Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

11/12/2017

Lugo acollerá por primeira vez a Copa Princesa de Voleibol co apoio do Goberno da Deputación e Concello

- O evento, que terá lugar os días 6 e 7 de xaneiro no Pavillón Municipal da capital luguesa, reunirá aos 4 mellores clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina: CV Emevé, CV Madrid Chamberí, CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia)

- Rivera Capón subliñou que “a organización deste evento supón un colofón a todo o traballo que vimos realizando en prol do deporte feminino. A Deputación de Lugo vai a estar ao carón de todos os equipos que aposten pola igualdade e a inclusión”

- Fernández Méndez destacou “a promoción que suporá para a cidade, pois vannos a visitar persoas doutras partes do país, o que supón unha oportunidade de difusión. Agardamos gocen do patrimonio e gastronomía e queden con gañas de volver”

- A Copa Princesa, que chega á súa décimo primeira edición totalmente consolidada, é uns dos seis títulos máis importantes da tempada do Voleibol a nivel nacional

- O Goberno da Deputación e do Concello achegan 70.000 e 45.000 euros, respectivamente, ao Club Voleibol Emevé para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática

111217 PRESENTACIÓN-COPA-PRINCESA

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, presentaron este luns a XI Edición da Copa Princesa de Voleibol que terá lugar os días 6 e 7 de xaneiro no Pavillón Municipal da capital luguesa. Trátase dunha das competicións máis importantes da tempada a nivel nacional, pois reunirá aos 4 mellores clubs da Superliga 2 feminina: CV Emevé (Lugo), CV Madrid Chamberí (Madrid), CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia). No acto tamén participaron Bibi Bouza, Presidenta do Club Emevé, e Antonia Iglesias, Vicepresidenta, xunto a outras autoridades.

O Goberno da Deputación e do Concello de Lugo colaboran na organización desta cita deportiva, pois achegan 70.000 e 45.000 euros respectivamente, ao Club Voleibol Emevé, o equipo referencia desta modalidade na provincia, para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática para a cidade de Lugo, ademais de ser unha oportunidade única para promover o deporte feminino.

Rivera Capón subliñou que “é un privilexio poder acoller na nosa provincia a Copa Princesa de Voleibol. Somos conscientes da dificultade que supón organizar un evento destas dimensións, por iso estamos convencidos de que o feito de que a Federación Española se decantara pola cidade de Lugo para albergar esta competición é o resultado do esforzo que levan facendo dende o Emevé durante moitísimos anos”.

O Deputado de Deportes engadiu que “a organización deste evento supón un colofón a todo o traballo que vimos realizando en prol do deporte feminino. A Deputación de Lugo vai a estar ao carón de todos os equipos que aposten pola igualdade e a inclusión, e neste sentido o Emevé é un exemplo. Temos que desprendernos desa coletilla de que o voleibol é un deporte minoritario, porque nesta provincia é un deporte de referencia”.

Pola súa parte, Fernández Méndez apuntou que grazas á Copa Princesa “Lugo vai ser durante uns días epicentro do voleibol en toda España”. “É un orgullo acoller por primeira vez” esta competición, indicou Miguel Fernández, “froito do gran traballo que durante moitos anos vén facendo o Emevé e polo cal os felicitamos dende o Concello”.

Ademais da importancia deportiva da Copa, sobre todo pola visibilidade das disciplinas femininas, o Concelleiro destacou “a gran promoción que supoñerá para a cidade, pois vannos a visitar moitas persoas doutras partes do país, o que é unha oportunidade de difusión. Os lucenses somos xente acolledora e vamos a facer todo o posible, dende o club e as institucións, para que gocen do noso patrimonio e gastronomía, que marchen contentos e con gañas de volver”. Fernández puxo unha vez máis a disposición do Emevé todos os recursos municipais para continuar co “gran labor” que vén desempeñando en favor da promoción do deporte.

Lugo acolle por primeira vez esta competición nacional

A Copa da Princesa de Voleibol é a competición española máis recente, debido a que se inicia na tempada 2007-2008. O Club Emevé xa sabe o que é levantar esta Copa, pois alzouse coa sétima edición, que tivo lugar en Miranda de Ebro no ano 2014.

Esta nova edición do torneo do K.O. da división de prata do voleibol nacional terá lugar por primeira vez en Lugo. O Pavillón Municipal será a sede dun intenso campionato copeiro no que se enfrontarán os 4 mellores Clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina (os dous primeiros do Grupo A e os dous primeiros do Grupo B) clasificados na primeira volta da liga. Como tal, Copa Princesa é uns dos 6 títulos máis importantes da tempada de Voleibol a nivel nacional. Nesta edición participarán o CV Elche e o Xàtiva Voleibol, como primeiros clasificados do Grupo B, xunto ao Madrid Chamberí e o Emevé, primeiros clasificados do Grupo A.

Horarios da competición

DIA

HORA

PARTIDOS (habrá streaming en directo)

06-01-18

17:00

Semifinal 1 C.V. Madrid Chamberí – C.V. Elche Viziusport

06-01-18

19:00

Semifinal 2 C.V. Emevé – C.V. Xátiva

07-01-18

12:00

Final

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000