Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

20/04/2018

O Goberno da Deputación promove con 120.000 euros unha nova edición da Copa Deputación de Fútbol e Piragüismo

- En concreto, son 100.000 euros para a organización da XXXV Copa Deputación de Fútbol, que se celebrará entre os meses de maio e xuño; e 20.000 euros para a VIII Liga Provincial de Piragüismo, que contará con seis probas dende abril a setembro

- Santos Ramos subliñou que “somos coñecedores da gran repercusión económica que teñen para o conxunto da provincia, así como para o impulso do deporte base lucense”

- O Deputado avanzou que “o torneo de fútbol reunirá a preto de 300 equipos, dende a categoría prebenxamín ata veteranos. Trátase dunha edición especial, pois decidimos facerlle unha homenaxe a Jorge Tato Rey, que nos deixou fai dous anos”

- “Nas probas da Liga de Piragüismo participarán de media uns 250 palistas, aos que se suman familiares e espectadores, o que dá boa conta da relevancia desta competición para a nosa provincia, sendo un importante revulsivo económico”

200418 XG-Piragüismo-Fútbol

O Executivo aprobou este venres na Xunta de Goberno a posta en marcha da XXXV Copa Deputación de Fútbol e a VIII Liga Provincial de Piragüismo. Así o informou o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, quen apuntou que “destinamos 120.000 euros á promoción de ambos eventos deportivos, pois somos coñecedores da gran repercusión económica que teñen para o conxunto da provincia, así como para o impulso do deporte base lucense”.

Santos Ramos avanzou que “o torneo de fútbol reunirá a preto de 300 equipos, dende a categoría prebenxamín ata veteranos, entre os meses de maio e xuño. Trátase dunha edición especial, pois decidimos facerlle unha homenaxe a Jorge Tato Rey, xogador do Racing Club Vilalbés, que tristemente nos deixou fai dous anos. Pola súa parte, a Liga Provincial de Piragüismo comezará a finais deste mes e prolongarase ata setembro. Contará con seis probas nas que participarán de media uns 250 palistas, aos que se suman familiares e espectadores, o que da boa conta da relevancia desta competición para a nosa provincia, sendo un importante revulsivo económico”.

Sorteo da Copa Deputación

O Deputado de Relacións Institucionais subliñou que “mañá mesmo, nas instalacións do Pazo de San Marcos celebrarase o sorteo da Copa Deputación de Fútbol coa participación de representantes de todos os equipos participantes e de membros da Federación Galega de Fútbol”. O sorteo terá lugar a partir das 12:00 horas no Salón de Plenos da Deputación de Lugo.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000