Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

15/01/2018

28 lucenses de colectivos vulnerables traballan en empresas da provincia co Ben Empregado da Deputación

- O Presidente mantivo este luns un encontro con 3 destes novos traballadores que retomaron a súa actividade laboral en dúas entidades de Cospeito, contando coa axuda de representantes de COGAMI e FADAS para facilitar a súa integración

- “Coa 3º Ben Empregado ofrecemos por 1ª vez financiar o 100% dos custos laborais de persoas con capacidades diferentes. Buscamos unha maior complicidade e responsabilidade por parte das empresas e atopámola. É unha satisfacción comprobar que, con compromiso e sumando esforzos, somos capaces de romper barreiras”

- Destes 28 novos traballadores, 1 traballa nunha empresa da Mariña, 12 da Terra Chá, 11 da Comarca de Lugo, 1 da Comarca de Sarria, 1 da Montaña e 2 de Lemos

150118 DSC_0101

28 lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social que estaban en situación de desemprego están a traballar hoxe en empresas da provincia a través do Ben Emprego 3, máis social. Trátase dunha das programacións de emprego da Deputación mediante a cal o Goberno Provincial decidiu financiar ao 100% os custos laborais de novos traballadores en establecementos de autónomos e PEMES da provincia sempre que se tratasen de veciños no paro e de colectivos vulnerables.

O Presidente, Darío Campos Conde, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantiveron este luns un encontro con 3 destes lucenses que retomaron a súa actividade laboral en 2 entidades de Cospeito, así como cos representantes destes negocios. Estiveron acompañados polo Deputado da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, así como de membros de COGAMI e FADAS, colectivos que se encargan, neste caso, do Servizo de Intermediación Laboral do Ben Empregado. Este consiste, fundamentalmente, no acompañamento continúo aos traballadores e empresarios para o éxito na relación laboral, poñendo fin a calquera tipo de barreira.

Campos Conde destacou que “coa terceira edición do Ben Empregado ofrecemos por vez primeira financiar na súa totalidade os custos laborais de lucenses desempregados de colectivos vulnerables dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e máis social, que traballa pola igualdade de oportunidades. Buscamos unha maior complicidade por parte das empresas e atopámola. É unha satisfacción comprobar que somos útiles e capaces de romper calquera tipo de barreira con compromiso e sumando esforzos. Hoxe son 28 os lucenses nesta situación que xa están a traballar e agardamos coa cuarta edición do Ben Empregado atopar emprego a outros 20 veciños desempregados con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral”.

Raquel é veciña de Castro de Rei, ten 27 anos e sofre unha enfermidade dexenerativa. Traballa de comunity manager na casa rural Pazo de Verdes, en Cospeito, xestionando as redes sociais e a páxina web deste establecemento. Francisco, veciño de Lugo con 48 anos, é xordo. Tamén traballa en Pazo de Verdes, realizando as funcións de xardinería, mantemento e carpintería.

Gonzalo é de Cospeito e ten 50 anos. Co Ben Empregado da Deputación atopou emprego e ten un contrato indefinido. Traballa en Saiga Muimenta, unha empresa de Cospeito dedicada ao comercio ao por maior de maquinaria para o sector agroalimentario, á reparación desta maquinaria nos seus talleres e á venda de recambios.

Son un total de 28 os lucenses de colectivos vulnerables que estaban no paro e hoxe están a traballar en empresas da provincia grazas ao Ben Empregado 3 da Deputación: 1 traballa nunha empresa da Mariña, 12 da Terra Chá, 11 da Comarca de Lugo, 1 da Comarca de Sarria, 1 da Montaña e 2 de Lemos.

Sonidos

Imáxenes

150118 DSC_0079 150118 DSC_0125

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000