Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

13/12/2017

O Goberno da Deputación colabora coas Escolas Deportivas do Concello de Alfoz nas que participan 85 persoas

- García Bermúdez mantivo un encontro con usuarios do programa de ximnasia de mantemento para maiores, unha das actividades que se ofrecen a través das Escolas Deportivas xunto con patinaxe, fútbol sala, ioga e ximnasia para nenos

- A Deputada subliñou que “achegamos 8.000 euros para a organización destas actividades facilitando a práctica deportiva a veciños do Concello de todas as idades. Consideramos que investir en deporte é investir no benestar dos lucenses”

- A este investimento en deporte cómpre engadir os 36.000 euros que achega o Goberno á execución dun aparcadoiro nas inmediacións do campo de fútbol de Alfoz e o arranxo de accesos a estas instalacións utilizadas a diario polos veciños

131217 Visita alfoz-escolas deportivas

A Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, mantiveron este mércores un encontro con alumnos do programa de ximnasia de mantemento do municipio, co que colabora o organismo provincial. O Goberno da Deputación achega 8.000 euros para a organización de cinco actividades a través das Escolas Deportivas Deportivas Municipais: patinaxe, ximnasia, ioga, fútbol sala e ximnasia de mantemento, nas que participan 85 veciños e veciñas.

García Bermúdez subliñou que “achegamos 8.000 euros ao Concello de Alfoz para a organización de diferentes actividades a través das Escolas Deportivas facilitando a práctica deportiva a veciños do Concello de todas as idades. Facémolo porque consideramos que investir en deporte é investir no benestar dos lucenses. Neste sentido cómpre subliñar que a Deputación de Lugo é a administración que máis inviste en deporte na provincia”.

Así mesmo, a Deputada adiantou que “o Goberno da Deputación financiará con 36.000 euros a execución dun aparcadoiro nas inmediacións do campo de fútbol municipal e o arranxo de accesos a estas instalacións, que son empregadas a diario polos veciños e veciñas do Concello de Alfoz”.

Imáxenes

131217 Visita alfoz-escolas deportivas2

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000