Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

20/02/2018

A Deputación promove o estudo do patrimonio lucense ofrecendo unha xornada sobre Santa Eulalia de Bóveda

- É unha iniciativa que ademais de contar co apoio dos museos Arqueolóxico Nacional e o do Prazo, acaba de ser incluída dentro das accións do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, elaborada polo Parlamento Europeo e o Consello de Europa

-García Porto avanzou que “este recoñecemento europeo permite o intercambio de información do patrimonio cultural europeo, o que permitirá impulsar o estudo de Santa Eulalia de Bóveda entre os nosos veciños e fóra das fronteiras do país”

- A xornada, que se celebrará o día 2 de marzo, contará con expertos e investigadores sobre este santuario relixioso. As prazas serán concedidas por rigoroso orde de solicitude ata completar aforo. Inscricións en info@museolugo.org.

- Esta iniciativa é un complemento á exposición A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda, composta polas 6 acuarelas realizadas por Elías de Segura en 1927, e que o Goberno da Deputación trouxo por 1ª vez a Lugo 91 anos despois da súa creación

200218 Deputacion-xornada santa eulalia de boveda

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este martes no Museo Provincial da Deputación a Xornada sobre o monumento de Santa Eulalia de Bóveda, unha nova iniciativa coa que o Goberno da Deputación promove o estudo do patrimonio da provincial, e que se celebrará o día 2 de marzo no Salón de Actos da Deputación. Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta. As prazas serán concedidas por rigoroso orde de solicitude ata completar aforo. Inscricións en info@museolugo.org.

Esta nova iniciativa, que conta co apoio de 2 dos museos máis importantes do estado como son o Museo Arqueolóxico Nacional e o Museo do Prazo, acaba de ser incluída dentro das accións do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, programación posta en marcha polo Parlamento Europeo e o Consello de Europa.

García Porto, que estivo acompañada no acto pola Directora do Museo, Aurelia Balseiro, explicou que “acadar este recoñecemento europeo contribúe a fomentar o intercambio de información sobre o patrimonio cultural de Europa, o que permitirá impulsar o estudo de Santa Eulalia de Bóveda tanto entre os nosos veciños como fóra das fronteiras do país. Ademais, promovemos o estudo e difusión do patrimonio lucense en Europa, o que contribúe a situar a provincia de Lugo dentro do mapa europeo cultural”.

A Xornada sobre o monumento de Santa Eulalia de Bóveda é un complemento a exposición A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda, unha mostra na que se exhiben as 6 acuarelas desta colección realizadas polo restaurador Elías de Segura realizadas no ano 1927, e que o Goberno da Deputación trouxo por vez primeira a Lugo, 91 anos despois da súa creación.

Programación e Visita guiada a Santa Eulalia

Esta nova iniciativa do Goberno inclúese dentro da aposta da Deputación pola posta en valor e recoñecemento do patrimonio cultural e arqueolóxico da provincia. Celebrárase no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o día 2 de marzo, e para inscribirse pode facerse no seguinte enderezo electrónico: info@museolugo.org. Participarán expertos, arqueólogos e investigadores de primeiro nivel que realizarán unha contextualización da obra de Elías de Segura autor dos murais, a súa técnica pictórica, así como unha reflexión sobre o pasado e o presente deste monumento relixioso. Os participantes tamén realizarán unha visita guiada a este conxunto monumental. A programación é a seguinte:

10:15 HORAS: As reproducións da pintura mural durante a primeira metade do s. XX en España. Os traballos do conservador-restaurador Elías de Segura y Zabarte. María Concepción García Cabarcos (investigadora e colaboradora do Museo Nacional del Prado).

11:15 HORAS: Unha relectura de Santa Eulalia de Bóveda. A restauración das súas pinturas murais desde a perspectiva actual. Teresa Valle, restauradora das pinturas de Sta. Eulalia (Instituto Patrimonio Cultural de España, IPCE).

12:15 HORAS: Pasado, presente e futuro patrimonial das pinturas de Santa Eulalia de Bóveda. Mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro e composta polos anteriores poñentes máis os seguintes convidados: Adolfo de Abel Vilela (historiador e presidente de Lugo Patrimonio), Felipe Arias Vilas (arqueólogo), Enrique Montenegro (Doutor en Prehistoria e Arqueoloxía), Enrique González Fernández (arqueólogo, Concello de Lugo), Enrique Alcorta Irastorza (arqueólogo MPL) e Blanca Besteiro (restauradora MPL).

13:15 HORAS: Debate Coloquio.

16:00 HORAS: Saída de Lugo para visita guiada ao conxunto monumental de Sta. Eulalia de Bóveda cuxa explicación correrá a cargo de Enrique Montenegro.

18:00 HORAS: Regreso a Lugo.

Exposición no Museo Provincial

O Museo Provincial acolle nestes intres unha exposición sobre as reproducións deste enclave que leva por titulo “A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda”, que se poden ver no Museo Provincial ata o 15 de abril. A mostra está composta por seis acuarelas orixinais e a reprodución a escala 1:1 dun debuxo, ademais, inclúese documentación antiga do monumento, paneis informativos, así como diferentes materiais arqueolóxicos conservados nas zonas de reserva do Museo Provincial de Lugo.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000