Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

16/04/2018

O Pazo de San Marcos acolle un curso para técnicos sobre espazos naturais protexidos e Rede Natura 2000

- Fernández Queipo e París Gómez inauguraron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o curso que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), coa colaboración do Executivo Provincial

- Durante as 3 xornadas, nas que están inscritos 25 técnicos, analizarán as funcións dos espazos naturais protexidos e a súa relación co benestar humano, coñecerán ferramentas para a súa xestión e aproveitamento de oportunidades que estes ofrecen

- No último día participarán alcaldes e membros de asociacións e colectivos para explicar e amosar exemplos de boas prácticas e administración de espazos naturais

160418 DSC_0011

O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e o Coordinador do Programa de Educación Ambiental do CEIDA, Sergio París Gómez, inauguraron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Curso de Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura dende a óptica municipal, que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), coa colaboración do Executivo Provincial. Esta cita, que se desenvolverá durante os días 16, 17 e 18 de abril, ten como fin analizar e comprender as funcións dos espazos naturais protexidos e a súa relación co benestar humano, dalos a coñecer e facilitar ferramentas para a súa xestión, así como presentar experiencias de éxito na xestión e o aproveitamento de oportunidades que estes ofrecen.

Estas 3 xornadas medioambientais, nas que están inscritos 25 técnicos e persoal de servizos municipais da provincia, estarán impartidas polo técnico especializado en planificación e xestión de espazos naturais protexidos, Sergio París Gómez. Ademais, durante o último día do curso participarán alcaldes e membros de asociacións e colectivos para explicar e amosar exemplos de boas prácticas e administración dos espazos naturais protexidos.

Programación da xornadas

O Curso de Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura dende a óptica municipal, que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), coa colaboración do Goberno da Deputación, divídese en 3 xornadas:

Luns, 16 de abril

De 9:30 a 14:00 horas:

- Función dos Espazos Naturais Protexidos: Qué queremos conservar?

- Concepto de biodiversidade (específica, funcional, xenética).

- Hábitats e especies de interese para a conservación.

- Patrimonio xeolóxico.

- Patrimonio inmaterial.

- Servizos dos ecosistemas.

- Historia dos Espazos Naturais Protexidos.

- Espazos Naturais Protexidos para o benestar humano.

- Espazos Naturais Protexidos en Galicia: definición, categorías, obxectivos.

- Normativa e competencias de xestión.

- A Rede de Espazos Naturais Protexidos de Galicia.

De 16:00 a 19:00 horas

- As Directivas Hábitats e Aves.

- Rede Natura 2000: definición, obxectivos e valores de conservación.

- Competencias de xestión.

- A Rede Natura 2000 en Galicia.

Martes, 17 de abril

De 9:00 a 14:00 horas

- Planificación, normativa e limitacións.

- Competencias municipais en ENP e RN2000.

- Xestión territorial e urbanística.

- Uso público e turismo.

- Desenvolvemento socioeconómico en ENP.

- Fontes de financiamento.

- A participación cidadá e a custodia do territorio.

De 16:00 a 19:00 horas: O Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia.

Mércores, 18 de abril

De 9:00 a 13:00 horas: Presentación de experiencias e exemplos de éxito.

- Asesoramento en materia de xestión municipal da biodiversidade en áreas urbanas e - Natura 2000. Ana Belén Pardo Cereijo (Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga – CEIDA).

- O programa “Sociedad y Áreas Protegidas” de EUROPARC-España. Javier Puertas

- Custodia do Territorio e administracións locais. O caso da Deputación de Lugo. Martiño Cabana Otero (Asociación Galega de Custodia do Territorio).

- O Parque Natural de Somiedo como motor de desenvolvemento local. Belarmino Fernández Fervienza (Alcalde de Somiedo)

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000