de Foz, Viveiro, Ribadeo e Burela, porase en común este venres no CENIMA de Foz

- Fernández Queipo destacou que “a Deputación, dentro da súa aposta polo medio ambiente como unha oportunidade económica a certificación medioambiental é un distintivo que vai máis alá da bandeira azul, que se rexe por leis da Unión Europea, co que lograremos praias de auténtica calidade ao garantir o cumprimento de regulamento máis exixente e prestixioso da Unión Europea, o EMAS”

- A Deputación, que inviste 17.678 euros, puxo en marcha o proxecto da certificación medioambiental en 2009, nun esforzo por garantir que as praias da Mariña foran un referente de calidade

Leer máis

Páxina 1 de 752,  7520 contidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000