Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

Página 1 de 506,  5054 contenidos

23/06/2018

O Pazo de San Marcos acolle a 1ª xornada formativa para propietarios de vivendas turísticas da provincia de Lugo

- Trátase da iniciativa do Goberno da Deputación en colaboración con Aviturga e os Concellos de Lugo e Viveiro, para clarificar os aspectos que introduce o novo decreto 12/2017 da Xunta, en relación ao uso e aproveitamento de vivendas turísticas

- As xornadas retomaranse mañá en Viveiro, en horario matutino, coa participación de profesionais do sector e con entrada totalmente de balde para todos os interesados

- O Deputado de Turismo destacou que “queremos garantir que os propietarios dos máis de 700 inmobles deste tipo na provincia estean correctamente informados e que poidan dar un salto cualitativo na prestación dun servizo que supón un importante revulsivo económico e facilitar que o visitante leve unha imaxe positiva da provincia”

Leer más

23/06/2018

O Goberno da Deputación mellora con 355.000 euros a estrada que une Trabada con Barreiros

230618 P1100423

- Campos Conde supervisou as obras de mellora de máis de 5 quilómetros da estrada LU-P-6103 de Trabada por Fórnea a Barreiros, que financia o Executivo Provincial con 355.000 euros

- O Presidente destacou que “damos resposta a unha vella demanda dos veciños de Trabada e Barreiros, beneficiando directamente aos preto de 4.000 mariñáns que viven en ditos municipios, pois é a única vía de comunicación que une aos dous Concellos”

- Campos Conde lembrou que “esta vía conecta co Hospital da Costa, en Burela, ademais de asumir moito volume de tráfico de vehículos pesados ao estar situada unha planta de lixo que presta servizo a moitos municipios da Mariña”

- Os traballos consisten na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, mellora da drenaxe, limpeza de cunetas e incremento da seguridade vial, coa renovación e repintado da sinalización horizontal e vertical

Leer más

23/06/2018

Campos Conde participa na Poxa de Raza Rubia Galega de ACRUGA, coa que colabora o Goberno da Deputación

230618 Foto1

- O Presidente subliñou que “con este tipo de iniciativas incentivamos a economía local, especialmente no rural, a través da promoción de exemplares de calidade como son as máis de 120 reses que temos hoxe aquí”

- Na anualidade pasada a Deputación asinou un convenio con ACRUGA de 172.000 euros para a recría de xovencas na Granxa Gayoso Castro, e proximamente asinarase a renovación do mesmo, mantendo a aposta do Goberno pola actividade gandeira

- Na poxa houbo 20 exemplares de ganderías de Lugo, de ACRUGA e do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, onde 7 eran machos, 3 de ACRUGA e 4 de gandeiros e 13 xovencas preñadas, 10 do centro de recría e 3 de gandeiros lucenses

Leer más

22/06/2018

Os veciños do Corgo gozan dunha piscina no Chamoso grazas aos 1,8 millóns que leva achegado o Goberno da Deputación á mellora dos seus servizos públicos

220618 Piscina-OCorgo

- O Vicepresidente, co Alcalde, membros da Corporación e veciños, inaugurou esta instalación financiada na súa totalidade polo Executivo Provincial con 306.000 euros, que forman parte dunha partida de 436.000 euros que permiten tamén mellorar o campo de fútbol

- Fernández Queipo defendeu que “os fondos públicos nas administracións son de e para todos os veciños e a labor dos Gobernos é xestionalos para que repercutan na súa calidade de vida. Levamos destinado 1,8 millóns para isto no Corgo. É unha satisfacción comprobar o resultado deste investimento, vendo como hoxe os veciños gozan da súa piscina”

- O Vicepresidente tamén supervisou a execución das melloras de 321.000 euros na LU-P-1602 de San Cristovo por Adai á LU-106, que contribúen a uns mellores accesos á piscina

Leer más

22/06/2018

La buena mentira pon fin ás actividades que Accem e a Deputación ofreceron na Semana dos Refuxiados

220618 Foto1

- Santos Ramos e Sánchez González presentaron este venres no Pazo de San Marcos a proxección da película co fin de sensibilizar ás persoas sobre a realidade que atravesan os refuxiados

- O Deputado de Relacións Institucionais avanzou que “desde o Goberno Provincial comprometémonos a axudar a aquelas persoas que se ven obrigadas a fuxir dos seus fogares en busca dun lugar seguro por causa da violencia e da guerra”

- Posteriormente ao filme, houbo unha charla a cargo do refuxiado MehariTsfalm acompañado das persoas encargadas dos Servizos Xurídicos, de Atención Psicolóxica e de Acollida Temporal de Accem”

