Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

01/03/2018

Deputación e Fundación Uxío Novoneyra promoven un curso de novas tendencias en edición

- Pilar García Porto e Uxio Novoneyra presentaron esta iniciativa desenvolvida por dito colectivo coa colaboración do Executivo Provincial. Comeza o día 6 abril e remata o 5 de maio, impartirase na aula do CENTRAD, e esta aberto a todos os interesados

- Con esta proposta, na que participarán autores e editores galegos, os asistentes realizarán unha antoloxía de nova poesía luguesa, así como unha mostra expositiva da evolución dos soportes-libro

- A Deputada avanzou que “con este curso queremos traer á provincia unha formación actualizada nas tendencias de edición literaria de vangarda, con formación técnica, e contando coa experiencia dos profesionais do sector de maior relevancia”

010318 deputación-presentación curso de edición

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto e o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novoneyra, presentaron este xoves, no Obradoiro do Libro do CENTRAD, un curso sobre edición de novas tendencias literarias, que organiza dito colectivo. Con esta proposta, na que participarán autores e editores galegos, os asistentes realizarán unha antoloxía de nova poesía luguesa, así como unha mostra expositiva da evolución dos soportes-libro.

García Porto avanzou que “esta iniciativa está enmarcada dentro do marco de colaboración que mantemos coa Fundación. Con esta proposta queremos traer á provincia unha formación actualizada nas tendencias de edición literaria de vangarda, con formación técnica, e contando ademais coa experiencia dos profesionais do sector de maior relevancia de Galicia”.

“O Goberno da Deputación é coñecedor das inquedanzas do mundo da edición literaria, que acaba de vivir un período de grande dinamismo, así como das novidosas propostas que conflúen coa revolución dixital. Nese senso este sector demanda unha formación especializada a nivel galego no eido editorial, xa que dende a desaparición dos masters e cursos de especialización hai que volver a ocupar este espazo ofertando un curso de formación de edición adaptada os novos tempos”, sinalou.

Curso dende 6 abril ao 5 de maio no CENTRAD

Uxio Nononeyra explicou que “o curso consta de 60 horas, realizárase entre o 6 de abril e 5 de maio, e impartirase na aula Central do CENTRAD. Concretamente serán 45 horas de formación intensiva en industria editorial (homologables a curso de formación ocupacional e intercambiable por 2 créditos da USC, xa en negociación), así como 15 horas de formación con eventos relacionados na materia”. Está aberto ao público en xeral, e para inscribirse, previo pago da matrícula de 90 euros, pode realizarse no seguinte link da Fundación; http://uxionovoneyra.com/formacion/curso-novas-tendencias-literarias/

Programación

Venres 6 de Abril

Tarde: Presentación do Curso:

17.00h.-18.15h. Introdución: Pilar García Porto e Uxío Novoneyra Rei

18.15- 19.45: Diálogos: Huguin e Munin e Editorial Alvarellos: A edición do futuro (Alexandre Tobar e Quique Alvarellos)

19.55-20.00h. Preparación seguinte aula

Sábado 7 de Abril

Mañá: Introdución ao deseño gráfico e os seus ámbitos Deseño e composición

Tarde: O libro como universo. Literatura e imprenta no s. XX

Venres 13 de Abril

Tarde:

17.00h.-18.15h. “Os malos do film” Distribución: marketplaces, distribuidoras, prebendas e librarías e comercio en liña (Uxío Novoneyra Rei)

18.15- 19.45: Fabulatorio e Chan da Pólvora: Nos bordos, novos nacementos (Cibrán

Rico López/ Suso Vázquez Gómez e Antón Lopo) (30 minutos de intervención por poñente e 30 de coloquio coa aula)

19.55-20.00h. Preparación seguinte aula

Sábado 14 de Abril

Mañá: A Tipografía como base do deseño

Tipografía 1

  • Que é a tipografía
  • Breve historia da tipografía
  • Anatomía, estrutura, clasificación

Tipografía 2

  • Tipos e familias tipográficas
  • Anatomía da tipografía
  • Terminoloxía do tipo
  • Reglas da tipografía
  • Combinacións tipográficas
  • A tipografía como imaxe

Tarde: Psicoloxía da cor

  • As reglas da cor
  • RGB versus CMYK•

As cores axeitadas

Venres 20 de Abril

Tarde:

17.00h.-18.15h. Contratos editoriais: Dereitos de autor. Subministros. Distribución (Uxío Novoneyra Rei)

18.15- 19.45. Financiamento editorial: edición privada, pública, asociativa, crowdfunding, prevendas (Uxío Novoneyra Rei e Iván Gimeno, de Ith Crowdfunding)

19.55-20.00h. Preparación seguinte aula

Sábado 21 de Abril

Mañá: A produción editorial: Procesos e fases da edición en papel

  • Preimpresión
  • O deseño
  • Realización de probas
  • Impresión
  • Sistema de impresión offset
  • Tipos de impresión offset
  • Otros sistemas de impresión
  • Encuadernación
  • Distribución e difusión

Tarde:

O papel como suxeito de expresión gráfica

  • A importancia do papel
  • Tipos de papel e o seu uso expresivo

A edición contemporánea

  • Precursores e referentes (Maestros dos anos 70 e 80)

(Manolo Prieto, Daniel Gil, Diego Lara, Manuel Estrada etc)

  • Luis Seoane. Un referente na edición para Galicia [...]

Venres 27 de Abril

Tarde:

17.00h.-18.15h. Comunicación Literaria: Física,e dixital. Presentacións O libro como metarrelato (Uxío Novoneyra Rei)

18.15- 19.45: Impedimenta e Sexto Piso: A experiencia colaborativa do Grupo Contexto

19.55-20.00h. Preparación seguinte aula

Sábado 28 de Abril: Recorrido e visionado por coleccións e editoras de referencia

Mañá: Visionado de libros e coleccións

  • Cubertas históricas
  • Colección “La Veleta” e Editorial Trieste – Andrés Trapiello
  • Nueva Floresta
  • Editorial Pre-textos
  • La Bella Varsovia
  • Editorial Papeles mínimos
  • Outras…

Tarde:

  • Decálogo da edición
  • Bbibliografía e ligazóns de interese

Venres 4 de Maio

Tarde:

17.00h.-18.15h. Traducións: Axudas na UE, MECD e Xunta: (Óscar Penín, xerente da Fundación Novoneyra)

18.15- 19.45: Tinta da China, un terremoto editorial lusófono: Será respondida por Teresa Moure

19.55-20.00h. Preparación seguinte aula

Sábado 5 de Maio: Peche do Curso

Mañá: Encuadernación: Obradoiro de encuadernación no CENTRAD

Tarde: Presentación de traballos e Entrega de diplomas.

Actividades complementarias:

Sábado 12 de Maio: CTRL Lugo: Javier de la Cueva : Uso de licencias libres de propiedade intelectual:

Venres 25 de Maio: Presentación da tradución de “The Distance of the wolf” e “The Stubborn dreams” en formato de lectura colectiva

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000