Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

12/01/2018

O Goberno da Deputación inviste 4 millóns na mellora de 27 estradas de 16 municipios

- O Presidente informou sobre a aprobación na Xunta de Goberno deste investimento para o aglomerado en quente doutros 79 quilómetros da rede viaria provincial

- Campos Conde avanzou o inicio do proceso de contratación para o funcionamento das rutas fluviais na Semana Santa, cun presuposto inicial de 700.000 euros

12012018 XGOBERNO

O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno deste venres un investimento inicial de 4 millóns de euros para a mellora de 79 quilómetros de 27 estradas provinciais que discorren por 16 Concellos.

As estradas que se mellorarán son as seguintes:

- Ribas do Sil: aprobouse a contratación do acondicionamento dun treito de 5 quilómetros, comprendidos entre os puntos 10,800 e 15,810, da LU-P-5302 de San Clodio a Casares, con 160.185 euros.

- Barreiros: aprobouse a contratación do acondicionamento dun treito de 5,4 quilómetros, entre os puntos quilométricos 11,940 e 17,331, da LU-P-6103 de Trabada, por Fórnea a Barreiros, con 354.977 euros.

- Baralla: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme dun treito de 2,7 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 2,725, da LU-P-0506, de Longoira, por Sixirei, á estrada de Becerreá e Sarria, cun presuposto inicial de 140.902 euros.

- A Pontenova: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 6,5 quilómetros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 310.557 euros.

  • 2,2 quilómetros entre os puntos quilométricos 12,975 ao 15,750, da LU-P-1904, de Fonsagrada á Pontenova.
  • 2,9 quilómetros entre os puntos quilométricos 0,800 ao 3,700 e 5,225 ao 5,590 quilómetros da LU-P-4805, de Boulloso, por Dodrín, a Figueirúa.
  • 1 quilómetro, entre os puntos quilométricos 0 e 1, da LU-P-4808, da Pontenova, por Vilaouruz, á N-640.

- Becerreá: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme dun treito de 6,9 quilómetros, comprendidos entres os puntos 9,050 e 16,025, da LU-P-0705, dende a LU-722, por Vilamane e Seivane a Tucende, cun presuposto inicial de 277.034 euros.

- Castroverde: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 4,9 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 118.765 ao 120,845 e do 121,445 ao 124,300, da LU-P-1611 (Cinturón Comarcal), cun presuposto inicial de 347.900 euros.

- Lourenzá: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 2,2 quilómetros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 99.465 euros.

  • 560 metros, entre os puntos 0,400 ao 0,960, da LU-P-2801, de Santo Tomé, por San Adriano e Augasoxa, a Arroxo.
  • 750 metros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,750, da LU-P-2803, de Santo Tomé a Lindín.
  • 950 metros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,950, da LU-P-2805, de Santo Tomé a Santa María Maior.

- Meira: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3,000 quilómetros de 2 estradas provinciais, cun presuposto inicial de 101.852 euros

  • 705 metros, entre os puntos quilométricos 0 e 0,705, da LU-P-3003, de Meira, por Leiras, a N-640
  • 2,2 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,295, da LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota

- Ribeira de Piquín: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento dun treito de 3 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 20,340 ao 23,340, da LU-P-4806, da N-640, en Vilaxe, por Galegos e Vilar de Corota, a Ribeira de Piquín, cun presuposto inicial de 182.135 euros.

- A Fonsagrada: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 11,1 quilómetros de 2 estradas provinciais cun presuposto inicial de 509.915 euros.

  • 1,9 quilómetros, comprendidos entre os puntos 7,130 e 9,040, da LU-P-1905, de Vilardías a Carballido.
  • 9,2 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0,000 e 9,255, da LU-P-1909, de Carballido a Vega de Logares.

- Guitiriz: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme de 2,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 5,060 ao 7,430, da LU-P-2301, de Guitiriz a Vilares, cun presuposto inicial de 165.237 euros

- Navia de Suarna: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 10,1 quilómetros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 528.827 euros.

  • 2,7 quilómetros, comprendidos entre os puntos 7,750 e 40,457, da LU-P-3501, da LU-P-722, por Paradela ao Alto do Restelo.
  • 5,1 quilómetros, comprendidos entre os puntos 4,375 e 9,518, da LU-P-3509, de Navia, por Vitigo, ao Alto de Labiadas.
  • 2,2 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 2,260, da LU-P- 3512, de Cancelada da Serra, por Son e Robledo á LU-722.

- Sarria: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3,6 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 11,830 e 15,480 da LU-P-5602 de Samos por Pintín a Sarria, cun presuposto inicial de 253.471 euros.

- Trabada: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 7,230 e 10,230, da LU-P-5506, de Augasoxa a Trabada, cun presuposto inicial de 168.456 euros.

- O Valadouro: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 4450 metros de 2 estradas provinciais cun presuposto inicial de 176.356 euros:

  • 1,8 quilómetros, comprendidos entre os puntos 18,200 e 20,000, da LU-P-1502, de Burela, por Vilaestrofe, a Ferreira.
  • 2,6 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 2,650, da LU-P-6303, de Campo, por Guín, ao eixo de Moas.

- Viveiro: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 4,580 metros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 192.319 euros.

  • 1,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 1,350, da LU-P-6601, de Misericordia a Silvarosa.
  • 1,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 1,500 e 2,830, da LU-P-6611, de Magazos a Fontecoba.
  • 2,9 quilómetros, comprendidos entre os puntos 1,100 e 3,000, da LU-P-6613, do cemiterios novo á igrexa de San Roque

Rutas Fluviais da Deputación

A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación para o funcionamento das rutas fluviais na Semana Santa, cun presuposto inicial de 700.000 euros, que poderá reducirse logo da súa adxudicación.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000