Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

06/03/2018

Deputación e Concello de Lugo reforzan a colaboración coa Fundación Juan Soñador, na atención a 400 persoas en risco de exclusión

- Santos Ramos, López Izquierdo e González Abelleira mantiveron este martes un encontro con usuarios deste colectivo no novo local que posúen na capital lucense, para coñecer in situ as colaboracións que manteñen Deputación e Concello de Lugo

- As axudas dos Gobernos Provincial e Municipal permiten á asociación dotar de novo equipamento e calefacción ao novo centro, así como ofrecer apoio e asesoramento escolar a 160 rapaces e ás súas familias, que están en situación de vulnerabilidade 

- Santos Ramos destacou que “esta colaboración permite á Fundación contar cun equipamento moderno e de calidade para seguir prestando atención profesional a 130 familias lucenses e formación e asesoramento a 170 persoas desempregadas”

- O colectivo presta, a través dos 13 profesionais cos que conta no seu persoal,  servizos de apoio escolar, talleres educativos e de competencias sociais, de igualdade e xénero, formación laboral, así como actividades de ocio e tempo libre a máis de 400 persoas

060318 DSC_0097

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; a Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, mantiveron este martes un encontro con usuarios da Fundación Juan Soñador de Lugo, así como coa coordinadora territorial da Fundación, Eloína Ingerto López; no novo local que posúe o colectivo na capital lucense e que permite unificar a maioría dos servizos que presta. Deputación e Concello de Lugo colaboran coa asociación cunha achega económica de 6.000 euros no equipamento de dito local, e no desenvolvemento do programa socioeducativo Na Rúa, no que atenden a 160 rapaces, de entre 13 e 17 anos, en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social.

Dende o ano 1997 ata a actualidade, a Fundación Juan Soñador leva desenvolvido a súa actividade en espazos e locais cedidos en uso dentro do Colexio Divina Pastora-Salesianos de Lugo. Grazas ao apoio do Executivo Provincial, o colectivo ofrecerá, totalmente gratis, neste novo centro, os seus proxectos de atención á infancia e ás súas familias. En concreto a axuda da Deputación permitiu dotar ao inmoble de novo mobiliario como mesas, cadeiras, estantes, equipos informáticos como ordenadores e proxectores dixitais, así como un novo sistema de calefacción.

As novas instalacións, situadas no barrio lucense da Milagrosa, distribúense en 3 aulas de formación e apoio escolar, 1 espazo de acollida e de estancia, 2 despachos para entrevistas individuais, 1 sala multiusos, 1 despacho para o equipo educativo e 2 baños. A asociación presta, a través dos 13 profesionais cos que conta no seu persoal, servizos de apoio escolar, talleres grupais educativos e de competencias sociais, de igualdade de xénero, de educación familiar, formación laboral e prelaboral. Ademais, tamén desenvolven programas de orientación sociolaboral, de atención a colectivos en risco de exclusión social e actividades de lecer para a dinamización do ocio e o tempo libre.

Santos Ramos destacou que “esta colaboración do Goberno da Deputación permite á Fundación Juan Soñador unificar, practicamente, a maioría dos seus servizos e contar cun equipamento cualificado, moderno e de calidade para seguir prestando atención profesional a máis de 130 familias lucenses e formación e asesoramento laboral a 170 persoas desempregadas. Compartimos con este colectivo o compromiso na defensa e protección das persoas desfavorecidas, por iso, esta achega, enmárcase dentro da nosa aposta conxunta, de Deputación e Concello de Lugo, por ser dúas institucións sumamente sociais e que traballan por e para o benestar dos noso veciños”.

González Abelleira subliñou que “o labor que desempeña este colectivo na cidade de Lugo é fundamental e importantísimo, pois axuda á integración escolar, laboral e social de persoas de todas as idades que están nunha situación complicada. Por iso, dende o Concello de Lugo, colaboramos coa Fundación Juan Soñador a través do seu programa socioeducativo Na rúa, que permite ofrecer atención e apoio escolar a 160 nenos e nenas, así como ás súas familias”.

Fundación Juan Soñador

Esta entidade sen ánimo de lucro, de carácter social, que desenvolve a súa actividade a través da Familia Salesiana en todo o noroeste de España, ten como finalidade principal a prevención, educación e promoción social integral dos nenos, adolescentes, mocidade e familias en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. A Fundación de Lugo, a través dos seus profesionais (educadores e traballadores sociais, monitores de tempo libre e mestres) e voluntarios, atenden a máis de 400 lucenses en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social.

Sonidos

Imágenes

060318 DSC_0026 060318 DSC_0029 060318 DSC_0044

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000