Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Hoxe

Páxina 1 de 356,  3553 contidos

19/06/2013

A Deputación arranxou na Mariña máis de 300 quilómetros de 60 estradas provinciais

A VICEPRESDIENTA SEGUNDA, LARA MÉNDEZ, SUPERVISOU AS OBRAS DE MELLORA QUE A DEPUTACIÓN EXECUTA EN VÍAS PROVINCIAIS DE OUROL

Actuacións do Plan de Rebacheo que supervisou Lara Méndez ó igual que as que executa agora a institución en 193 quilómetros das 37 vías provinciais en Ourol, Ribadeo e Mondoñedo

Unha vez rematados os anteriores traballos, a Deputación levará esta programación a Abadín, Alfoz, Barreiros, Foz, Lourenzá, Trabada, O Valadouro e O Vicedo, actuando nos 900 quilómetros das 97 estradas da súa competencia que discorren polos 17 Concellos da Costa

Leer máis

19/06/2013

A Deputación de Lugo e a Escola de Arte Ramón Falcón organizan Land Art, unha exposición de arte feita con natureza

NA FOTOGRAFÍA, A DEPUTADA DE MEDIO AMBIENTE E ENERXÍAS RENOVABLES, SONSOLES LÓPEZ IZQUIERDO, E A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, ESTHER MUÑOZ, NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERRAS DO MIÑO

O Centro de Interpretación Terras do Miño pecha a programación do 2º trimestre cunha exposición de traballos de alumnos de 3º de Deseño da Escola realizados con elementos naturais da zona do río Rato, co lema Terras do Miño. Reserva da Biosfera

A mostra arrincará coa conferencia que ás 19.00 horas ofrecerá María Vázquez sobre varios aspectos desta corrente artística, coma o contexto histórico ou os seus máximos representantes

A programación gratuíta do Centro continuará no 3º trimestre con máis actividades no exterior, obradoiros, conferencias ou rutas para públicos de todas as idades

Leer máis

19/06/2013

A Escola de Imaxe e Son abre mañá as portas ós lucenses para dar a coñecer a súa actividade co ABERTIC

Cartel ABERTIC

Tras o éxito acadado o ano pasado, a iniciativa celebra a súa 2º edición con obradoiros abertos ó público, proxección de traballos, espectáculos, música en directo e moitas outras novidades

As actividades desenvolveranse dende as 11:00 ás 20:00 horas nas instalacións do centro educativo. Na entrada, un “photocall” recibirá ós asistentes entre os que se repartirán agasallos ó longo da xornada

Gómez Besteiro porá a guinda ó evento coa entrega dos diplomas ós alumnos da 9ª promoción da Escola, a única da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual

Leer máis

19/06/2013

15 membros da Fundación TIC realizarán toda a produción audiovisual do 8º Resurrection Fest de Viveiro

15 membros da Fundación TIC realizarán toda a produción audiovisual do 8º Resurrection Fest de Viveiro

A instancias do alcalde de Viveiro, Gómez Besteiro e os organizadores do festival asinaron o convenio durante o acto de presentación do evento que supón un volume de negocio de 1,4 millóns de euros para a localidade mariñana

Profesionais e bolseiros da Escola de Imaxe e Son realizarán a transmisión para emitir en streaming o festival de hardcore, punk rock e heavy metal, que reunirá do 1 ó 3 de agosto a medio centenar de bandas de proxección internacional

Este ano amplíase o aforo dos concertos nos tres escenarios sitos no campo de fútbol de Lavandeiras e habilítase unha nova zona de acampada

Leer máis

18/06/2013

A Deputación de Lugo celebra con MusicAD a apertura dunha nova sala da Colección de Instrumentos o Día Internacional da Música

A Deputación de Lugo celebra con MusicAD a apertura dunha nova sala da Colección de Instrumentos o Día Internacional da Música

Polín presentou os actos que se desenvolverán no CENTRAD ó longo desta semana con motivo da inauguración da Sala Antón de Marcos e que inclúen música, fotografía e teatro

A programación comeza mañá, ás 19:30 horas, coa inauguración na Capela de Santa María de Cámara Barroca, exposición fotográfica de artistas contemporáneos inspirados no Barroco galego

A programación continuará cun concerto didáctico e interactivo de Carlos Blanco Fadol na Capela o día 20 ás 20:00 horas, e unha representación teatral nos exteriores do CENTRAD o día 21 ás 22:00 horas. A entrada a todos estes actos é libre e gratuíta.

