Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

02/02/2018

A Deputación xera outros 188 postos de traballo en empresas e colectivos da provincia para lucenses no paro

- O Presidente informou sobre a aprobación na Xunta de Goberno deste venres dos 188 perfís laborais que buscan 149 empresas e 39 asociacións lucenses, e das bases do proceso público de selección para a cobertura dos mesmo

- O BOP publicará mañá toda a información (perfís, bases e formularios de solicitude). O luns abrirase a inscrición ata o 19 de febreiro. As solicitudes poderán facerse na Axencia de Colocación da Deputación, no Pazo de San Marcos, na plataforma web deste servizo (http://deputacionlugoportalemp.com) ou entregando os formularios nos Rexistros

- Os 188 empregos son en todos os sectores, pois búscanse camareiros, peóns, enxeñeiros, comunity manager, condutores, auxiliares de xeriatría, administrativos, pintores, comerciais, electricistas, profesores, técnicos superiores, licenciados en xornalismo, dereito, en bioloxía, en historia, en comunicación audiovisual...

- En base as solicitudes realizadas por empresas e colectivos sociais, ofrécense 15 empregos na Mariña, 26 na Terra Chá, 93 na Comarca de Lugo, 13 na de Sarria, 5 na Ulloa, 14 na Montaña e 22 en Lemos e Chantada

020218 DSC_0031

A Deputación xera outros 188 novos postos de traballo en empresas e colectivos sen ánimo de lucro na provincia para lucenses no paro a través do Ben Empregado IV, máis social. Fíxoo na Xunta de Goberno deste venres, na que o Executivo Provincial aprobou os 188 perfís laborais que buscan 149 empresas e 39 asociacións lucenses, así como as bases do proceso público de selección para a cobertura dos mesmo. O BOP publicará detalladamente mañá toda esta información (perfís, bases e formularios de solicitude). O luns abrirase o prazo de inscrición. A Deputación asume durante 1 ano os custos laborais dos novos traballadores con 2,4 millóns de euros. Custéaos aos 100% no caso de contratar a persoas con capacidade diferentes, consideradas en risco de exclusión social e ás que retomen a súa actividade laboral en colectivos socias. Faino nun 50% cando as contratacións sexan a desempregados lucenses en xeral.

Así o informou o Presidente, Darío Campos Conde, que puxo en valor o “esforzo que estamos a facer dende o Goberno Provincial para xerar emprego de calidade para os lucenses e na nosa provincia. A Deputación non ten as competencias directas en emprego, pero dende este Executivo non miramos cara outro lado, pois a nosa prioridade son as persoas. Levamos feito un esforzo inversor que supera os 20 millóns de euros na xeración, nos 67 Concellos, de máis de 1.000 empregos para lucenses a través do Ben Empregado e do DepuEmprego”.

“No caso do Ben Empregado, no que é a Deputación a responsable dos seus contratos, pois no DepuEmprego son os propios Concellos, podemos asegurar que son empregos de calidade porque incorporar cláusulas sociais nos contratos, que blindan os dereitos dos traballadores e esiximos responsabilidades e implicación a empresas e colectivos para que isto sexa posible, sumando esforzos. Empregos que, aínda que dende a Deputación os financiamos durante 1 ano, buscamos a súa permanencia no tempo. Como exemplos de todos isto: na selección de empresas e colectivos valoramos positivamente os proxectos que xustifiquen, non só a necesidade destes traballadores durante un prazo medio, senón a súa continuidade no tempo. Excluímos as propostas feitas por aquelas entidades e colectivos que xa se beneficiasen doutras edicións do Ben Empregado e non mantivesen aos traballadores. Os resultados acadados ata o momento son positivos. Coa primeira e segunda edición desta programación, que son as rematadas, tivemos un inserción laboral do 40% e do 26%, respectivamente, que representan a 171 lucenses que estaban no paro, que retomaron a súa actividade laboral coa subvención da Deputación e que hoxe seguen nos seus postos de traballo xa coa única implicación das empresas e colectivos nas que traballan”.

“E facemos todo isto, conscientes da situación de precariedade laboral que existe, que permiten e das que son cómplices as institucións coas competencias directas na materia, que son o Goberno Central e a Xunta de Galicia, gobernadas polo Partido Popular. Non coñecemos proxecto algún do PP, dende a Xunta ou o Goberno Central, cando menos na nosa provincia que directamente xeren novos postos de traballo e de calidade. Só vemos a un Partido Popular capaz de presumir das súas políticas de emprego, cando fixeron, segundo datos oficiais, que o 35% dos empregos xerados no 2017 en España tivesen unha duración de 1 semana fronte ao 0,8% dos contratos indefinidos”.

