Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

01/12/2017

Alumnos de toda a provincia participaron nas actividades medioambientais da 4ª Semana Escolar da Deputación

- Fernandez Queipo e Fernández Méndez mantiveron un encontro este venres con alumnos do IES Ánxel Fole de Lugo que participaron na programación que ofreceu o Goberno da Deputación aos alumnos de Secundaria de toda a provincia para poñer en valor a realidade da riqueza medioambiental

- Participaron de balde un total de 9.912 rapaces de 45 centros escolares lucenses, que realizaron diferentes actividades durante toda a semana a través do libro-manual Humanidade e patrimonio natural lucense que editou o Executivo Provincial

- Para concluír as xornadas divulgativas, hoxe tivo lugar a festa escolar da provincia, na que se inauguraron as exposicións de muráis colectivos, leron os mellores traballos, degustaron produtos e fixeron unha representación dun pleno provincial

011217 Visita anxel fole-deputación1

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández Méndez, mantiveron un encontro este venres con alumnos do IES Ánxel Fole de Lugo que participaron na 4ª Semana Escolar da Provincia. Con esta programación, o Goberno da Deputación quixo achegar aos alumnos de Secundaria de toda a provincia a realidade e diveridade da riqueza natural da provincia con 3 Reservas da Biosfera recoñecidas pola UNESCO. Participaron de balde un total de coa participación de 9.912 rapaces de 45 centros escolares dos 67 Concellos.

Campos Conde destacou que “foron preto de 10.000 alumnos de Educación Secundaria, de 45 centros de toda a provincia os que participaron nos actos incluídos dentro desta programación, o que supuxo un aumento de 1.000 nenos con respecto a anterior edición. Con esta campaña tratamos de achegar ao profesorado e alumnado instrumentos didácticos lúdicos, diferentes e amenos que permitan valorar a importancia dos elementos da natureza nas nosas vidas e a relación co medio ambiente”.

Con esta finalidade o Goberno da Deputación editou o libro-manual Humanidade e patrimonio natural lucense, escrito por Alberto Ramos e ilustrado por Alba Millán. É un caderno de viaxe no que un grupo de científicos percorren a provincia para elaborar un mapa que reflicta a realidade do medio ambiente, facendo especial fincapé nas augas, na biodiversidade, no valor patrimonial e na importancia cultural que supoñen.

Actividades durante a Semana Escolar

A semana lectiva comezou o 27 de novembro coa pegada de carteis do programa nos centros escolares por parte dos alumnos. Nas xornadas posteriores, os participantes leron e realizaron as actividades propostas no libro-manual, escolleron unha ou varias rutas e construiron muráis con imaxes e debuxos de paisaxes lucenses habitadas. Por último, os rapaces preparon un pleno provincial co patrimonio natural e a incidencia do ser humano como tema central.

Para concluír as xornadas divulgativas, este venres tivo lugar a festa escolar da provincia, na que se inauguraron as exposicións de muráis colectivos, leron os mellores traballos individuais realizados, degustaron sobremesas típicas de produtos autóctonos da provincia, e fixeron unha representación aberta para o centro dun pleno da corporación provincial relizado por alumnas e alumnos seleccionados.

Todos os alumnos e alumnas dispuxeron do seu exemplar, prolongando, deste xeito, as posibilidades de reutilización e lectura no fogar. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do profesorado contendo pautas para utilizar o libro manual.

Sonidos

Imáxenes

011217 visita anxel fole-deputación2

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000