Leer máis

18/06/2013

A Xunta discrimina un ano máis a Lugo, deixándoa sen financiamento para servicios sociais e emprego

A Consellería de Benestar Social fixo caso omiso á petición da Deputación de Lugo para consensuar o convenio destas prestacións tal e fixo cos restantes organismos provinciais galegos

Un ano máis, o Goberno galego tampouco contestou ás alegacións da institución luguesa, deixando sen financiamento autonómico ós lucenses cando outorga 11,5 millóns de euros, 2 millóns de euros menos que no 2012, a coruñeses, pontevedres e ourensáns

Ante esta discriminación, a Deputación de Lugo incrementou no 2013 o seu presuposto para fomento do emprego con máis de 10 millóns de euros e o de servizos sociais con 2,2 millóns de euros. Non obstante, a Deputación insiste na necesidade de manter unha reunión co Presidente da Xunta

Leer máis

18/06/2013

Deputación e Economía Dixital celebran mañá o 1º dos debates de Galicia en clave económica

Ás 19:30 horas, no Salón de Actos de San Marcos e con entrada gratuíta, Fernando González Laxe, Emilio Pérez Nieto, Xoán Carmona Badía e Marcelino Fernández Mallo analizarán as potencialidades da economía galega

O resto dos encontros, cos que colabora El Progreso, celebrarase entre setembro e decembro, e abordarán o papel dos sectores público e privado ante a crise; as saídas ó paro; as fortalezas e debilidades do sector primario, e o novo mapa bancario e o acceso ó crédito

Leer máis

17/06/2013

A Deputación acusa á Xunta de deixar sen servizos sociais aos concellos con menos de 20,000 habitantes

A Deputación acusa á Xunta de deixar sen servizos sociais aos concellos con menos de 20,000 habitantes

Mario Outeiro lembra que o organismo provincial adica 2,2 millóns de euros a servizos sociais mentres a Xunta, cun orzamento 100 veces maior, achega cero euros

Garcia Porto esixe a Feijóo que consensúe coa Deputación de Lugo os servizos sociais e o emprego, ao igual que o fixo cos outros organismo provinciais, “dando o mesmo trato aos lucenses que ao resto de galegos”

Leer máis

17/06/2013

A Deputación contrata as obras da residencia e centro de día público en Trabada

A Deputación contrata as obras da residencia e centro de día público en Trabada

Logo de esperar case 1 ano a que a Xunta concedese o informe favorable a este proxecto, o Presidente, acompañado polo Alcalde trabadense, resolveu a adxudicación destas actuacións, que iniciará nun mes

O organismo provincial inviste 1,2 millóns de euros neste centro para maiores mentres o Concello achega 200.000 euros, os servizos urbanísticos e os terreos necesarios

Estas instalacións, situadas no centro para dinamizar os negocios da zona, contarán con 24 habitacións con posibilidade de que sexan dobres. A súa posta en marcha suporá a creación duns 20 empregos

Leer máis

17/06/2013

A Deputación fomenta o lecer medioambiental entre os máis pequenos co 1º Km0Infantil, que conta con 765 prazas

A Deputación fomenta o lecer medioambiental entre os máis pequenos co 1º Km0Infantil, que conta con 765 prazas

Rapaces de entre 6 e 12 anos de idade de toda a provincia poderán participar de maneira gratuíta nestes campamentos medioambientais, dun día de duración, que terán lugar entre o vindeiro 25 de xuño e o 19 de xullo

Poden elixir unha xornada repleta de actividades lúdico educativas na Granxa Garabullos de Cospeito ou no parque Avifauna de Outeiro de Rei. Os interesados teñen de prazo para apuntarse entre hoxe e o venres, día 21, na web www.deputacionlugo.org

Leer máis

Páxina 1 de 356,  3553 contidos

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000