Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

29/12/2014

O BOP publica hoxe o Plan Xeral de Ordenación de Ribadeo, aforrando 12.700 euros co formato dixital

- Xa se pode consultar en www.deputacionlugo.gal o documento, de 352 páxinas e un tamaño de 101 megas, cuxo custe no antigo formato en papel sería de 36 euros por páxina
- O BOP dixital naceu grazas ao programa InnovaTE o 3 de xaneiro de 2011, sendo o PXOM do Concello de Lugo o 1º da historia en publicarse neste formato o 14 de febreiro de 2012

A Deputación de Lugo vén de publicar hoxe, no número 297 do Boletín Oficial da Provincia, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ribadeo, que xa pode ser consultado a través da web www.deputacionlugo.gal. Ademais de facilitar o acceso ao documento dende calquera punto da provincia, a publicación dixital desta norma urbanística supón para a Deputación un importante aforro, xa que o custe do Boletín en papel era de 36 euros por páxina. Así pois, no caso concreto do PXOM ribadense, o aforro real é de 12.672 euros, ao constar este de 352 páxinas.

Este PXOM, organizado nun só tomo, supón un arquivo de 101 megas de tamaño e a súa elaboración dixitalizada permitiu simplificar o volume de información e dos trámites administrativos necesarios para a súa necesaria publicación, logo de ser aprobado no Pleno municipal. O Plan de Ordenación Municipal contén fins e obxetivos do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un estudo do medio rural; unha análise do modelo de asentamento poboacional; os respectivos planos de ordenación urbanística; estudo económico; informe de sustentabilidade ambiental e informe de sustentabilidade económica.

O de Lugo, o 1º PXOM dixital
O BOP electrónico (E-BOP) foi implantado grazas ao programa tecnolóxico InnovaTE, cofinanciado ao 70% por fondos europeos, e permitiu a substitución da publicación en papel -a máis veterana da provincia, ao datar de 1835-, polo soporte dixital en xaneiro de 2011.

O publicación en soporte dixital do PXOM do Concello de Lugo, o 14 de febreiro de 2012, marcou un fito histórico, xa que ata ese momento só se publicaran normas auxiliares de distintos Plans de Ordenación, que ocupaban unha media de 20 páxinas e un peso de 20 megas. Pola contra, o PXOM lugués sumaba 3.033 páxinas, organizadas en 8 tomos para facilitar a súa consulta, e tiña un peso de 517,167 megas. A súa publicación electrónica permitiu un aforro ás arcas provinciais de 110.000 euros.

A implantación do E-BOP en 2011 supuxo tamén o paso ao soporte dixital de Boletíns anteriores a esta data. Deste xeito, outros PXOM de Concellos da provincia, que foran aprobados con anterioridade, puideron ser consultados dende ese momento no arquivo do Boletín, na web www.deputacionlugo.gal. Este foi o caso dos PXOM de O Incio, Paradela, Castroverde, Rábade, Ribas de Sil, Pedrafita do Cebreiro e Sober.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000