Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

21/04/2018

O Goberno rende homenaxe a Jorge Tato Rey na XXXV Copa Deputación de Fútbol, que reunirá a preto de 300 equipos

- O Presidente, xunto ao Deputado e o Concelleiro de Deportes, e o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, presentaron o evento deportivo que reunirá a clubs lucenses de todas as categorías durante os meses de maio a xuño por toda a provincia

- Campos Conde subliñou que “Jorge sempre estará no noso recordo e por iso queremos que esta Copa, nun ano especial pois cómpre 35 edicións, leve o seu nome”

- O Presidente engadiu que “a Copa Deputación move a un importante número de persoas, entre xogadores, corpo técnico, afeccionados e familiares, que durante dous meses participarán nos diferentes encontros, coa consecuente repercusión económica”

- O organismo provincial achega 100.000 euros á organización deste evento deportivo, co que promove o fútbol base lucense.  Ademais, en resposta á petición dos propios clubs, o Executivo asume os custes de arbitraxes e desprazamentos

- Tras a presentación, realizouse o sorteo de emparellamentos. En total, repartiranse 22.500 euros en premios entre os primeiros clasificados de cada categoría

210418 FOTO COPA DEPUTACIÓN I

O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este sábado no Pazo de San Marcos a XXXV Copa Deputación de Fútbol Memorial Jorge Tato, que organiza o Executivo coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e aos familiares do rapaz homenaxeado, Jorge Tato Rey. O organismo provincial achega 100.000 euros á organización deste evento deportivo, no que participarán preto de 300 equipos de todas as categorías do fútbol lucense. Ademais, en resposta á petición dos propios clubs, o Executivo asume os custes de arbitraxes e desprazamentos.

Campos Conde subliñou que “para nós é unha grande satisfacción poder facerlle esta sentida homenaxe a Jorge Tato, cuxos familiares e compañeiros do Vilalbés nos acompañan hoxe, cando se cumpren dous anos dende que nos deixou. Jorge sempre estará no noso recordo e por iso queremos que esta Copa, nun ano especial pois cómpre 35 edicións, leve o seu nome”.

Tras a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia. “Con esta iniciativa buscamos fomentar o deporte base lucense, ao mesmo tempo que dinamizamos a economía da provincia, pois a Copa Deputación move a un importante número de persoas, entre xogadores, corpo técnico, afeccionados e familiares, que durante dous meses participarán nos diferentes encontros programados”, apuntou o Presidente.

Categorías e grupos de competición

- Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina

- Segunda e Terceira Autonómica Masculina

- Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo 1º

- Pre-benxamín F-8

- Benxamín F-8

- Alevín F-8

- Infantil

- Cadete

- Xuvenil

- Fútbol Veterano

Premios

A cada un dos finalistas das categorías de fútbol base corresponderalle trofeos e medallas que serán aportados pola Deputación.

- Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina: 1º clasificado 5.000 euros e 2º clasificado 4.000 euros.

- Segunda e Terceira Autonómica Masculina: 1º clasificado 4.000 euros e 2º clasificado 3.000 euros.

- Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo primeiro: 1º clasificado 3.750 euros, 2º clasificado 2.000 euros, 3º clasificado 500 euros e 4º clasificado 250 euros.

Imáxenes

210418 FOTO COPA DEPUTACIÓN II 210418 FOTO COPA DEPUTACIÓN

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000