Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

08/02/2018

Deputación e Concello destinan 8.000 euros á Cruz Vermella para mellorar a calidade de vida de 500 veciños de Monforte de Lemos

- Campos Conde, Tomé Roca e López Izquierdo mantiveron este xoves un encontro con usuarios deste colectivo de Monforte de Lemos para coñecer in situ o resultado das colaboracións que manteñen os Executivos Provincial e Municipal

- Estas axudas fan posible renovar a rampa de acceso ao edificio e permiten á ONG desenvolver programas como a entrega de lotes de comida, sufragar gastos de luz, auga e gas a 160 familias de Monforte de Lemos, que actualmente, o necesitan

- Cruz Vermella tamén ofrece obradoiros de memoria para maiores, programas de apoio escolar dirixido aos máis pequenos, cursos de formación para desempregados, servizo de teleasistencia para os veciños que o necesiten, campamentos de verán

- A ONG conta con sedes en Burela, Lugo, Ribadeo, Sarria e Vilalba, así como cun Centro de dano cerebral en Castro Ribeiras de Lea, un Centro de Día para persoas con Alzheimer en Celeiro e unha Unidade asistencial de drogodependentes en Lugo

080218 OBRAS CRUZ VERMELLA MONFORTE

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañados da Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, mantiveron este xoves un encontro con usuarios da Cruz Vermella de Monforte de Lemos. Fixérono para coñecer de primeira man o resultado das colaboracións que os Gobernos Provincial e Municipal manteñen con dito colectivo. Estas permiten contar cunhas instalacións de calidade nas que ofrecen atención profesional, de luns a venres, a uns 500 veciños do municipio.

As axudas de 8.000 euros de Deputación e Concello á Cruz Vermella de Monforte de Lemos fan posible actuacións de mellora e acondicionamento do local que posúen no propio municipio. Estas obras, que estarán rematadas previsiblemente nas vindeiras semanas, consisten na renovación completa da rampa que da acceso ao edifico para persoas con mobilidade reducida. Estas melloras, financiadas integramente polo Goberno da Deputación, permitirán ao colectivo cumprir coa normativa vixente. O edificio conta con aulas para escolares, de formación, ocioteca, baños adaptados, salas de reunión, almacén e garaxe.

Grazas ás colaboracións dos Executivos Provincial e Municipal a Cruz Vermella de Monforte de Lemos pode prestar, a través dun traballador social, unha educadora social e un grupo de voluntarios, unha variedade de servizos, totalmente gratuítos, como o programa Atención Urxente ás necesidades básicas, ofrecendo 3 lotes de comida durante todo o ano, con produtos perecedoiros e sufragando os gastos de luz, auga e gas a 160 familias de Monforte de Lemos, que actualmente, por diferentes circunstancias, o necesitan. O colectivo tamén desenvolve obradoiros de memoria para maiores, programas de apoio escolar dirixido aos máis pequenos, cursos de formación para desempregados, servizo de mediación laboral, de teleasistencia para os veciños que o necesiten, campamentos de verán.

Campos Conde destacou que “Deputación e Concello de Monforte de Lemos representamos a dúas institucións sumamente sociais e coas persoas onde a nosa prioridade é mellorar e dignificar a calidade de vida dos nosos veciños, sumando esforzos para atender aos lucenses que máis o necesitan, como os 500 usuarios da Cruz Vermella Monforte de Lemos”. Tomé Roca agradeceu a axuda do Executivo Provincial e subliñou que “o Concello de Monforte de Lemos sempre estará ao carón deste colectivo polo importante labor social que desempeña no noso municipio, por este motivo decidimos colaborar con eles para que poidan seguir desenvolvendo as súas programacións, tan necesarias, durante todo o ano”.

Cruz Vermella

A Cruz Vermella de Monforte de Lemos conta na actualidade con 500 socios. Ademais do local de Monforte de Lemos, o colectivo conta con sedes en Burela, Lugo, Ribadeo, Sarria e Vilalba, así como cun Centro de dano cerebral en Castro Ribeiras de Lea, un Centro de Día para persoas con Alzheimer e outras demencias en Celeiro e unha Unidade asistencial de drogodependentes na capital lucense.

Algúns dos servizos que ofrece esta ONG na provincia son información, prevención e atención a persoas con VIH, a mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social e laboral, servizo de teleasistencia para maiores, cursos de formación para desempregados, actividades para nenos, atención e tratamento integral a toxicómanos e persoas con dependencias en drogas, terapias individual e grupais, así como atención psicolóxica e física...

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000