Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

29/01/2018

A Deputación ofrece a veciños e entidades da provincia un servizo público e gratuíto de inserción laboral

- López Izquierdo presentou este luns a Axencia de Colocación, que contará cunha oficina en San Marcos e unha plataforma web na que profesionais da institución porán en contacto aos ofertantes e demandantes de emprego da provincia

- “Contaremos con dúas importantes radiografías da provincia, a da oferta e demanda de emprego, que poñeremos en común para facilitar a inserción laboral dos nosos veciños nos establecementos lucenses”, destacou

- É moi humano que ofrece asesoramento presencial, individual e continuado de axentes de emprego para, conxuntamente cos interesados, definir as necesidades das empresas, orientar aos demandantes de emprego ou axudar a emprender

290118 DSC_0170

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns o novo servizo público de inserción laboral na provincia que o Goberno Provincial ofrece gratis a veciños, empresas ou colectivos lucenses. Conta cunha oficina presencial no Pazo de San Marcos onde profesionais (axentes de emprego do organismo provincial) atenderán persoalmente e de xeito individual, ofrecendo asesoramento, ás persoas que busquen traballo, ás que desexen mellorar a súa situación laboral ou ás que queiran emprender. Tamén prestarán este servizo aos representantes de entidades ou asociacións da provincia que estean a buscar novos traballadores, orientándoos sobre os perfís que requiren, tendo en conta as súas necesidades, para mellorar ou ser máis competitivos. Ademais desta oficina presencial, porase en marcha unha plataforma web na que se poderá trasladar á Deputación toda esta información. “Contaremos con dúas importantes radiografías da provincia, a da oferta e demanda de emprego, que poñeremos en común para facilitar a inserción laboral dos nosos veciños nos establecementos lucenses”, destacou López Izquierdo.

O nome deste servizo é Axencia de Colocación posto que o seu obxectivo é insertar no mercado laboral da provincia aos lucenses que busquen traballo (tanto aos que estean no paro como a aqueles que queiran mellorar a súa situación laboral) nas empresas ou entidades que estean a buscar novos traballadores e contribuír á xeración de novas entidades, axudando aos emprendedores. É un servizo aberto a todos os veciños da provincia.

Este xoves porase en marcha no Pazo de San Marcos dita oficina, funcionando de luns a venres dende as 09:00 horas ás 14:00 horas; e estará a pleno rendemento a plataforma http://deputacionlugoportalemp.com. Tamén se pode acceder á mesma dende www.deputacionlugo.gal, pois hai un banner de enlace directo.

Un servizo máis humano

Trátase dun servizo “moi humano, próximo e fiable” ao contar coa oferta e demanda de emprego que existen na provincia, que o diferencia, deste xeito, doutras prestacións semellantes. Tanto na oficina física, é dicir, de xeito presencial, como na plataforma, telemáticamente, ofreceranse os seguintes servizos a empresas e colectivos, veciños en xeral e emprendedores:

- As empresas ou colectivos da provincia que necesiten traballadores poderán trasladar os perfís laborais que requiren ou que buscan para poder traballar ou mellorar o rendemento dos seus establecementos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación ofreceranlles candidatos (que serán veciños da provincia) que satisfagan as súas necesidades. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para verdadeiramente definir as súas necesidades e os perfís laborais que requiren.

- Os veciños da provincia, desempregados ou non, poderán trasladar os seus currículos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación porannos en contactos con empresas e colectivos da provincia que busquen perfís laborais de acordo aos seus. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para axudarlles a atopar emprego. Por exemplo, un veciño desempregado maior de 50 anos, que sempre traballou no sector da construción e conta co graduado escolar. Neste hipotético caso, os axentes de emprego analizarían co mesmo todas e cada unha das súas potencialidades, dende que teña carné de conducir ata as súas aptitudes persoais, para propoñerlle que sexa candidato a postos de traballo para os que reúna as condicións e que poida desenvolver con éxito.

- Os emprendedores contarán con asesoramento individual en todos os aspectos para a posta en marcha dos seus establecementos.

O Ben Empregado como base

López Izquierdo explicou que “foron centos e centos de empresas e veciños da provincia que solicitaron perfís laborais e traballo a través das distintas edicións do Ben Empregado. Isto permitiunos coñecer de xeito persoal, nas milleiras de entrevistas que mantivemos cos mesmos, as necesidades de moitísimas entidades e a formación e aptitudes de centos de demandantes de emprego. Por este motivo, porémonos en contacto con todos eles que non resultaron beneficiados para convidalos a forma parte da Axencia de Colocación”.

Sonidos

Imáxenes

290118 DSC_0161

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000