Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

11/01/2018

60 operarios e 32 máquinas traballan na Montaña lucense para acondicionar as vías afectadas polo temporal de neve

- O Goberno da Deputación mantén mobilizados a 78 operarios e 38 máquinas na Montaña e na Mariña para facer fronte ao temporal de neve e vento e atender as posibles incidencias na rede viaria provincial. Na Montaña, hai 60 operarios e 32 máquinas, mentres que na Mariña, hai 18 operarios e 6 máquinas pois a auga e o vento poderían ocasionar caídas de árbores ou desprendementos.

Actualmente, atópanse pechadas ao tráfico estradas de 4 Concellos da Montaña lucense nas que xa están a traballar os efectivos da Deputación. A previsión é que a media mañá todas estas vías se atopen abertas e que se poida circular por elas:

  • A Fonsagrada: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”.
  • Navia de Suarna: “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “de Navia ao alto de Labiadas”.
  • Pedrafita do Cebreiro: “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”.
  • Folgoso do Courel: LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”.
  • Ademais, o dispositivo da Deputación traballa para acondicionar estradas dos seguintes Concellos nas que se transita con dificultade pola acumulación de entre 5 e 15 centímetros de neve:
  • Baleira: LU-P-0401 “de Corveira, por Corneas al Restelo”; LU-P-0401 “de Corveira, por Corneas a Restelo”; LU-P-0405 “de Fonteo a Lastra”; LU-P-0407 “de Fontaneira por Vilar dos Adrios”
  • Folgoso do Courel: LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín” LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, LU-P-1301; LU-P-1303.
  • Cervantes: LU-P-1401 “de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres Obispos”; LU-P-1411 “de Vilanova al Portelo”; LU-P-1412 “de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, LU-P-0702.
  • Fonsagrada: LU-P-1906 “de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1901 “de Fonsagrada a Navia”; LU-P-4606; LU-P-4811.
  • O Incio: LU-P-2505 “de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”; LU-P-1306 “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-2501.
  • Navia de Suarna: LU-P-3501 “Paradela al Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “de Navia al alto de Labiadas”; LU-P-1901 “de Fonsagrada a Navia”.
  • Negueria de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”
  • Nogais: LU-P-3701 “das Nogais, por Pintinidoira á 4504”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan” LU-P-0707; LU-P-3702.
  • Pedrafita: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-1301, LU-P-1304.
  • Quiroga: LU-P-5001 “de Ponte Barreiro a Vilarbacú” LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”; LU-P-5002, LU-P-5005.
  • Ribeira de Piquín: LU-P- 1906 “de Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P- 4606 “de Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido a Asturias”.
  • Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzara a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Caurel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”; LU-P-1306, LU-P-2503, LU-P-2507, LU-P-5602, LU-P-5604.
  • Triacastela: LU-P-3702 “das Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”.

Recoméndase circular con precaución polas vías destes Concellos e reducir ao mínimo os desprazamentos. Cómpre resaltar que o Goberno da Deputación ofrece asistencia viaria MUNICIPAL a todos os Concellos da provincia que o soliciten. Faino de xeito totalmente gratuíto. Trátase dunha prestación que non ofrecen o resto de administracións, que é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000