188 novos empregos e solicitudes

Todos os lucenses desempregados poderán concorrer aos 188 novos postos de traballo do Ben Empregado IV, máis social. A solicitude abrirase o luns e ata o 19 de febreiro. Os interesados deberán inscribirse a través da Axencia de Colocación da Deputación. Poden facelo telematicamente, entrando directamente a http://deputacionlugoportalemp.com, que é a dirección da plataforma web da Axencia de Colocación da Deputación, ou ben entrar en www.deputacionlugo.gal e logo cliclar no banner a Axencia de Colocación da Deputación para acceder á mesma. Unha vez entrado nesta plataforma, dende rexistrase na mesma e a continuación ir ao Espazo do Demandante, onde verán todos os empregos ofertadas para solicitar os mesmos. Tamén poden inscribirse, de xeito presencial na oficina da Axencia de Colocación da Deputación, que se sitúa no primeiro andar do Pazo de San Marcos. A outra posibilidade é entregando a solicitude de papel, que se publicará mañá no BOP e que estará o luns en www.deputacionlugo.gal, nos Rexistros das institucións.

Os 188 empregos son en practicamente todos os sectores, pois hai camareiros, xornalistas, peóns, enxeñeiros, comunity manager, condutores, auxiliares de xeriatría, administrativos, pintores, comerciais, electricistas, profesores de autoescola, axudantes de cociña, profesores deportivos, persoal de limpeza, esteticista, perruqueiros, dependentes, técnicos superiores en sistemas informáticos, mecánicos, psicólogos, delineantes industriais, repartidores, educadores sociais, licenciados en dereito, en bioloxía, en historia, en comunicación audiovisual....panadeiros, soldadores, xardineiros, técnicos agrícola.....

Distribución dos empregos por Comarcas

Dos 188 novos postos de traballo que demanda o tecido empresarial e asociativo lucense, 15 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 26 da Comarca da Terra Chá; 93 na de Lugo; 13 na de Sarria; 5 na da Ulloa; 14 na da Montaña; 22 en Lemos e Chantada.

A Mariña

A distribución dos 15 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Mariña son os seguintes:

- Son 13 en empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Barreiros, 1 auxiliar administrativo/a e comercial; en Burela, 1 cociñeiro; en Foz, 1 recepcionista-limpador; en Lourenzá, 1 axente comercial; en Mondoñedo, 1 oficial 1ª albanel; en Ribadeo, 1 técnico de xestión medioambiental, 1 oficial 1ª electricista, 1 dependente comercio papelería/libraría, 1 axudante de cociña, 1 comercial consultor enerxético, 1 profesor de autoescola; en Viveiro, 1 carpinteiro/a – ebanista; en Xove, 1 comercial.

- E 2 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Cervo, 1 traballador social; e en Viveiro, 1 auxiliar administrativo.

Terra Chá

A distribución dos 26 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca da Terra Chá son os seguintes:

- Son 20 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: na Pastoriza, 1 mecánico oficial 1ª; en Abadín, 1 auxiliar de produción en viveiro de plantas; en Castro de Rei, 1 mecánico-recambista, 1 axudante de cociña; en Cospeito, 1 palista, 1 dependente/a, 1 albanel; en Meira, 1 repartidor, 1 oficial de servizos; en Vilalba, 1 dependente, 1 axudante camareiro, 1 dependente/a, 1 axudante de camareiro/a, 1 auxiliar administrativo/a, 1 perruqueiro/a, 1 axudante pastelería, 1 pintor, 1 fisioterapeuta, 1 camareiro/a, 1 peón fabricación de queixos.

- Son 4 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castro de Rei, 1 dependente, 1 peón limpeza; en Vilalba, 1 administrativo e 1 camareiro/a.

- Son 2 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Vilalba, 1 oficial administrativo e 1 xestor/a deportivo taekwondo.

Sarria

A distribución dos 13 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca de Sarria son os seguintes:

- Son 11 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: no Incio, 1 especialista en rehabilitación de pedra granítica, 1 oficial 2ª condutor autobús; en Paradela, 1 oficial de 1ª en cepillado e conformación de taboleiro mixto; en Sarria, 1 persoal de atención albergue, 1 dependente,1 esteticista, 1 auxiliar de xeriatría, 1 cociñeiro, 1 axudante ebanistaría; en Triacastela, 1 persoal de atención albergue, 1 camareiro pisos.

- Son 2 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Sarria, 1 técnico superior en administración de sistemas informáticos e 1 oficial de mantemento.

