Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

07/02/2018

O dispositivo de inverno da Deputación acondiciona 100 estradas de 18 Concellos por acumulacións de xeo e neve

070218 ACUMULACIÓN NEVE

O dispositivo de inverno da Deputación, composto por case 70 operarios e 30 máquinas, está acondicionar no día de hoxe máis de 100 estradas de 18 Concellos, sobre todo na zona sur e na montaña, por acumulacións de xeo e neve, que nalgúns municipios da provincia como A Fonsagrada supera os 30 centímetros. Para facer fronte a esta situación, estanse a empregar fundentes para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e garantir así a seguridade dos usuarios das vías.

O Goberno da Deputación repuxo con 27 toneladas de sal dous dos silos dos que dispón na provincia para atender as emerxencias nas vías causadas pola neve e o xeo. Entre hoxe e mañá, o Executivo Provincial adquirirá un novo cargamento que irá destinado aos silos das zonas máis afectadas, como son A Fonsagrada, Navia e Cervantes.

Os municipios máis afectados por este motivo son Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, onde practicamente todas as estradas están cortadas por mor do xeo. As estradas máis afectadas pola neve e o xeo nestes momentos polas que se transita con dificultade por acumulacións de 10 a 30 centímetros de neve son as seguintes:

  • Baleira: LU-P-0401 “de Corveira, por Corneas ao Restelo”; LU-P-0405 “de Fonteo a Lastra”; LU-P-0407 “de Fontaneira por Vilar dos Adrios”.

  • Becerreá: LU-P-0704 “de Cereixal por Penamaior a Escuela Alta Montaña”; LU-P-0707 “de Armesto por Tores As Nogais”; LU-P-0708 “de Cereixal a Louxas”; LU-P-6221 “de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei”; LU-P-0702 “da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada”.

  • Courel: LU-P-1301 “de Seoane de Courel a Pedrafita”; LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304 “de Mostad por Romeor a Casares”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306 “da LU-651, en Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-4501 “do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Courel e acceso a Meiraos”; LU-P-4701 “de Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a LU-P-4505 “do Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-5601”de Samos a Courel e Rampa a Santa Mariña”.

  • Cervantes: LU-P-1401 “de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres Bispos”; LU-P-1411 “De Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”; LU-P-0702; LU-P-1401; LU-P-1402; LU-P-1403; LU-P-1404; LU-P-1406; LU-P-1407; LU-P-1408; LU-P-1409; LU-P-1410; LU-P-1411; LU-P-1412; LU-P-3505; LU-P-4505.

  • Navia de Suarna: LU-P-3501 “de Paradela ao Alto do Restelo”; Cerrada LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; Cerrada LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”; Cerrada LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “de Navia ao alto de Labiadas”; LU-P-1901 “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-3503; LU-P-3505; LU-P-3509; LU-P-3511; LU-P-3512.

  • O Incio: LU-P-2505 “de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”; Cerrada LU-P-1306 “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-2501; LU-P-2502; LU-P-2503; LU-P-2504; LU-P-2505; LU-P-4706, LU-P-5711; e LU-P-2507.

  • As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira a la 4504”; LU-P- 4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan”; LU-P-0707; LU-P-3702.

  • Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.

  • Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-1301; LU-P-1304; LU-P-4501; LU-P-4502.

  • Quiroga: LU-P-5001 “de Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín al límite provincial”; LU-P-5002 e LU-P-5005.+

  • Ribas de Sil: LU-P-5301 “de San Clodio ao alto da Cruz da Moa”.

  • Ribeira de Piquín: LU-P-1906 “ de Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P- 4606 “de Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro y Carballido a Asturias”.

  • Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Caurel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”; LU-P-1306; LU-P-2503; LU-P-2507; LU-P-5602; LU-P-5604.

  • Triacastela: LU-P-3702 “de As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”; LU-P-0706; LU-P-4505.

  • Muras: LU-P-3804, “de Belesar a Viveiró”; LU-P-6602.

  • Vilalba: LU-P-6506; LU-P-6502.

  • Ourol: LU-P-3804; LU-P-6602; e LU-P-6502.

  • Taboada: LU-P-6501 e LU-P-6502.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000