Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

07/03/2018

Campos Conde recibe aos pilotos de rally lucenses becados polo Goberno da Deputación con 45.000 euros

- O Presidente, o Deputado de Deportes e o Concelleiro de Deportes de Lugo, mantiveron un encontro cos 16 pilotos que recibiron axudas en réxime de concorrencia competitiva, de entre 764 e 7.000 euros do organismo provincial

- Con estas axudas poderán sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo

- O Goberno achega máis de 130.000 euros para a promoción do automobilismo na provincia. Faino a través da liña de axudas para pilotos, co Volante Deputación, e o apoio ao Rally San Froilán, o Rally da Ulloa e as Subidas a Chantada e á Pontenova

070318 RECEPCIÓN RALLY

O Presidente, Darío Campos Conde, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, recibiron este mércores no Pazo de San Marcos aos pilotos de rally lucenses becados polo Goberno da Deputación, dentro da pioneira liña de axudas que o Executivo puxo en marcha para profesionais do automobilismo da provincia cun orzamento total de 45.000 euros.

En total, foron 16 profesionais lucenses os que resultaron beneficiados destas axudas de concorrencia competitiva, é dicir, ás que puideron optar todos os interesados que participaron na modalidade de rally de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2017. Son 7 profesionais do Concello de Lugo, 2 de Castroverde, 2 de Outeiro de Rei, 2 de Friol, 1 de Castro de Rei, 1 de Monterroso, e 1 de Sarria.

As becas van dende 764 euros ata 7.000 euros e con elas poderán sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.

Axudas de máis de 130.000 euros para a promoción do automobilismo

O Goberno da Deputación achega máis de 130.000 euros para a promoción do automobilismo na provincia. Faino a través da liña de axudas para pilotos de rally, que conta cun orzamento de 45.000 euros; a organización do Volante Deputación, con 17.000 euros, grazas ao que 185 afeccionados beneficiáronse dos cursos de formación técnica e condución segura impartidos na Escuela PTC da Pastoriza; e das catro probas automobilísticas que se disputan por excelencia na provincia: o Rally San Froilán, o Rally da Ulloa, a Subida a Chantada e a Subida á Pontenova, con 68.000 euros.

Imáxenes

070318 RECEPCIÓN RALLY II

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000