Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

08/03/2018

O Goberno da Deputación súmase ás reivindicacións de igualdade no Día Internacional da Muller

080318 FOTO CONCENTRACIÓN II

O Goberno da Deputación súmase ás reivindicacións de igualdade no Día Internacional da Muller, que se celebra este 8 de marzo, conmemorando a loita das mulleres por alcanzar a igualdade na sociedade. O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado de varios membros do equipo de Goberno, participou na concentración que tivo lugar diante do Pazo de San Marcos co fin de concienciar e loitar contra a desigualdade entre mulleres e homes. Ademais, o Executivo Provincial aprobou unha declaración institucional con motivo do Día Internacional da Muller.

Campos Conde convidou a tódolos gobernos locais a sumarse á celebración desta xornada “para reflexionar sobre o grao de avance na loita contra a desigualdade e para emprender cantas accións sexan precisas en prol dos dereitos das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade. É oportuno salientar que as entidades locais somos claves na erradicación da violencia de xénero. Só traballando dende o territorio poderemos acabar coa violencia contra as mulleres, as súas fillas e fillos e fomentar a construción dunha sociedade libre”.

“Así mesmo consideramos que a fenda salarial entre mulleres e homes constitúe unha discriminación por razón de sexo xunto coa precariedade e temporalidade entroutras cuestións de índole social que impiden ás mulleres participar en igualdade de condicións. As nosas sociedades deben desenvolverse como espazos de convivencia, onde exista unha igualdade real e efectiva que rompa coas discriminacións de xénero e estereotipos froito do patriarcado e onde a muller alcance o seu pleno crecemento e contribúa a unha sociedade máis xusta”.

“As mulleres cada vez sofren máis desequilibrio salarial, cobran menos, hai máis paro, e o traballo, como sinalan os datos, son máis precarios. Sen esquecer a lacra da violencia machista. Dende esta Deputación traballamos para facer realidade a igualdade. Por iso, expresamos o noso compromiso co mandato constitucional e a vontade de promover dende os Concellos o pleno establecemento desa igualdade real e efectiva.”

Sonidos

Imáxenes

080318 FOTO CONCENTRACIÓN

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000