Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

14/12/2017

O Goberno da Deputación colabora co Museo do Pobo Galego na dixitalización dos fondos culturais do APOI

- Trátase do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade sobre música tradicional galega, festas e celebracións populares, entrevistas e outros documentos audiovisuais, que ten como obxectivo promocionar e impulsar o patrimonio inmaterial e cultural galego

- O recoñecido musicólogo galego Serxio de la Ossa é o encargado de realizar o proceso de dixitalización e catalogación de todo este material para que poida ser empregado e consultado en http://apoi.museodopobo.gal

- López Izquierdo destacou que “colaboramos co Museo do Pobo Galego con 16.000 euros que permiten a celebración de ducias de iniciativas coma estas, encamiñadas a preservar e difundir a identidade común que temos como galegos”

 

141217 DEPUTACION-PRESENTACIO DE APOI

A Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, a coordinadora do proxecto, Concha Losada, e o musicólogo, Sergio de la Ossa, presentaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade). Trátase do fondo documental e dixital do Museo do Pobo Galego sobre música tradicional galega, festas e celebracións populares, entrevistas e outros documentos audiovisuais, así como un grande número de datos etnoculturais, que ten como obxectivo promocionar e impulsar o patrimonio inmaterial e cultural galego ao tempo que se poida empregar como un recurso didáctico. O recoñecido musicólogo galego Serxio de la Ossa é o encargado de realizar o proceso de dixitalización e catalogación de todo este material para que poida ser empregado e consultado en http://apoi.museodopobo.gal. Todos os arquivos da base de datos do APOI son cedidos polos autores que asinan os seus traballos, sendo publicamente recoñecidos e respectando o seus dereitos.

López Izquierdo destacou que “colaboramos co Museo do Pobo Galego con 16.000 euros que permiten a celebración de ducias de iniciativas coma estas, encamiñadas a preservar e difundir a identidade común que temos como galegos. Facémolo porque estamos convencidos da necesidade de que as administración públicas se impliquen no estudo e posta en valor dos recursos senlleiros do noso pobo. Dentro desta liña, dende o Goberno da Deputación colaboramos con ducias de asociacións culturais como a Fundación Uxio Novoneyra; Manuel María; Otero Pedrayo; Carlos Casares ou coa propia Real Academia Galega, coa que vimos de asinar un convenio de 9.000 euros para a promoción do Galego”.

40 anos do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, fai 40 anos, cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000