Leer más

22/06/2018

Lugo tínguese das cores do arco da vella coa semana do Orgullo LGTBIQA+, que organizan Deputación e Concello

Lugo tínguese das cores do arco da vella coa semana do Orgullo LGTBIQA+, que organizan Deputación e Concello IMG01

- Trátase dunha ampla programación de actividades totalmente gratuítas que se desenvolverán entre os días 25 e 30 de xuño, na cidade de Lugo e no Museo do Mar

- López Izquierdo destacou que “este tipo de eventos serven para educar aos cidadáns na sexualidade e favorecer o respecto ás diferentes identidades e orientacións sexuais. Somos o que queremos ser e esa decisión tócalle tomala a cada persoa”

- Conferencias, contacontos, mesas redondas, mercado solidario ou bailes son só algunhas das actividades que compoñen a programación da Semana do Orgullo LGTBIQA+

Leer más

21/06/2018

Monforte, Guitiriz, Ribadeo e Láncara, escenarios do son cubano coa xira de Roi Casal da Deputación

Monforte, Guitiriz, Ribadeo e Láncara, escenarios do son cubano coa xira de Roi Casal da Deputación

- O Presidente da Deputación e os alcaldes dos Concellos presentaron este xoves no CENTRAD, Son galego, son cubano unha xira que promove os lazos entre Cuba e Galicia e que conta cunha achega do organismo provincial de 20.000 euros

- Campos Conde avanzou que “esta xira é de gran importancia, tanto por converter a provincia nun espazo cultural no que se porá en valor a histórica relación entre Cuba e Galicia, como pola riqueza que xera noutros sectores “

- A xira que dará comezo o 30 de xuño en Ribadeo, continuará o 21 do mes seguinte en Guitiriz, no mes de agosto a primeira actuación terá lugar o día 18 en Láncara e Roi Casal porá fin ao seu paso pola provincia o día 31 en Monforte

Leer más

21/06/2018

Campos Conde ofrece aos 25 novos titulados da EIS o apoio da TIC da Deputación na súa nova etapa profesional

-O Presidente da TIC anunciou na Gala de Graduación que “manteremos a gratuidade da matrícula para que todos os mozos e mozas con talento e vocación poidan acceder á formación de calidade da nosa Escola”

-Os alumnos de 1º organizaron a Gala inspirada no Far West e na que se proxectaron dúas curtas e tres videoclips elaborados polos novos titulados durante o último curso

-Familiares, colaboradores e representantes do sector asistiron ao evento que contou coa actuación de Vizcaíno

-O prazo de preinscrición para o curso 2018-19 estará aberto ata o 27 de xuño e o de matrícula ordinaria será do 5 ao 20 de xullo

Leer más

21/06/2018

Campos Conde pon en valor a colaboración da Deputación coa Protectora de Lugo, que superou nos últimos anos os 470.000 euros

Campos Conde pon en valor a colaboración da Deputación coa Protectora de Lugo, que superou nos últimos anos os 470.000 euros

- Dentro deste orzamento, inclúense 345.000 euros para ampliar as instalación existentes e garantir a manutención; e outros 124.000 euros que se investiron durante os últimos anos cos que se puido incrementar a superficie en 4 hectáreas

- “A diferenza do que fan outras administracións, como a Xunta de Galicia, non miramos cara outro lado e decidimos colaborar por tratarse dun servizo imprescindible para os municipios da provincia, así como para os propios animais”

- O Presidente informou que nas vindeiras semanas, logo de ter rematado o proxecto, se poderán contratas as obras de mellora da protectora de Lugo

- O Goberno converteu á Deputación na principal administración colaboradora coa Protectora, xunto ao Concello de Lugo. Son as únicas institucións públicas do país que achegan fondos á protectora

Leer más

21/06/2018

A Deputación, principal administración patrocinadora da festa do Becerro ao espeto, do barrio da Piringalla

A Deputación, principal administración patrocinadora da festa do Becerro ao espeto, do barrio da Piringalla

- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente de ACRUGA, César Dorado, e os presidentes dos colectivos veciñais, Ricardo Varela e Jesús Vázquez, presentaron esta festa gastronómica que potencia un produto autóctono e dinamiza ademais a zona norte da cidade

- Campos Conde, destacou a achega de 3.000 euros para promocionar esta cita gastronómica e subliñou a importancia de apoiar a promoción do sector

- Repartiranse 3.500 racións de dous becerros de raza autóctona entre todas as persoas que se acheguen a Frai Xosé Gómez, de xeito gratuíto. Ademais haberá unha verbena, un sorteo dun total de 350 euros e unha fogueira

Leer más

Página 1 de 506,  5054 contenidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000