Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

13/01/2018

O Goberno da Deputación mellora en 5 parroquias do Saviñao os accesos a explotacións agrarias e gandeiras

- Campos Conde asinou un convenio coa Plataforma Veciñal Terras do Saviñao para destinar 12.500 euros á mellora de vías en Marrube, A Broza, Rosende, Fijón e Freán

- O Presidente explicou que estas obras beneficiarán aos 400 veciños destes núcleos, moitos deles profesionais do sector agrogandeiro e vitivinícola que teñen dificultades para acceder ás fincas onde traballan polo estado no que se atopan os viais municipais

130118 IMG_1727

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asinou este sábado un convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Plataforma Veciñal Terras do Saviñao mediante o cal o Goberno Provincial achega a este colectivo 12.500 euros para a mellora de accesos públicos municipais a explotacións agrarias e gandeiras, así como fincas con actividade vitivinícola, de 5 parroquias de dito municipio.

Campos Conde explicou que estas actuacións beneficiarán directamente aos 400 veciños que viven en Marrube, A Broza, Rosende, Fión e Freán, moitos deles profesionais dos sector agrogandeiro e vitivinícola, que a día de hoxe teñen dificultades para acceder ás fincas onde traballan polo estado no que se atopan os viais públicos municipais”.

“Trátanse dunhas actuación que se enmarcan “na nosa aposta por unha Deputación rural e coas persoas, que defende a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e a vida no rural e do rural”, destacou.

Para a axilización destes traballo, Campos Conde decidiu incluír un anticipo do 80% dos fondos total, facilitando ao colectivo a posta en marcha destas obras.

Actuacións por parroquia

Na parroquia de Marrube, acondicionarase un acceso a infraestruturas agrarias e gandeiras para o uso dos veciños e produtores. Trátase dunha actuación moi necesaria, posto que agora non é factible o acceso. Os traballos consistirán no rebaixado con pala do terreo existente coa incorporación de cemento.

Na parroquia de A Broza, levaranse a cabo obras de mellora no acceso para maquinaria a fincas agrícolas en Vilarello. Os traballos consistirán na limpeza da vía, preparación do terreo, cunetas e formigonado. Cómpre sinalar que nesta zona hai unhas cinco explotacións que se verán directamente beneficiadas coa realización das obras.

Na parroquia de Rosende, melloraranse os accesos na ribeira da Veitureira coa limpeza, preparación do terreo, cunetas e formigonado. Hai que ter en conta que se trata dunha parroquia eminentemente vitivinícola, polo que estes traballos permitirán o acceso de maquinaria para as labores de mantemento e recolección das vides.

Na parroquia de Fijón, limparanse as cunetas e instalaranse tubos para a filtración da auga. As obras consistirán en reparar o encharcamento que se produce coas choivas pola mala conservación de taxeas ou a inexistencia das mesmas, o que provoca dificultades no acceso ás infraestruturas agrarias da zona.

Finalmente, na parroquia de Freán, levarase a cabo o formigonado dun acceso en Casa do Monte e a instalación de taxeas transversais. É dicir, acondicionarase unha vía para o acceso de maquinaria e camións aos cortellos da zona, beneficiando aos gandeiros desta parroquia, que vían prexudicada a súa labor polo mal estado da vía.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000