Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

16/04/2018

Lugo contará en 2019 coa 1ª unidade de patoloxía dual de Galicia, por iniciativa de FUDACE e da Deputación

- FUDACE está a construir en Castro Riberas de Lea a 1ª unidade de patoloxía dual de Galicia nun solar de 80.000 metros cadrados que lle cedeu gratuitamente a Deputación por un período de 50 anos

- Darío Campos destacou que “a Deputación implicouse neste proxecto para dar apoio á  importante labor social que desenvolve na nosa provincia esta asociación que, na actualidade, está a atender máis de 60 persoas nas súas instalacións”

- O novo edificio que está a construir FUDACE ten capacidade para atender as necesidades especiais de 16 persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento

160418 Presidente-FUDACE

O apoio do Goberno da Deputación fará posible que a nosa provincia conte o ano que vén coa 1ª unidade de patoloxía dual existente en Galicia, que será a segunda en España, xa que só hai unha en Palencia. A Fundación de Dano Cerebral (FUDACE) está a construir a unidade de patoloxía dual nos terreos que lle cedeu de xeito gratuíto a Deputación. Son 80.000 metros cadrados de terreo, que teñen un valor catastral de 500.000 euros, cedidos polo Goberno da Deputación a FUDACE durante un período de 50 anos.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacou que “a Deputación implicouse neste proxecto para dar apoio ao importante labor social que desenvolve esta asociación que, na actualidade, está a atender nas súas instalacións máis de 60 persoas”. Campos Conde explicou que “esta colaboración con FUDACE débese a nosa política de apoio ás persoas con necesidades especiais” e agradeceu “o esforzo, a xenerosidade e o compromiso social de entidades como FUDACE que traballan para dar unha boa atención a estes colectivos de persoas vulnerables que teñen necesidades especiais”.

O Presidente de FUDACE, Luis Abelleira, explicou que a obra da unidade de patoloxía de duales “xa está comezada e acabará antes do remate de ano, polo que en 2019 xa estaremos dando o servizo” e remarcou que as novas instalacións serán posibles “grazas á receptividade e implicación da Deputación que nos cedeu moitos metros alí para levantar un edificio que suporá un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros”.

Abelleira lembrou que a unidade atenderá a persoas de toda a Galicia e informou de que o novo centro disporá de 16 habitacións para dar cobertura ás necesidades especiais das persoas que sofren este tipo de patoloxías, xa que nalgúns momentos poden ter crises que conlevan situacións de agresividade.

Dúas fincas

Os terreos cedidos pola Deputación a FUDACE para a construción das novas dotacións atópanse a carón das instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro. Son 2 fincas. Unha de 10.274 metros cadrados, onde na actualidade FUDACE ten o seu centro referencia en Castro de Rei, no que atende 63 persoas con dano cerebral tanto en réxime de residencia como de centro de día e nas que traballan 48 profesionais para a súa atención.

Na segunda finca, de 71.791 metros cadrados, FUDACE constrúe o novo edificio con dita unidade de patoloxía dual. Terá capacidade para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 45. Nestas instalacións prestarase servizo a persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento, que requiren dunha atención moi especializada.

O acordo con FUDACE enmárcase na política do Goberno provincial de dar uso público e social ao patrimonio provincial, que é de todo os cidadáns. Así, a Deputación tamén cedeu gratuitamente o San José a ASPNAIS ou a gardería do Campus a Raiolas, onde estes colectivos sociais tamén van a ampliar os seus servizos para persoas con capacidade diferentes, que necesitan dunha atención especializada.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000