Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

11/02/2018

A Festa da Androlla reúne a preto de 3.000 persoas en Navia de Suarna, co apoio do Goberno da Deputación

- Campos Conde participou na cita gastronómica, que se celebra todos os domingos de carnaval neste municipio da montaña lucense. Nesta 28ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta e participaron 30 expositores

- O Presidente subliñou que “este evento é unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio, pois xera un volume de negocio superior aos 10.000 euros, poñéndose á venda máis de 2.000 quilos do produto a un prezo de entre 5 e 6 euros”

- O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento, cunha achega de 3.000 euros, figurando dentro das 28 citas gastronómicas coas que colabora o Executivo, co fin de promover produtos autóctonos e de calidade da provincia de Lugo

110218 deputacion-androlla-navia de suarna

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Navia Suarna, José Fernández Fernández, participou este domingo na XXVIII edición da Festa Androlla que tivo lugar na Praza da vila deste Concello. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita, cunha achega de 3.000 euros, que reuniu a preto de 3.000 persoas ao longo da xornada.

Campos Conde sinalou que “a Festa da Androlla é unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio, pois xera un volume de negocio que supera os 10.000 euros. Dende o Goberno da Deputación, colaboramos con este tipo de citas gastronómicas co fin de dinamizar turisticamente os Concellos, aproveitando os recursos gastronómicos dos que dispomos na provincia”.

Nesta 28ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta, e vendéronse 2.000 quilos do produto a un prezo de entre 5 e 6 euros a peza. Ademais da venda de androlla, na cita gastronómica participaron 30 expositores onde se comercializaron produtos como a tradicional rosca de Navia, chourizos, queixos, morcilla, cerámica, ourivaría e produtos artesanais da montaña luguesa.

Colaboración con 28 citas gastronómicas

O Concello de Navia de Suarna e a Deputación de Lugo son os organizadores da Festa da Androlla, que contribúe á elaboración deste embutido na zona e a promover os produtos típicos da montaña luguesa. Esta celebración figura dentro das 28 citas gastronómicas coas que colabora o Goberno da Deputación, co fin de promover produtos autóctonos e de calidade da provincia de Lugo. O Executivo Provincial destina máis de 100.000 euros para a organización destas citas, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios para a súa realización.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000