Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

16/05/2018

Máis de 750 alumnos de colexios da provincia participaron no proxecto educativo da Fundación Meniños, coa que colabora a Deputación

- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro cos alumnos do CEIP San Ciprián, no Concello de Cervo, que participaron neste novidoso proxecto

- O Goberno da Deputación destina 8.500 euros a este colectivo lucense para o desenvolvemento desta nova proposta baseada na educación emocional, na que participaron 20 colexios da provincia

-  Os obxectivos deste programa educativo é favorecer o desenvolvemento integral a nivel persoal dos cativos, previr a aparición de condutas negativas e facilitar ás familias do alumnado ferramentas que lles permitan exercer unha parentalidade positiva

160518 Deputacion-visita colexio cervo

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo este mércores un encontro con alumnos de infantil do CEIP San Ciprián, no Concello de Cervo, que están a participar no proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños. O Goberno da Deputación destina 8.500 euros a dito colectivo lucense para o desenvolvemento desta nova proposta baseada na educación emocional, na que participaron 764 alumnos de 20 colexios da provincia.

Nesta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, así como de 1º e 2º de Primaria, os alumnos descubriron e adquiriron competencias emocionais, como a autoestima, a empatía, a conciencia ou a resolución de conflitos a través dun conto e actividades tales como xogos de cartas, vídeos, cancións, baile e obradoiros manuais. Os obxectivos deste proxecto educativo é favorecer o desenvolvemento integral a nivel persoal dos cativos, previr a aparición de condutas negativas e facilitar ás familias do alumnado ferramentas que lles permitan exercer unha parentalidade positiva.

López Izquierdo cualificou esta experiencia “como fantástica, hoxe puidemos comprobar como os nenos e nenas de Cervo desenvolvese cunha facilidade impresionante, e como son capaces de traballar e amosar as súas emocións a través de xogos sinxelos, e neste caso, a través do proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños co que colaboramos”.

Fundación Meniños

A Fundación Meniños é unha entidade sen ánimo de lucro especializada na protección da infancia e da adolescencia, cun traballo orientado a garantir o seu dereito a vivir en familia. Dende o ano 1996 traballa a favor dos dereitos dos nenos e nenas en situación de dificultade social por medio de programas especializados de prevencións e intervención familiar. Como parte da súa acción, dende o 2008 traballan de forma específica cos centros escolares promovendo valores, actitudes e condutas acordes co bo trato na infancia e implicando ás familias nas actividades e propostas educativas que se realizan.

Colexios participantes

- CEIP de Bretoña, da Pastoriza

- CEIP da Pobra do Brollón

- CEIP Aquilino Iglesias Alvariño, de Abadín

- CEIP das Nogais

- CEIP San Cosme, de Barreiros

- Casa niño Avelaíña, de Begonte

- CEIP Virxe do Corpiño, de Begonte

- CEIP Xosé Luís Taboada, de Carballedo

- CEIP de Castroverde

- CEIP de Cervo Nº1

- CPI Plurilingüe Virxe do Monte, de Cospeito

- CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar, de Foz

- CPI Ramón Piñeiro, de Láncara

- CEIP Albeiros, de Lugo

- CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Lugo

- CEIP Plurilingüe Monte Baliño, de Pantón

- EEI de Sarria

- CEIP Celso Currás, de Trabada

- CPR Landro, de Viveiro

- EEI San Roque, de Viveiro

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000