Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

09/02/2018

O Pazo de Tor acolle un novo proxecto da Rede Museística da Deputación

- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e a comisaria da exposición, Encarna Lago, inauguraron no Pazo de Tor un novo proxecto da Rede Museistica da Deputación.

090218 Deputacion-pazo de tor

Neste proxecto poden verse tres exposicións. A primeira mostra é da Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade, Cen anos de feminismo pacifista. Consta dunha mostra gráfica composta por 46 carteis que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia.

Outra colección é a de Arte en Reserva . Son obras de mulleres artistas, que están en reserva no almacén do Museo Provincial, esta mostra irase renovando ao longo deste ano con diferentes artistas. E por último, unha homenaxe a Maruja Mallo. A colección de Ana Mª Gomez a Maruja Mallo, que pode verse no exterior do Pazo. Esta exposición componse de catro estruturas en forma de cubo sobre as que se reproducen fotografías das obras desta autora (4 óleos sobre lenzo sen título, “Arquitectura mineral” (1930), “Guía postal de Lugo” (1929) e “Agol” (1969) así como de documentos vinculados á artista, ademais de textos con datos biográficos.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000