Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

07/03/2018

O Goberno da Deputación renova con 56.000 euros o Campo da Feira de Sobrado en Baralla

- O Deputado de Relacións Institucionais inaugurou este espazo xunto aos veciños, un lugar vital de encontro, no que o Executivo Provincial investiu máis de 56.000 euros

- Santos Ramos destacou que “as melloras realizadas neste espazo benefician tanto aos veciños de Baralla, como aos visitantes de concellos limítrofes, xa que ata máis 1.000 persoas ateigan este recinto nos meses de verán”

- O Deputado avanzou que “co arranxo desta infraestrutura damos resposta ás demandas veciñais da Comunidade de Montes veciñais en Man Común Santa Cruz de Picato, que solicitara o acondicionamento deste recinto”

070318 DSC_0037-1

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, acompañado do Presidente da Comunidade de Montes, José Manuel Núñez Fernández e veciños de Baralla, inauguraron este mércores o renovado campo da feira de Sobrado, no concello de Baralla, precisamente o día da celebración da romaría. O Executivo Provincial realizou unha achega económica de máis de 56.000 euros, dentro da súa aposta por unha Deputación, social, rural e coas persoas.

Santos Ramos explicou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos coa mellora das dotacións públicas das que dispoñen os nosos veciños, especialmente os do rural, pois favorecemos a dinamización social desta localidade. Contribuímos tamén á posta en valor deste entorno, que beneficia tanto aos veciños de Baralla, como aos visitantes habituais de concellos limítrofes como o Corgo, Castroverde, Láncara e Lugo, chegando a superar o milleiro de persoas durante celebracións no verán”.

Núñez Fernández agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación, pois “permite poñer en valor este espazo que historicamente foi fundamental para o desenvolvemento socioeconómico do Concello de Baralla”.

Melloras realizadas

En base ao orzamento da Deputación realizáronse unha serie melloras co fin de acondicionar e poñen en valor este espazo. A principal foi a instalación dunha base de formigón para impedir o paso da auga ao interior nos días de choiva. Ademais, engadiuse unha pérgola que permite que os veciños poidan usar este espazo como lugar de reunión durante os meses de inverno, como por exemplo para os magostos e outros eventos sociais. Con cargo a este investimento instaláronse dentro do recinto bancos e unha fonte de uso común. E por último, para as persoas maiores, habilitouse un espazo con xogos biosaudables, que contaba tamén cunha alta demanda dentro da comunidade. Con todo, a zona verde do campo da feira respectouse nesta rehabilitación.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000