Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

13/03/2018

COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

  1. A Deputación de Lugo recibiu a solicitude de axuda por parte de agrupacións de Protección Civil da provincia, que trasladaron á institución provincial a situación xerada polo drástico recorte dos fondos da Xunta de Galicia para o funcionamento deste servizo.
  1. Segundo trasladaron os propios afectados, e SEGUNDO SE PODE CONSTATAR NA PUBLICACIÓN DO DOG QUE SE ADXUNTA (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170821/AnuncioG0244-090817-0005_gl.pdf) , nos últimos anos a Xunta recortou ata nun 50% as axudas aos grupos de Protección Civil da provincia de Lugo.
  1. Diante desta situación, a Deputación de Lugo habilitou unha liña especial de axudas aos concellos da provincia dentro do Plan Único co fin de paliar os efectos dos recortes da Xunta no financiamento dos servizos de Protección Civil.
  1. A Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos da provincia 170.000 euros para melloras nos servizos de Protección Civil.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000