Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

07/03/2018

O MusicAD da Deputación trae esta semana as actuacións de Carmen Penín e Tango en Xan3iro

- Os concertos terán lugar o xoves e o sábado, ás 20:30 horas, na Capela de Santa María. Unha iniciativa do Executivo Provincial en impulso do xénero folk na capital luguesa

- As entradas, que son totalmente gratuítas, recóllense na propia Capela de Santa María. Máis información: www.deputacionlugo.org ou 982 21 00 66.  

Tralo éxito do primeiro concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre o pasado sábado, a sala de exposicións da Capela de Santa María acollerá esta semana a segunda e terceira actuación dentro do MusicAD: Carmen Penín e Tango en Xan3iro, ambas ás 20:30 horas. Esta iniciativa, que ofrece o Goberno Provincial, cunha programación de 5 concertos, busca impulsar o xénero folk na capital luguesa ao longo do mes de marzo. As entradas, que son totalmente gratuítas, recóllense na Capela de Santa María. Máis información: www.deputacionlugo.org ou 982 21 00 66.

O xoves 8 de marzo, Carmen Penín representará Herdeiras. Segundo a propia artista, a obra pretende resaltar o papel das mulleres na época da guerra civil e a posguerra, coa mostra do seu valor, resistencia, compromiso e solidariedade. Con ela quere facer un chamamento á unidade e á empatía entre todas as mulleres, independentemente do seu lugar de procedencia. E por último, pretende tamén chamar a atención de toda persoa demócrata sobre a Memoria Histórica como vehículo de reconciliación e xustiza.

O sábado 10 de marzo, Tango en Xan3iro estará en concerto. Unha banda, que xorde no Berce do Miño a finais do ano 2015, e está formada por por: Marisa Dapereira no acordeón, Patricia Coucheiro na voz, Xosé Ramón Saborido no clarinete baixo e Bruno Villamor na zanfona, gaita e requinta. Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.

Encontro con TRIAD

O día 24 de marzo os compoñentes da banda irlandesa TRIAD manterán un encontro, na Capela de Santa María, cos seus seguidores. As prazas para este cita son limitadas e a inscrición realizase a través do correo: info.centrad@deputacionlugo.org

O resto da programación

- Sábado 17 de marzo: A banda folk Os d'Abaixo está formada, por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Presentan nesta actuación Quixera ser dos paxaros, o seu segundo disco, composto por temas provintes dun grande traballo de investigación, ao que tamén se adica a banda. Un disco máis intimista onde o compoñente estético ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía.

- Sábado 24 de marzo: Dónal Lunny, Pádraig Rynne e Sylvain Barou forman o grupo irlandés Triad. Lunny é membro fundador de bandas como Planxty, The Bothy Band, Moving Hearts and Coolfin. Lunny, quen actuou con artistas como Mark Knopfler, estivo á vangarda da evolución da música tradicional irlandesa durante máis de trinta e cinco anos. Rynne é membro fundador de Guidewires e está involucrado en moitos proxectos innovadores da música irlandesa, e Barou, ao que se lle atribúe o axudar música bretoa a evolucionar coa súa xeración, tamén foi membro fundador de Guidewires.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000