Comarca de Lugo

A distribución dos 93 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca de Lugo son os seguintes:

- Son 55 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Guntín, 1 aprendiz mecánico; en Lugo, 1 mozo especializado, 1 mecánico, 1 perruqueiro, 1 auxiliar administrativo, 1 dependente carnicería, 1 comercial, 1 axente comercial de seguros, 1 dependente tenda produtos ecolóxicos, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 pedagogo, 1 esteticista, 1 auxiliar administrativo, 1 administrativo, 1 xefe de 1ª administrativo contable, 1 axente de viaxe e administración, 1 mecánico oficial terceira, 1 educador, 1 peón panadería, 1 peón de xardinaría, 1 axudante estética, 1 fisioterapeuta, 1 auxiliar administrativo, 1 aparellador, 1 fontaneiro, 1 oficial 1ª albanel, 1 axudante de cociña, 1 enxeñeiro técnico, 1 auxiliar de gardería, 1 licenciado en dereito, 1 comercial, 1 modista, 1 deseñador gráfico, 1auxiliar administrativo, 1 albanel oficial de segunda, 1 técnico veterinario, 1 axudante dependente, 1 auxiliar administrativo, 1 dinamizador de alumnado, 1 peón mantemento, 1 axudante de cociña, 1 psicólogo xeral sanitario, 1 responsable de atención ó cliente, 1 asistente establecemento, 1 repartidor, 1 auxiliar de farmacia, 3 camareiros, 1 mozo de almacén e 1 axudante de cociña; no Corgo, 1 técnico especialista delineación industrial, e 1 peón serradoiro; en Outeiro de Rei, 1 repartidor; en Rábade, 1 mecánico/a vehículos industriais.

- Son 11 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 auxiliar administrativo, 1 camareiro, 1 programador, 1 operario lavandaría, 1 axente comercial, 1 graduado social, 1 axente comercial, 1 cociñeiro- camareiro, 1 limpador, 1 caixeiro comercio; no Corgo, 1 axudante de cocina.

- Son 27 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 monitor/a deportivo xadrez; 1 monitor deportivo de xadrez, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 licenciado - grao en ade, 1 enxeñeiro/a técnico/a obras públicas, 2 educadores sociais, 1 axente comercial e administrativo, 1 licenciado en ciencias químicas, 1 licenciado/a en dereito, 1 telefonista – recepcionista, 2 auxiliares administrativos, 1 técnico superior en administración e finanzas, 1 técnico superior artes aplicadas e deseño, 1 psicólogo, 1 licenciado en bioloxía, 1 administrativo, 1 dinamizador comunitario, 1 técnico de emprendemento, 1 administrativo, 1 educador, 1 técnico informático, 1 administrativo dinamizador e monitor, 1 traballador social apoio familias, 1 animador sociocultural, 1 técnico de atención a terceira idade.

Ulloa

A distribución dos 5 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca da Ulloa son os seguintes:

- Son 5 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Antas de Ulla, 1 dependente de ferraxería, 1 motoserrista forestal; en Monterroso, 1 axudante de perruquería, 1 auxiliar administrativo, e Palas de Rei, 1 técnico/a superior en procesos de calidade na industria alimentaria.

Montaña

A distribución dos 14 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca da Montaña son os seguintes:

- Son 11 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: Na Fonsagrada, 1 axudante camareiro, 1 animador/a sociocultural, 1 axudante cociña, 1 oficial 2ª despiezador, 1 peón especialista; en Baralla, 1 oficial de 2ª chapista pintor de vehículos, 1 peón forestal - oficial de segunda, e 1 peón (chapa, pintura e soldadura); en Becerreá, camareiro; en Cervantes, 1 condutor desbrozador, e en Negueira de Muñiz, 1 axudante de cociña.

- É 1 a empresa que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: na Fonsagrada, peón de construción.

- Son 2 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Cervantes, 1 informador cultural; en Folgoso do Courel, 1 técnico/a de proxectos de fundación.

Lemos e Chantada

A distribución dos 22 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos das Comarcas de Lemos e Chantada son os seguintes:

- Son 15 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 montador de mobles, 1 axudante cociña, 1 delineante, 1 dependente, 1 condutor de maquinaria, 1 dependente pastelería; en Monforte de Lemos, 1 oficial 1ª servizos múltiples de construción, 1 administrativo, 1 axudante de camareiro; no Saviñao, 1 monitor de tempo libre, 1 carpinteiro, 1 repartidor de panadería; na Pobra do Brollón, 1 panadeiro; en Taboada, 1 camioneiro e 1 soldador.

- Son 3 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monforte de Lemos, 1 axudante de cociña, 1 técnico/a comercial; en Monterroso, 1 axudante electricista

- Son 4 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 creativo/a audiovisual en animación e motion graphics, 1 xestor/a en comunicación e 1 enxeñeiro/a técnico/a agrícola; en Monforte de Lemos, 1 técnico/a auditor/a.

3 liñas de financiamento

- O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda ás entidades que contraten persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Son 19 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron beneficiadas. Contratarán a 19 lucenses desempregados e en dita situación.

- O Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda ás empresas que contraten a lucenses actualmente no paro en xeral. 130 entidades optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 130 veciños da provincia en situación de desemprego.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000