Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

13/01/2018

O Goberno da Deputación concede axudas de 485.000 euros a 258 clubs e entidades deportivas da provincia

- Trátanse das axudas de concorrencia competitiva dirixidas a clubs deportivos da provincia coa finalidade de sufragar gastos pola súa actividade competitiva, ou ben, para sufragar a organización de eventos deportivos nos Concellos lucenses

- Con este investimento promóvense deportes como o tiro con arco, ciclismo, xadrez, fútbol, baloncesto, así como a celebración de diversas competicións, como regatas, carreiras de atletismo, torneos, rutas de BTT ou ximnasia rítmica, entre outras

- Por zonas, na Mariña beneficiáronse 72 asociacións, con 138.840 euros; 44 na Terra Chá, con 74.793 euros; 83 na Comarca de Lugo, con 144.156 euros; 16 na Comarca de Sarria, con 25.039 euros; 13 en Chantada, con 38.925 euros; 8 na Montaña, con 17.230 euros; e 22 na Comarca de Lemos, con 42.847 euros

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a listaxe de beneficiarios das axudas de concorrencia competitiva que ofrece o organismo provincial a través da Área de Deportes. Son un total de 258 clubs e entidades deportivas de 49 Concellos da provincia, que reciben 485.000 euros.

A distribución dos beneficiados e do orzamento por liñas de actuacións é o seguinte:

- 205 entidades e clubs deportivos reciben un 400.000 euros para sufragar gastos pola súa actividade competitiva. Por exemplo, de arbitraxe, transporte, federativos (pola consecución de licenzas, seguros...) ou canons derivados da participación nunha competición deportiva oficial.

- 116 entidades e clubs deportivos reciben 85.000 euros para sufragar a organización de eventos deportivos puntuais.

A distribución por comarcas deste investimento do Goberno Provincial é a seguinte:

- Na Comarca da Mariña beneficiáronse 72 asociacións, distribuídas en 16 Concellos, e que supuxo un investimento de 138.840 euros.

-Na Comarca de Chantada achegáronse 38.925 euros para a programación de 13 clubes, celebradas en 6 Concellos.

- Na Comarca de Lugo investíronse 144.156 euros para 83 asociacións en 6 Concellos.

- Na Comarca da Terra Chá foron 44 asociacións as beneficiadas cun investimento de 74.793 euros, distribuídos en 8 Concellos.

-Na Comarca de Lemos cunha achega de 42.847 euros, distribuídas en 4 Concellos, foron destinadas a 22 entidades da zona.

- Na Comarca de Sarria 16 asociacións obtiveron un total de 25.039 euros para 5 Concellos.

- Na Montaña Lucense investíronse 17.230 distribuídos en 3 Concellos das que se beneficiaron 8 entidades para realizar os seus proxectos.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000