Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

14/03/2018

Último día para que Concellos, asociacións e comisións se inscriban no Musiqueando da Deputación

- Poderán solicitar ata o venres, 15 de marzo, a inclusión nesta programación coa que poderán contratar bandas, grupos corais e grupos de música tradicional da provincia

- As actuacións musicais celebraranse en ducias de localidades do rural da provincia entre os meses de maio e outubro. Só se pode solicitar unha actuación por anualidade

- Na www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado con toda a información e documentación a presentar. Máis información 982 260 141

Último día para que Concellos, Asociacións e Comisións de festas se inscriban no Musiqueando da Deputación. Trátase da programación dotada con 160.000 euros coa que o Goberno Provincial impulsa a música tradicional na provincia, así como a creación e mantemento de corais, bandas ou grupos tradicionais. Os Concellos, asociacións ou comisións poden inscribirse ata mañá, 15 de marzo, ás 14:00 horas. Na www.deputacionlugo.gal hai habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Cómpre subliñar que os Concellos e entidades que soliciten as actuacións deberán cumprir con diferentes medidas, como organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento, non facer ningunha modificación na actuación sen a autorización da Deputación, ou empregar o galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento. O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que soliciten ditas actuacións. Grazas a esta programación, no 2017 realizáronse 220 actuacións, na que participaron 22 bandas, 26 corais e 64 grupos de musica tradicional galega.

Musiqueando 2018

O Musiqueando está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para a contratación de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas. As axudas que se conceden son para actuacións musicais que se celebrarán entre os meses de maio a outubro de 2018, os beneficiarios poderán solicitar unha actuación por anualidade.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000