Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

16/04/2018

A Festa da bola de liscos e das freces de Bretoña aspira ser declarada de Interese Turística de Galicia

- Campos Conde, Iglesias Sierra e Lindín Loisanos presentaron a X edición desta cita gastronómica coa que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros, ademais de exhibir un selecto grupo de materiais de artesanía do CENTRAD

- O Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila

- Haberá postos de artesanía, gastronomía, exposición de coches antigos e mexilóns. O pregón desta edición correrá a cargo do xornalista local, Antón Galocha, e, por suposto, os visitantes poderán degustar a bola de liscos e das freces na Praza Maior

160418 BOLA DAS FRECES

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, e o Presidente da Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, Luís Lindín Loisanos, presentaron este luns no CENTRAD, a X Edición da Festa de bola de liscos e das freces da Pastoriza, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, na que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros. Ademais nesta ocasión, tamén haberá unha exposición dun selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.

Campos Conde avanzou “que o Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila. Esta pasada fin de semana vimos de apoiar a festa dos Ferreiros de Riotorto coa que tamén colaborou o Goberno da Deputación, a anterior semana estivemos en MOEXMU en Cospeito. E esta semana estaremos con vós en Bretoña, na Pastoriza”.

O Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación e convidou a todos os visitantes a achegarse á vila nestas datas. Ademais, avanzou que o Concello está traballando para declarar esta cita gastronómica Festa de Interese Turístico de Galicia.

21 e 22 de abril

A festa, comeza o día 21 de abril, sábado, con festa e verbena a cargo do trío Maracuya e a solista Verónica Cambón. O día grande o 22 de abril, domingo, comeza ás 10:00 horas coa apertura do recinto feiral na Praza Maior, a partir das 12:00 horas o xornalista local, Antón Galocha será o encargado de pronunciar o pregón desta festa. E a partir das 13:00 horas ábrese a carpa coa degustación da bola de liscos e das freces.

Ademais, durante estas dúas xornadas haberá postos de artesanía, gastronomía, exposición de coches antigos e polbo polas rúas da vila. E como novidade, o CENTRAD da Deputación exhibirá un selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.

A organización, con motivo do X aniversario da Festa ten previsto facer unha degustación gratuíta de mexilóns polos bares do Concello o sábado 21 de abril, e o domingo dia 22, haberá degustación na carpa da feira.

Bola de liscos e das freces

A bola de liscos está feita sen moldes sobre verzas con liscos, touciño, chourizo, e será elaborada con produtos de porco celta; e a bola de freces pode considerarse un postre-comida, típico da zona da Pastoriza. Para a súa elaboración son necesarios manteiga, ovos, fariña, pan e leite. Os visitantes poderán desgustar estes exquisitos produtos tradicionais por un prezo de 2 euros cada ración.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000