Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

06/12/2008

A Deputación recuperará Augasmestas cun complexo turístico de benestar social pioneiro en España

Innovación e utilidade caracterizan a iniciativa que o organismo provincial pon en marcha xunto con COGAMI, e que consistirá na creación en 2010 dun espazo de ocio orientado a discapacitados e as súas familias

O organismo provincial financiará o proxecto que a Confederación Galega de Minusválidos rematará en novembro para presentalo ás convocatorias estatais e europeas correspondentes Gómez Besteiro destacou que “se recuperan unhas instalacións nas que no seu momento se gastaron cifras millonarias, que ascenden a 1,5 millóns de euros, e que se deixaron perder polo desuso durante anos. Agora facemos deste complexo unha aposta polo ecoturismo e o benestar social”Vega Buján indicou que “queremos sacarlles ás instalacións dos ríos Miño e Sil a maior rendibilidade posible desde un punto de vista turístico e social e non urbanístico como cremos que se lle deu no pasado”O presidente da Deputación, Jose Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira e responsable da Área de Turismo, Mª Xosé Vega Buján, presentaron este mércores xunto aos presidentes de COGAMI Galicia e Lugo, Anxo Queiruga Vila e José Luis Lolo Celeiro, e o Alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, o novo proxecto turístico para o complexo de Augasmestas, sito en Quiroga, e que será pioneiro en España. Gómez Besteiro subraiou que “a alma mater do proxecto é a Vicepresidenta Terceira. As áreas recreativas eran proxectos obsoletos e esgotados, pola que nesta época de crise e imprescindible reinventarse”. Neste senso, subraiou que “retomamamos estas instalacións da Deputación nas que no seu momento se gastaron cifras millonarias, que ascenden a 1,5 millóns de euros, e que se deixaron perder polo desuso durante anos. Agora facemos deste complexo unha aposta innovadora que se adapta ós nosos tempos”.Esta nova iniciativa da Deputación eN materia turística consiste na creación para o 2010 dun espazo de ocio orientado a discapacitados e a persoas con distintos problemas de mobilidade, así como ás súas familias. Con tal fin COGAMI e a institución provincial asinaron hoxe un protocolo no que o ente provincial comprométese ao financiamento da primeira fase, de estudo e proxección da obra, contemplando a posibilidade de máis investidores ao longo da súa execución. Deste xeito, prevese que o proxecto, que realizará a Confederación Galega de Minusválidos, esté rematado en novembro para presentalo ás convocatorias estatais e europeas correspondentes. Recuperación das instalaciónsO organismo provincial recupera así o complexo logo de que o 8 de maio de 2009 quedase deserto o concurso para a xestión directa do servizo de explotación destas instalacións deportivo-recreativas. A Vicepresidenta Terceira sinalou que “o organismo provincial ten unhas instalacións fluviais nos ríos Miño e Sil ás que queremos sacarlles a maior rendibilidade posible desde un punto de vista turístico e social e non urbanístico como cremos que se lle deu no pasado”. Neste senso, engadiu que “os Concellos da Ribeira Sacra van ter un novo valor converténdose nun referente turístico e facilitando a demanda de colectivos con necesidades especiais que hoxe só teñen cuberta en determinadas instalacións como os hoteis adaptados”.O rexedor municipal, Severino Rodríguez, engadiu que “o ser pioneiro e ambicioso leva o seu tempo, pero se ó final é eficaz e con garantía paga a pena investir este tempo”.O Presidente de COGAMI Galicia indicou que “as cousas poden cambiar cando o poder político ten interese en facer unha sociedade máis xusta e igualitaria. Para nós é importante porque todos os anos facemos actividades ó longo de España e de Europa, levando a cabo intercambios con diferentes grupos de persoas. Grazas á Deputación por pensar en COGAMI e nas persoas con discapacidades que imos traballar conxuntamente neste proxecto”.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000