Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

12/03/2018

Outros 650 maiores da provincia se beneficiaron dos descontos da Deputación en tratamentos termais

- Campos Conde e López Izquierdo mantiveron este luns un encontro con usuarios do Lugo Termal 2017, no Hotel Balneario de Lugo. Trátase da programación do Executivo Provincial para lucenses maiores de 55 anos con descontos en tratamentos mineromedicinais co fin de potenciar o benestar social e impulsar o turismo termal

- Foron 644 lucenses os que se beneficiaron desta iniciativa provincial. En concreto o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, acolleu a 404 persoas; o Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei, a 155; e o Hotel Balneario de Lugo, a 85 maiores

- O Presidente destacou que “esta programación segue a espertar un grande interese entre os maiores da provincia, pois foron máis de 6.000 lucenses os que participaron no Lugo Termal durante as sete edicións que levamos desenvolvido ata agora”

- Ofrécense outras 111 prazas con descontos desta programación. Os interesados deben cubrir os formularios de inscrición, que están en www.deputacionlugo.gal e presentalos cubertos xunto a 2 copias do DNI no Rexistro Provincial

120318 DSC_0081

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; e a Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; acompañados do Director do Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, Antonio Garaloces Paz, mantiveron este luns un encontro con usuarios do Lugo Termal 2017, nas instalacións do balneario lucense. Trátase da programación que ofrece o Executivo Provincial para lucenses maiores de 55 anos con descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais co fin de potenciar o benestar social e impulsar o turismo termal na provincia.

En total, foron 644 lucenses os que se beneficiaron desta iniciativa e que desfrutaron de diferentes técnicas termais nos 3 balnearios da provincia, que se adheriron ao Lugo Termal 2017. En concreto o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, acolleu a 404 persoas; o Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei, a 155; e o Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, a 85 maiores.

Campos Conde explicou que “dende que iniciamos esta edición, no mes de decembro, xa foron preto de 650 maiores os que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos que ofrecemos dende o Goberno da Deputación. Sen dúbida, esta programación segue a espertar un grande interese entre os maiores da provincia, pois foron máis de 6.000 persoas maiores de 55 anos as que participaron no Lugo Termal durante as sete edicións que levamos desenvolto”.

Ademais, o Presidente subiñou que “dentro da nosa aposta por ser unha Deputación social e coas persoas, que traballa por mellorar o benestar dos nosos maiores, ofrecemos atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos; así como programas específicos a persoas con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial”.

Preto de 650 persoas

Os paquetes con descontos e os participantes nos mesmos foron os seguintes:

- Con estancia, paquete que elixiron 565 persoas: foron 6 días con 5 noites de estancia, no que o día de entrada foi o domingo e o de saída o venres. Foron 5 pensións completas. Incluíu 12 técnicas de saúde, un recoñecemento médico á chegada, un programa de animación sociocultural de luns a xoves, asistencia especializada e programas específicos para persoas con problemas de mobilidade ou incapacidade. Todo isto por un prezo de 190 euros.

- Sen estancia, paquete que elixiron 79 persoas: con prezos de 200 euros para 30 técnicas terapéuticas, durante 10 días; e un recoñecemento médico.

Máis prazas nos 3 balnearios

O Goberno da Deputación ofrece outras 111 prazas con descontos do Lugo Termal 2017. Os interesados en participar deben cubrir os formularios de inscrición, que están en www.deputacionlugo.gal e presentalos cubertos xunto a dúas copias do DNI no Rexistro Provincial. Ademais, haberá unha lista de espera por si quedan prazas libres, para cubrilas. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terá a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.

Sonidos

Imáxenes

120318 DSC_0037-2 120318 DSC_0106

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000