Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

03/03/2018

O Goberno da Deputación achega 126.000 euros para a promoción do deporte entre os veciños de Sarria

- Rivera Capón e López Yáñez mantiveron un encontro con membros da Sociedade Deportiva Sarriana, do Club de Baloncesto Sarria e do Club DHG Team para coñecer de primeira man as súas necesidades e informalos das colaboracións do Executivo

- Rivera Capón subliñou que “colaboramos cos diferentes clubs de fútbol, baloncesto, ciclismo, fútbol sala ou ximnasia rítmica; fixemos posible a celebración de seis eventos deportivos ao longo do pasado ano; achegamos becas para os deportistas individuais da zona; e aprobamos obras de mellor no Pavillón Deportivo do Chanto”

- López Yáñez agradeceu “o compromiso do Goberno da Deputación co deporte sarriano, pois as achegas permiten que os rapaces e rapazas da vila poidan competir non só na provincia de Lugo, senón tamén no conxunto de Galicia”

- Do total, 100.000 euros son para a renovación do parqué e melloras na iluminación do pavillón do Chanto, 19.000 euros para sufragar os gastos da tempada de 12 clubs; 4.700 euros para a organización de 6 eventos e 2.300 para deportistas individuais

2018-03-03-PHOTO-00000017

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, mantiveron este sábado un encontro con membros da Sociedade Deportiva Sarriana, o Club de Baloncesto Sarria, e o Club DHG Team, cos que colaboran o Goberno da Deputación e do Concello de Sarria. O Deputado e a Alcaldesa aproveitaron para coñecer de primeira man as necesidades dos clubs sarrianos e informar dos investimentos do organismo provincial en materia de deportes neste municipio.

Neste senso, o Deputado avanzou que “achegamos máis de 126.000 euros para a promoción do deporte entre os veciños de Sarria”. Do total, 100.000 euros son para a renovación do parqué e melloras na iluminación do pavillón do Chanto, 19.000 euros para sufragar os gastos da tempada de 12 clubs; 4.700 euros para a organización de 6 eventos; e 2.300 para deportistas individuais.

Rivera Capón avanzou que “aprobamos un investimento de 100.000 euros para obras de mellora no pavillón deportivo do Chanto. Así, levarase a cabo a renovación do parqué e mellora da iluminación. Hai que ter en conta que se trata dunha infraestrutura moi empregada polos veciños de Sarria, pois trátase do pavillón que empregan a diario os equipos de fútbol sala e ximnasia rítmica do Concello. O proxecto atópase en fase de licitación e as obras comezarán, previsiblemente, nos vindeiros meses”.

O Deputado de Deportes engadiu que “colaboramos cos diferentes clubs de fútbol, baloncesto, ciclismo, fútbol sala ou ximnasia rítmica do municipio; fixemos posible a celebración de seis eventos deportivos ao longo do pasado ano; e achegamos becas para os deportistas individuais da zona”.

Pola súa parte, López Yáñez agradeceu “o compromiso do Goberno da Deputación co deporte sarriano, pois as achegas permiten que os rapaces e rapazas da vila poidan competir non só na provincia de Lugo, senón tamén no conxunto de Galicia; ao mesmo tempo que levan un estilo de vida saudable e comparten valores como o compañeirismo, a superación persoal ou a cultura do esforzo, ligados á práctica deportiva e que son tan importantes no día a día”.

19.000 euros para 12 clubs sarrianos

O Goberno da Deputación achega 19.000 euros para axudar a sufragar os gastos derivados da actividade competitiva de 12 clubs sarrianos. Estes son os seguintes: Club de Baloncesto Sarria, Fútbol Veteranos Lambruxos, Club Sarriana Fútbol Veteranos, Club Trasnos Fútbol Veteranos, Asociación Deportiva Aixa, Sociedade Deportiva Oural, Sociedade Deportiva Sarriana, Veteranos Sarria Sociedade Deportiva, Club DH Galicia, Agrupación Deportiva Veteranos Sarria, Hostal Roma Fútbol Sala, e Club Baloncesto Sarria.

4.700 euros para a organización de 6 eventos

O Executivo Provincial fixo posible a organización de 6 eventos deportivos na vila de Sarria cunha achega de máis de 4.700 euros. Estes foron os seguintes: Torneo de Fútbol Base da Sociedade Deportiva Sarriana; Torneo Vila de Samos do Club de Fútbol Sala Autoescuela San José; Torneo Internacional Vila de Sarria do Club Veteranos Sarria SD; Open de Enduro Green Mountain Race do Club DH Galicia; Torneo de Baloncesto 3x3 do Club de Baloncesto Sarria; e o Torneo El Pilar do Club de Golf El Pilar de Sarria.

130 persoas participaron na actividade fluvial do Chanto

Máis de 130 persoas participaron o pasado mes de agosto nas actividades deportivas fluviais, gratuítas e para todos os públicos, que o Goberno da Deputación levou á Área de recreo do Chanto de Sarria, dentro da súa programación de actividades deportivas de verán nos Concellos do interior de todas zonas da provincia.

Imáxenes

2018-03-03-PHOTO-00000015

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000