Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

12/03/2018

O debuxante Siro doa tres obras da súa colección ao Museo Provincial da Deputación

- As doazóns son tres retratos realizados en témpera de persoeiros moi coñecidos lucenses como son Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro

-  A Deputada de Cultura recibiu de mans do debuxante estas pezas que xa forman parte do catálogo do Museo Provincial da Deputación

- Siro López (Ferrol, 1943)  é un artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura, o deseño, ademais da súa faceta como escritor. Pode definirse como un herdeiro de Castelao, pero ao mesmo tempo creador dun estilo propio

120318 DEPUTACION-DOAZON DE SIRO LOPEZ

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, recibiu de mans do debuxante Siro tres obras da súa colección que doou ao Museo Provincial, e que xa forman parte do catalogo de pezas do Museo. As doazóns son tres retratos realizados en tempera de persoeiros moi coñecidos lucenses como son Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.

García Porto agradeceu a implicación e a xenerosidade de Siro con todos os lucenses, coa doazón destas pezas. “Para nós é unha honra e un orgullo que os museos da Rede Museística da Deputación poidan exhibir pezas dun dos mellores artistas galegos. O seu traballo ao longo de todos estes anos é un verdadeiro agasallo para a nosa cultura, e para todos os galegos”.

A Deputada lembrou que “o Museo Provincial xa acolleu no mes de novembro, a primeira gran retrospectiva deste caricaturista, unha colección que repasaba a vida e obra deste artista a través de máis 50 de obras. Unha mostra que recoñecida a ampla traxectoria de Siro que abrangue dende a caricatura, a ilustración, a pintura ou o deseño”.

García Porto definiu a obra de Siro como “a dun herdeiro de Castelao, pero ao mesmo tempo é creador dun estilo propio. Siro é, ante todo, un humorista gráfico. Un artista que, ao longo de case 50 anos, soubo reflectir de forma cómica a realidade histórica, social e cultural de Galicia e de España. Fíxoo a través das súas colaboracións diarias na prensa, sobre todo no xornal La Voz de Galicia, no que foi desvelando en clave de humor o acontecer diario da vida política española”, resumiu.

Retrato de tres lucenses

As doazóns que realizou Siro aos fondos provinciais son tres retratos realizados en tempera de persoeiros moi coñecidos lucenses como son Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro. O retrato de Paco Pestana, escultor nado en Castroverde no 1949 que xa expuxo en museos de todo mundo, esta realizado en témpera sobre papel, 41 x 29 cm. O retrato de Celestino Fernández de la Vega, outra témpera sobre papel, 62 x 45 cm., é unha das figuras mais importantes do galeguismo; e por último o referente da xeneración Galaxia, Ramón Piñeiro, outra tempera de 73,5 x 54.

Autor dunha extensa obra gráfica

Siro López Lorenzo, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño, ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista Chan, da man de Borobó. Neste mesmo ano, por iniciativa de Xaime López e apadriñado por Miguel González, fai a súa primeira exposición no antigo local de “Toxos e Froles” de Ferrol, mostra que tivo un enorme éxito. Siro non se limitou á caricatura e ao humorismo gráfico, senón que, como bo artista que é, foi ampliando os seus horizontes artísticos para incluír a paisaxe e o retrato e, máis recentemente, o debuxo con Ipad. Ademais, xunto con Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o Museo do Humor de Fene.

Sonidos

Imáxenes

120318 DEPUTACION-DOAZON DE SIRO 2

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000