Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

20/02/2018

Máis de 50 preinscritos para participar no III Campus Álex Llorca, promovido polo Goberno da Deputación e do Concello de Lugo

- A nova edición do Campus terá lugar do 9 ao 15 de xullo na capital luguesa, empregando como instalacións de adestramento o Pazo dos Deportes e Anexos. Haberá tres modalidades de inscrición: réxime externo, semiexterno ou interno

- Rivera Capón subliñou que “é unha honra acoller por terceiro ano consecutivo na provincia de Lugo un Campus de baloncesto de contrastado nivel, coa presenza dunha das figuras destacadas do baloncesto nacional como é Álex Llorca”

- Fernández Méndez destacou a importancia deste campus e o éxito que acadou nestes últimos anos entre os máis pequenos e pequenas de Lugo e agradeceu a Álex Llorca que se acorde ano tras ano do municipio para levar a cabo este encontro

- O Goberno da Deputación e do Concello de Lugo son os principais patrocinadores, pois achegan  preto de 1.700 euros para facer posible a súa organización, ademais de ceder as instalacións; mentres que a Xunta colabora co transporte dos participantes

- Toda a información irase publicando nas redes sociais do campus e na web www.campusalexllorca.com, onde se pode inscribir xa e sumarse aos preto de medio centenar de preinscritos que xa se apuntaron. En total hai 120 prazas dispoñibles

200218 PRESENTACIÓN CAMPUS LLORCA I

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, presentaron este martes a terceira edición do Campus Álex Llorca, que terá lugar na capital luguesa do 9 ao 15 de xullo, empregando como instalacións de adestramento o Pazo Provincial dos Deportes e Anexos. Na presentación, que tivo lugar no salón de actos do Pazo de San Marcos, participou o propio Álex Llorca, xogador profesional de baloncesto do Montakit Fuenlabrada e ex xogador do CB Breogán, xunto a outras autoridades.

O Goberno da Deputación e do Concello de Lugo son os principais patrocinadores deste campus, pois achegan preto de 1.700 euros para facer posible a súa organización, ademais de ceder as instalacións; mentres que a Xunta colabora co transporte dos participantes.

Rivera Capón subliñou que “é unha honra acoller por terceiro ano consecutivo na provincia de Lugo un Campus de baloncesto de contrastado nivel, coa presenza dunha das figuras destacadas do baloncesto nacional como é Álex Llorca. Un reclamo, ademais, como se pode comprobar co incremento do número de participantes, pois na primeira edición foron 83, na segunda 109, e non me cabe dúbida que este ano se superará esta cifra. En Lugo contamos cunha forte tradición do deporte da canastra e unha importante canteira de promesas que poderán gozar dunha semana chea de experiencias, aprendizaxes e moito traballo ao redor do baloncesto, baixo a experiencia de Álex Llorca como xogador ACB e ex xogador do CB Breogán”.

Miguel Fernández destacou a importancia deste campus e o éxito que acadou nestes últimos anos entre os máis pequenos e pequenas de Lugo. Así mesmo, puxo en valor a oportunidade que supón este encontro de baloncesto organizado por un deportista que deixou tanta pegada en Lugo como é Álex Llorca, a quen lle agradeceu que se acorde ano tras ano do municipio para levar a cabo este encontro que reúne deporte e convivencia”. O edil, quen augurou unha nova gran edición do campus, convidou aos lugueses “a participar neste encontro, non só para mellorar as distintas técnicas de baloncesto, senón tamén para coñecer a outros deportistas”.

Pola súa parte, Álex Llorca apuntou que “de igual forma que o ano pasado, estarei o 100% do campus con todos os participantes. Tamén me acompañará, como nas pasadas edicións, Mateo Rubio como Director Técnico do campus, que formará un grupo de traballo coa base de adestradores do ano pasado e algunha incorporación contrastada que se irá anunciando”

Como Residencia para internos e lugar para comidas e ceas empregaranse as instalacións do CE Santa María a 5 minutos das instalacións deportivas. Así mesmo, o Concello de Lugo pon a disposición dos participantes as piscinas de Frigsa para os momentos de lecer.

Inscricións en tres modalidades

Os interesados en asistir ao campus, nacidos entre os anos 2000 e 2010 (ambos incluídos), terán a posibilidade de inscribirse baixo tres modalidades: réxime externo, semiexterno ou interno, nunha intención por darlle continuidade á fórmula que tanto éxito deu o ano pasado. Ademais, todas as extras do campus, roupa deportiva de agasallo, servizo de banco e fisioterapia, comidas cociñadas en cada servizo, e como novidade, sesións de mellora con axuda do vídeo e visitas sorpresa de xogadores profesionais.

Toda a información irase publicando nas redes sociais do campus e na web do mesmo www.campusalexllorca.com, onde ademais poderán inscribirse xa e sumarse aos preto de medio centenar de preinscritos que xa se apuntaron. En total hai 120 prazas dispoñibles.

Programación diaria

09:30 horas.- Almorzo

10:30 horas.- Adestramento técnico

11:45 horas.- Snack

12:15 horas.- Adestramento táctico, toma de decisións

14:00 horas.- Comida

16:00 horas.- Adestramento Táctico aplicado a situacións de xogo

17:30 horas.- Merenda

18:00 horas.- Competicións

20:30 horas.- Cea

22:00 horas.- Tecnificación/vídeo/charlas formativas/actividade tempo libre

23:30 horas.- Descanso

Sonidos

Imáxenes

200218 PRESENTACIÓN CAMPUS LLORCA

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000