Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

07/03/2018

A Deputación achega 1 millón de euros ao Plan de roza, que aumenta 200.000 euros

- O Goberno da Deputación de Lugo achega 1 millón de euros ao proxecto de contratación do Plan de roza que ten en marcha o Executivo Provincial, que este ano incrementa o seu orzamento en 200.000 euros.

- O BOP recolle este mércores o anuncio de recepción de documentación para todos aqueles interesados en participar neste Plan.

- O prazo estará aberto dende mañá xoves, dia 8 de marzo, ata o 2 de abril. A rede viaria provincial de Lugo é a máis extensa de España ao superar os 4.300 quilómetros.

O Vicepresidente, Manuel Martínez, explicou que para a adxudicación e execución da roza dividiuse a rede viaria en 24 zonas para favorecer a contratación dun maior número de autónomos e PEMES da provincia. “Este plan, cumpre un dobre obxectivo, xa que por unha banda melloramos as estradas provinciais e ao mesmo tempo contribuímos a dinamizar a economía e xerar emprego coa contratación de moitos pequenos autónomos que traballan neste sector”, sinalou.

24 zonas de actuación

Debido á dificultade que conlevan estes traballos, tendo en conta que a maioría das estradas non sobrepasan os 5 metros de ancho e teñen cunetas cun grande desnivel, decidiuse facer unha división en 24 zonas de actuación completamente diferenciadas, co fin de adecuar os traballos ás necesidades de cada unha delas.

Zona 1: Vicedo, Viveiro, Xove, Xermade e Ourol cun investimento de 55.791 euros

Zona 2: Burela, Foz, Cervo, O Valadouro e Alfoz cun investimento de 45.382 euros

Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba cun investimento de 55.925 euros

Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá cun investimento de 36.573 euros

Zona 5: Mondoñedo e Abadín cun investimento de 29.438 euros

Zona 6: A Pontenova, Riotorto e Pastoriza cun investimento de 49.493 euros

Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte cun investimento de 44.462 euros

Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira cun investimento de 39.152 euros

Zona 9: Lugo e Guntín cun investimento de 41.171 euros

Zona 10: Castroverde e o Corgo cun investimento de 37.791 euros

Zona 11: Friol cun investimento de 30.269 euros

Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara cun investimento de 37.762 euros

Zona 13: Ribeira de Piquín e a Fonsagrada cun investimento de 41.500 euros

Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna cun investimento de 37.161 euros

Zona 15: Becerreá e As Nogais cun investimento de 32.142 euros

Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro cun investimento de 47.575 euros

Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei cun investimento de 45.315 euros

Zona 18: Páramo, Paradela e Sarria cun investimento de 39.305 euros

Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos cun investimento de 30.359 euros

Zona 20: Taboada e O Saviñao cun investimento de 41.728 euros

Zona 21: Chantada e Carballedo cun investimento de 47.960 euros

Zona 22: Folgoso de Courel, Quiroga e Ribas de Sil cun investimento de 45.639 euros

Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos cun investimento de 45.340 euros

Zona 24: Pantón e Sober cun investimento de 41.856 euros.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000