Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

O Goberno da Deputación financia o proxecto Castro na Memoria, que conta con máis de 200 arquivos históricos

- Este proxecto de dixitalización de arquivos históricos de Castro Ribeiras de Lea, está financiado na súa totalidade polo Executivo Provincial cunha achega de 10.387 euros

- Campos Conde destacou “a importancia que supón para o Goberno da Deputación preservar e divulgar a identidade cultural da nosa provincia. Por isto, colaboramos coa Asociación Cultural de Gaia para divulgar o patrimonio cultural e histórico de Castro”

- O documento histórico máis antigo xa dixitalizado data de 1750, é trátase dun documento do primeiro catastro de Castro de Rei

270118 IMG_5659

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este sábado sobre unha nova colaboración coa asociación cultural Gaia de Lea de máis de 10.000 euros para colaborar no programa Castro na Memoria. Fíxoo acompañado dos membros desta asociación durante unha visita a localidade de Castro Ribeiras de Lea, onde coñeceu de preto o funcionamento desta iniciativa.

Trátase dun proxecto co que se busca recuperar a traxectoria histórica da vila, a través da recuperación e dixitalización de documentos históricos como fotografías, proxectos, informes... Polo momento, son xa máis de 200 os arquivos documentados a través desta iniciativa, coa que colabora o organismo provincial. O documento histórico máis antigo xa dixitalizado data de 1750, é trátase dun documento do primeiro catastro de Castro de Rei

Campos Conde subliñou “a importancia que supón para o Goberno da Deputación colaborar neste proxecto, co que se busca preservar e divulgar a identidade cultural da nosa provincia, que é a maior das riquezas que temos como sociedades. É por esta razón pola que colaboramos coa Asociación Cultural de Gaia, por ser un proxecto no que ademais de participar os veciños da propia vila, que son os que levan os seus documentos para seren dixitalizados e almacenados, busca divulgar o patrimonio histórico, social e cultural de Castro”.

O proxecto en Castro na Memoria, cuxo director e coordinador é Ricardo Lamela Castro, recibe o financiamento do Goberno da Deputación para o mantemento da plataforma dixital na que se almacenan os documentos; a presencia en redes así como o mantemento da oficina física que ten esta asociación na Antiga Biblioteca de Castro de Ribeiras de Lea onde se facilita o proceso de dixitalización dos arquivos.

Proxecto Castro na Memoria

A Asociación Cultural Gaia de Lea proponse continuar coa labor que comezaron un grupo de amigos que recompilaron de imaxes históricas na exposición As festas de Castro, en 2010. A Asociación Cultural ampliou este arquivo engadindo documentos históricos, reportaxes de prensa e outros elementos que tiveran relación coa comunidade veciñal da vila de Castro.

Para facilitar o mantemento dos documentos recollidos, a asociación realizou unha labor de dixitalización para transformalos en arquivos fotográficos. En total, no proxecto manexan un volume de máis de 200 documentos, o máis antigo datado de 1750, que corresponde ao primeiro catastro de Castro de Rei. A documentación, ademais das aportacións veciñais, nútrese de documentos do Arquivo Histórico Provincial, Arquivo de Trapero Pardo e o Arquivo Provincial da Deputación, onde figuran os escritos das orixes da Granxa Provincial, que este ano cumpre o 70 aniversario da súa creación.

Asociación Cultural Gaia de Lea

A Asociación Cultural Gaia é unha asociación sen ánimo de lucro de acción local, creada en 2013 por veciños e veciñas da vila de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei - comarca da Terra Chá) coa intención de contribuír á dinamización e envolvemento social en dita vila, por medio de propostas que contribúan á reactivación da vida en sociedade, do comercio local, a agricultura, a educación artística, o respecto pola terra e o intercambio de ideas e coñecementos.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000